Quendas 2024: Día de festa e sol en Mondoñedo

O día 1 de Mayo, Mondoñedo respiraba festa. As Quendas 2024 levaban meses sendo agardadas e, finalmente, chegou o gran día. Co sol brillando no ceo, as rúas da vila encheronse de xente desde ben cedo.

A procesión das autoridades, raiñas e comitiva cara ao Auditorio Pascual Veiga marcou o comezo dunha xornada chea de emoción. O pregón de Suso Robles tocou os corazóns dos presentes, e a actuación do coro Mestre Pacheco encheu de música o aire.

Pero o verdadeiro esplendor chegou co día grande. Non podíamos pedir mellor tempo: sol radiante e calor. As rúas de Mondoñedo encheronse de postos e de vida. Desde artesanía ata gastronomía local, había de todo. As familias paseaban, os nenos xogaban e os maiores desfrutaban dos manxares da terra.

As Quendas 2024 en Mondoñedo non decepcionaron. Foi un día para lembrar, onde a nosa cultura e tradición brillaron con forza.