Mindonium.es – el portal de todos los Mindonienses


Archivo de ‘Política’


Mondoñedo Casa Álvaro Cunqueiro 0

Publicado el 06 / octubre / 2015 por admin

En relación coas declaracións dos socialistas de Mondoñedo sobre o proxecto para a Rehabilitación da Casa de Álvaro Cunqueiro, o Goberno local di:

1.- Resulta incomprensible que os socialistas e a súa voceira Esperanza González se dediquen a criticar un proxecto que nin tan sequera coñecen. Lémbraselle que ten concedido acceso ao proxecto para o día 16 de outubro. Polo que, invitámola a que non fale do que non sabe nin coñece ata que teña estudada a documentación.

2.- Ademais, estamos ante un caso evidente dos socialistas locais de ‘onde dixen digo, digo diego’, tendo en conta que durante anos o PSOE perseguiu o desenvolvemento dun proxecto na casa de Álvaro Cunqueiro, que non lograron sacar adiante nin tan sequera chegaron a acordos. Un ministro do PSOE apostaba polo proxecto, e terán que explicar o que lles ofrecían eles. Dóelles que sexa un goberno do Partido Popular o que vaia poñer en valor este edificio na localidade en homenaxe ao ilustre escritor.

3.- Os socialistas tampouco están lexitimados para dar leccións sobre o reparto e a xestión dos fondos públicos e moito menos en canto a emprego se refire. Tendo en conta que a súa desidia e nula xestión provocou que empresas non se asentasen na localidade. Pese a estar informados, ocasionaron a perda de postos de traballo en Mondoñedo e un investimento de tres millóns de euros.

4.- Dende o Goberno do Concello de Mondoñedo sacamos adiante un proxecto ansiado na localidade, a través do que creamos non só un Museo en torno a figura de Álvaro Cunqueiro, senón que tamén esta iniciativa traerá consigo a dinamización da actividade cultural na localidade, a promoción das actividades turísticas e, polo tanto, un claro beneficio económico para o concello de Mondoñedo.

Publicidad

Os socialistas de Mondoñedo acusan a Elena Candia de dilapidar os intereses dos mindonienses 0

Publicado el 06 / octubre / 2015 por admin

Mondoñedo, 6 de outubro. A portavoz do Partido Socialista de Mondoñedo Esperanza González acusa a Candia de dilapidar os intereses económicos dos mindonienses. A portavoz socialista fixo esta afirmación tras coñecer o convenio da Deputación de Lugo para a Rehabilitación da Casa Museo Álvaro Cunqueiro que conta cun orzamento de 308.448,98.

Esperanza González emprazou a Candia a priorizar e investir os 308.448 euros en potenciar o polígono industrial da nosa cidade, ou crear cooperativas para potenciar o sector hortofruticola e a agricultura ecolóxica, ou na creación de escolas obradoiros ou en cursos de formación para desempregados, tan necesarios na nosa comarca.

Nese senso a voceira socialista acusou a Candia de ser os únicos responsables de afundir o tecido industrial de Mondoñedo “xa que foron os que pecharon Ecar-Finsa, e a día de hoxe, ninguén se preocupou por reflotar esta industria”. Por iso demandoulle que xestione coas administracións competentes para poder abrir as portas desta industria madereira.

Ninguén coñece o proxecto
González advertiu tamén que a día de hoxe “nin un só mindoniense coñece en que consiste ese proxecto de rehabilitación da Casa de Cunqueiro, xa que non está exposto en ningún sitio nin tampouco se fixo público”. Por iso pregunta “en que se basea para decir que fan falla 308.000€ para a súa recuperación, ademais dos máis de 16.000 € que ten que poñer o propio Concello?”, sinalou.

A voceira socialista reclamoulle a Candia que para este proxecto da Casa de Cunqueiro demande axuda de tódalas administracións, tanto da Xunta como da Consellería da Cultura ou mesmo do Ministerio de Cultura, así como doutros

organismos. Pero insistiu na súa demanda “non invista mais de 308.000 nun inmoble dun particular, cedido segundo vostedes por uns anos, pero que non vai repercutir nos beneficios dos mindonienses”.

E resumiu “Mondoñedo precisa un goberno que saiba xestionar os recursos con sentidiño e con responsabilidade”.

