Este ano, as festas dos Remedios volveron a brillar con todo o seu esplendor. Pouco a pouco e paso a paso, estou de novo ofrecendo as mellores imaxes das nosas festas patronais, capturando as vivencias e costumes que fan única a nosa terra. A procesión, como sempre, estivo ateigada de devotos da nosa Virxe dos Remedios, demostrando unha vez máis a profunda fe dos Mindonienses
A sesión vermú foi outro momento destacado, coa xente gozando e bailando ao son da orquestra Pontevedra baixo un ceo despexado e soleado. Todo saíu perfecto, como ten que ser: festa, amizade e devoción.






















































