Bando do concello de Mondoñedo sobre a situación do Concello

D. MANUEL ORLANDO GONZALEZ CRUZ, ALCALDE EN FUNCIÓNS DO CONCELLO DE MONDOÑEDO, ANTE A FINALIZACIÓN DO MANDATO 2011-2015 E A CONSTITUCIÓN DUNHA NOVA CORPORACIÓN,

FAI SABER:

1º.- Que o día 9 de xuño de 2015, os saldos das contas bancarias das que é titular o Concello de Mondoñedo son:

–      Banco Pastor……………………….      405.059,93  euros

–      Banco Pastor……………………….        11.248,93   euros

–      Abanca………………………………        159.815,05   euros

–      Abanca………………………………           4.527,39   euros

–      Abanca………………………………        216.023,71   euros

–      Abanca………………………………           2.347,10    euros

–      Abanca………………………………         66.898,27   euros

–      Abanca………………………………       107.661,98    euros

–      BBV………………………………….        337.662,14    euros

TOTAL FONDOS LÍQUIDOS…. 1.311.244,50 EUROS

2º.- Que quedan asinados coa Deputación de Lugo para este exercicio os seguintes convenios:

. Convenio para gastos de mantemento da Escola de Música……..   25.000,00 euros.

. Convenio para guía e posta en valor das Covs do Rei Cintolo…..     20.000,00 euros.

. Convenio para gastos do Mercado Medieval…………………………..       32.000,00 euros.

. Convenio para rehabilitación do Campo de Viñas da Veiga………     33.202,17 euros

. Convenio de obras de rehabilitación da Casa da Xuventude……    22.444,45 euros

. Convenio para aparcadoiro no campo de Alcántara………………..      65.704,85 euros.

. Convenio para gastos de mantemento do CIM……………………….        10.000,00 euros

. Convenio  de gastos de mantemento da Casa da Xuventude..        15.000,00 euros

. Convenio para as obras de rehabilitación da E.M.M. e Auditorio   95.493,60 euros

3º..- Que as obras do PP.OO 2015 “ Acondicionamento e mellora dos acceso aos núcleos de Ferrería, Soutoxoane, Argomoso e Pontepousada quedan contratadas e en fase de execución por 30.372,25 euros.

4º.- Que as obras do Plan de mellora de camiños de titularidade municipal no Concello de Mondoñedo 2014-2015 “Accesos a Curros, a Cuba, San Vicente e Outeiro-Brava-A Penela”, quedan contratadas e en fase de execución por 119.669 euros.

5º.- Que queda en trámite de adxudicación con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental a adquisición dun camión elevador por 57.596 euros.

O que se fai saber para xeral coñecemento.

Mondoñedo, a  10 de xuño do 2015.

O Alcalde en funcións,

Asdo: Manuel Orlando González Cruz

Publicidad