Publicidad

 

 

O Concello impulsa a declaración das San Lucas como Festa de Interese Turístico Nacional e do Mercado Medieval como Festa de Interese Turístico Galego 0

Publicado el 30 / septiembre / 2015 por admin

Candia dá curso ao un compromiso que “permitirá aproveitar o potencial turístico que ofrece a localidade, e a potenciación das festas é un dos pasos a seguir”

O Goberno local tamén aprobou o regulamento de participación cidadá que permitirá “un concello máis aberto, no que existe unha canle de comunicación para ter en conta as propostas dos veciños”

A alcaldesa convocou aos alcaldes do Camiño Norte para o cinco de outubro co obxecto de promover a creación dun ente que permita establecer políticas de acción coordinadas

Mondoñedo, 26 de setembro de 2015.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, anunciou hoxe que no pleno celebrado onte e por iniciativa do Goberno popular acordouse, por unanimidade, iniciar o expediente de cara obter a declaración das Feiras e Festas das San Lucas como Festa de Interese Turístico Nacional e a do Mercado Medieval como Festa de Interese Turístico Galego.

Trátase dun dos compromiso asumidos polo Goberno popular e que está a dar curso ao considerar esta decisión como un paso “moi necesario para aproveitar todo o potencial turístico que ofrece a localidade. A potenciación das festas de Mondoñedo é un dos pasos a seguir”. Tanto As San Lucas como As Quendas son “un foco de atracción de visitantes tanto de Galicia como de fóra da comunidade autónoma”, engade a alcaldesa.

Amais, no pleno celebrado onte o Concello de Mondoñedo tamén aprobou o regulamento de participación cidadá. “Un dos nosos principais obxectivos é o de abrir o concello á todos os veciños”, explica Candia, e nesta liña de traballo, “apróbase este regulamento que permite a existencia unha canle de comunicación para ter en conta as propostas dos veciños. Abrimos o concello e a política local aos veciños e ás asociacións para facelos partícipes dela”.

Reunión Camiño Norte

A alcaldesa de Mondoñedo anunciou que promovería a creación dun ente entre os concellos do Camiño Norte para establecer políticas de acción coordinadas e deste xeito “buscar sinerxías entre as distintas administracións locais polas que transcorre esta ruta Xacobea”. Nesta liña de traballo, Elena Candia convocou aos alcaldes do Camiño Norte para o vindeiro 5 de outubro, ás 12:00 horas en Mondoñedo.

Publicidad

 

 

 

O Concello de Mondoñedo retira os obstáculos da praza do seminario para crear aparcamentos preto do casco urbano 0

Publicado el 24 / septiembre / 2015 por admin

Reubica os bancos para gañar espazo e para que os condutores poidan estacionar os seus vehículos na zona céntrica

Mondoñedo, 23 de setembro de 2015.- O equipo de Goberno mindoniense comezou a retirada dos bancos da praza do seminario que dificultaba considerablemente o aparcamento de vehículos.

Coa retirada destes bancos, tanto os de pedra como a maior parte dos de madeira, o actual executivo intenta paliar a chapuzada do anterior bipartito, que supuxo un custe dun millón de euros para os veciños, e fai que a partires de agora os condutores dispoñan de máis sitio para aparcar os vehículos na zona céntrica.

Cabe lembrar que esta praza do seminario sempre foi moi inoperativa pola súa mala construción, xa que ademais de non ter case espazo para que os condutores aparcasen os automóbiles, os peóns tamén sufrían ao andar pola zona debido ao levantamento das pedras.

Os populares cumpren co prometido e tal e como levaban no seu programa electoral, crean zonas de aparcamento preto do casco urbano.

Publicidad

 

 

 

 

O actual Equipo de Goberno mindoniense retoma as obras da pista polideportiva, paralizadas nos anos de bipartito 0

Publicado el 17 / septiembre / 2015 por admin

Ditas construcións foron postas en marcha fai dez anos por un Goberno popular e ten que ser novamente un Executivo do PP o que as finalice

Xa comezaron os traballos de desbroces, podas de cipreses e está arranxada a cuberta do polideportivo

Mondoñedo 17 de setembro de 2015.- O actual Equipo de Goberno de Mondoñedo retomou as obras da pista polideportiva tras permanecer dez anos paralizadas polo anterior bipartito.

Trátase dun proxecto iniciado por un Goberno popular e esquecido, por completo, durante os anos de Goberno entre nacionalistas e socialistas. Será un Goberno popular o que remate esta obra  logo da nefasta xestión do bipartito, que o único que fixo foi paralizala.

Neste senso, o Equipo de Goberno informa que xa comezaron os traballos de desbroces, podas de cipreses e xa está arranxada a cuberta do polideportivo.

