Fotografías Semana Santa de Mondoñedo 2026
Procesión da Soidade

















Viacrucis Catedral






Santo Enterro






















Santo Encuentro

























O Prendemento dos Muíños regresa ás rúas de Mondoñedo tras dous anos sen poder saír pola chuvia
Por fin este ano puido saír a Procesión do Prendemento dos Muíños cara á Alcántara, despois de polo menos dous anos sen facelo por mor da chuvia. Foi unha auténtica marabilla poder vela de novo na rúa, tan fermosa e tan esperada, e para min un pracer inmenso poder fotografala con calma. Quedei a gusto, coma quen recupera algo que botaba de menos.
Sigo pensando que esta Semana Santa está a ser un éxito rotundo de afluencia. Cada acto, cada procesión, está a reunir máis xente ca nunca, e iso éncheme de orgullo e ilusión por seguir dando luz aos eventos da miña cidade, que este ano brillan con forza especial.






































O Vía Crucis dos Picos enche de devoción a Semana Santa mindoniense cunha participación en aumento
Estou moi contento porque dá a impresión de que seguimos aumentando o número de persoas que participan nas procesións da Semana Santa en Mondoñedo. Hoxe foi a quenda do Vía Crucis dos Picos, que partiu ás sete da tarde da igrexa dos Remedios para dirixirse ao Convento dos Picos nun ambiente de silencio, e respecto
Ver tanta xente acompañando estes actos relixiosos éncheme de satisfacción, igual que me enche poder seguir dando luz aos eventos da miña cidade. Son tradicións que forman parte da nosa identidade e que, ano tras ano, semellan máis vivas ca nunca.
























O Ecce Homo percorre Mondoñedo cunha participación en aumento e espírito de tradición viva
Despois da Procesión de Ramos que abriu oficialmente a Semana Santa mindoniense, Mondoñedo continuou hoxe cos actos relixiosos coa saída do Ecce Homo, que partiu da Alcántara ás sete e media da tarde. A imaxe percorreu as principais rúas da cidade nun ambiente de respecto, silencio e devoción, para regresar finalmente ao punto de partida.
Dá a impresión de que cada ano é maior o número de persoas que participan e acompañan estas procesións, algo que enriquece a vida cultural e espiritual da cidade. Para min é unha satisfacción poder seguir dando visibilidade a estes momentos que forman parte da identidade de Mondoñedo e que unen tradición, e sentimento.






























Mondoñedo inaugura a Semana Santa cunha multitudinaria Procesión de Ramos pese ao frío
A Semana Santa de Mondoñedo botou a andar cunha Procesión de Ramos ateigada de xente, nun día frío pero agradecido pola ausencia de chuvia. A cidade amenceu coa alegría de comprobar que, ademais de manter o espírito festeiro que nos caracteriza, seguimos preservando con cariño as tradicións relixiosas que forman parte da nosa identidade.
A procesión, chea de veciños e visitantes, percorreu as rúas mindonienses entre ramos, emoción e fe compartida, marcando así o inicio dunha das semanas máis significativas do ano para Mondoñedo.



