Publicidad

 

Candia promoverá a creación dun ente entre os concellos do Camiño Norte para establecer políticas de acción coordinadas 0

Publicado el 05 / septiembre / 2015 por admin

A alcaldesa de Mondoñedo busca conseguir sinerxías entre as distintas administracións locais polas que transcorren as distintas etapas do Camiño Norte na provinciaç

Candia promoverá a creación dun ente entre os concellos do Camiño Norte para establecer políticas de acción coordinadas

A alcaldesa convocará por carta a todos os rexedores para comezar a traballar nesta proposta de constitución dun ente unido que permitirá de xeito conxunto aproveitar o potencial turístico que ofrece o Camiño e incrementar a súa promoción

Mondoñedo, 2 de agosto de 2015- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, considera necesario e vital o traballo conxunto para a promoción do Camiño Norte e nesta liña promoverá a creación dun ente que aglutine aos concellos de Lugo polos que transcorre esta ruta xacobea.

Candia convocará por carta aos alcaldes dos distintos concellos para trasladarlles esta proposta e comezar a traballar na futura constitución deste ente unido que, segundo a alcaldesa, “permitirá de xeito conxunto aproveitar o potencial turístico que ofrece o Camiño e incrementar a súa promoción”.

Deste xeito, a alcaldesa de Mondoñedo convida aos rexedores locais de Ribadeo, Trabada, Barreiros, Lourenzá, Abadín, Vilalba, Guitiriz, Begonte e Friol a establecer sinerxías que contribúan a acadar políticas de acción colaborativas a nivel turístico, tomando como referencia, polo tanto, o Camiño Norte, que hoxe en día conta con repercusión a nivel mundial.

Candia considera que estamos ante o reto de “saber aproveitar con intelixencia o recoñecemento que volve a situar á provincia como referente mundial no eido do patrimonio cultural e de saber responder aos peregrinos que visitarán os nosos concellos”.

Por iso, a alcaldesa defende a unidade e o traballo conxunto para promocionar tamén os recursos turísticos, patrimoniais, culturais e históricos que ofrecen cada un dos municipios polos que pasa o Camiño Norte. Trátase dunha iniciativa, que repercutirá de xeito beneficioso na economía local.

Publicidad

 

 

 

 

O BNG non está “lexitimado” para falar de limpeza das rúas cando “en oito anos se esqueceron de Mondoñedo e do seu coidado e mantemento” 0

Publicado el 05 / septiembre / 2015 por admin

O BNG non está “lexitimado” para falar de limpeza das rúas cando “en oito anos se esqueceron de Mondoñedo e do seu coidado e mantemento”

Otero Rejes asegura que o traballo do Goberno local é visible e dende a primeira semana estanse a levar a cabo actuacións tanto de limpeza como de desbroce no casco urbano e no rural

Mondoñedo, 3 de agosto de 2015- O edil de Servizos, Urbanismo e Obras, José Otero Rejes, amosou hoxe a súa sorpresa ante as declaracións feitas polos nacionalistas locais que “en oito anos de goberno esqueceronse do coidado e mantemento de Mondoñedo. Non están lexitimados para dar leccións en limpeza das rúas, despois do estado de abandono no que nos deixaron a cidade”.

“Pouco tempo lles fixo falta para esquecérense da súa falta de xestión”, manifestou o edil, quen criticou “o atrevemento dos nacionalistas” á hora de cuestionar as accións que está a desenvolver o actual Goberno local dirixidas á limpeza e ao desbroce tanto no casco urbano como no rural. “Parece que lles molesta que se traballe”, matizou.

Otero Rejes lembrou que, xa na primeira semana con responsabilidades de goberno, os populares actuaron nun total de 20 quilómetros de rutas e camiños. “Traballamos nas rutas da Auga, do Salto do Coro en Sete Voltas, así como en parte do Camiño Norte”, enumerou o concelleiro.

Ademais, en só dous meses procedeuse á limpeza de rúas como son a Avenida de Bos Aires, a Avenida Eladio Lorenzo, a Avenida de Ferrol ou as rúas da Fonte Vella, Viñas da Veiga, Rocha de Vélez, Os Castros, da Ponte, Casas Novas, Imprenta, Julia Pardo, Pardo de Cela, José María Pardo, Álvaro Cunqueiro, Muíños de Arriba e Muíños de Abaixo,  así como no monumento da Fonte Vella “que se atopaba nun estado deplorable sen limpeza de moitos meses”, e mesmo na Praza do Concello, na de San Juan, na do Seminario ou no parque infantil.

Otero Rejes asegura que todos estes traballos de limpeza que lle “parecen insuficientes aos nacionalistas, foron traballos de limpeza profunda, de vexetación herbácea que levaba máis de 4 e de 5 meses sen ningún tipo de mantemento e en absoluto abandono”.

O edil pídelles aos nacionalistas que antes de redactar queixas “mellor que se informen xa que, por exemplo, fai dous días que se procedeu a limpar o interior da zona verde da Escola Infantil e hoxe iniciouse a do C.E.I.P  Álvaro Cunqueiro, que se rematará nos próximos días”.

Respecto ás queixas veciñais sobre o forte cheiro dos colectores, Otero Rejes lémbralle ao BNG que “en todos os casos dos que o Goberno local tivo constancia, se procedeu á substitución dos contedores por uns novos”. Polo tanto, o edil conclúe ao asegurar que  “todas as actuacións están a vista”.

Publicidad

 

Candia solicita financiamento ao Goberno central para a rehabilitación da rúa Lence Santar 0

Publicado el 02 / septiembre / 2015 por admin

Os deputados nacionais por Lugo rexistraron unha emenda aos orzamentos do Estado de 2016 co obxecto de que se concrete unha partida económica para atender a esta obra

Mondoñedo, 31 de agosto de 2015- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, solicitou ao Goberno central financiamento para realizar actuacións de mellora na rúa Lence Santar, no casco histórico da localidade.En concreto, a alcaldesa tramitou a petición a través dos deputados nacionais por Lugo, que rexistraron unha emenda aos orzamentos de 2016, a través da que se solicitan que se concrete nunha partida orzamentaria o compromiso de iniciar estas actuacións.A emenda rexistrada polo Grupo Parlamentario do Partido Popular no Congreso dos Deputados inclúe a petición dun importe total de 200.000 euros da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo, que permitirían iniciar os trámites de cara a realizar as obras necesarias nesta rúa.A alcaldesa explicou que esta emenda se debaterá a próxima semana no transcurso do debate en Comisión de emendas aos orzamentos. Candia quixo agradecer a dispoñibilidade e o traballo dos deputados nacionais para canalizar esta petición, que responde a unha demanda e a unha necesidade dos veciños.

Publicidad

 

Elena Candia gobernará Mondoñedo 0

Publicado el 24 / mayo / 2015 por admin
Elena Candia será alcaldesa de Mondoñedo. La victoria del Partido Popular por mayoría absoluta provocará un cambio en la alcaldía de nuestra ciudad, dejando fuera a Orlando González, que gobernó durante 8 años.
Finalmente, el reparto de concejales entre las 4 fuerzas políticas queda de la siguiente manera: PP 6, BNG 3, PSOE 2, CG 0.

Publicidad

Mitin del PP en la casa da Xuventude 0

Publicado el 15 / octubre / 2012 por admin

“Uns traballamos en positivo pactando cos galegos, outros traballan en negativo pactando entre eles”

. Aseguraron que se nas pasadas eleccións os galegos non quixeron un bipartito polo seu mal funcionamento, non poden querer agora un pentapartito

Mondoñedo, 14-10-2012.- Mondoñedo puxo o punto e final na maratoniana xornada de mítines dos populares na Mariña. A Presidenta do PP local e Voceira dos populares, Elena Candia, José Manuel Balseiro e Ana Pastor foron os encargados de intervir nunha casa da xuventude abarrotada de asistentes.

Resaltaron os populares a xestión de Alberto Núñez Feijóo, quen na mitade dunha crise económica sin precedentes foi quen de controlar as contas públicas, blindar o gasto social e manter un diferencial de paro por debaixo da media estatal.

Na casa da xuventude, Elena Candia, José Manuel Balseiro e Ana Pastor afirmaron que se no ano 2009 os galegos non quixeron un bipartito polo seu mal funcionamento, non poden querer agora un pentapartito.

“Fronte á opción do PP, temos un pentapartito, un conxunto de correntes políticas con ideoloxías distintas e que agora se unen cun único obxectivo: traballar, a base de enganos e manipulacións, contra o Partido Popular”-manifestaron.

Alertaron os populares do perigoso que sería un goberno destas características para Galicia e afirmaron que a diferenza destos partidos, cuxo único afán é traballar en contra do PP, “os populares traballamos en positivo, cun único obxectivo, que non é outro que a preocupación por Galicia e polos problemas dos cidadáns”- afirmaron.

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

  • Entradas recientes

  • etiquetas



  • ↑ Subir