As San Lucas 2023

Como todos os anos nas nosas San Lucas ai moito e de todo nun lugar inmellorable, nunha cidade tranquila e acolledora, que sabe estar e acoller a centos de personas e agradecerlles a súas visitas regalando uns marcos incomparables con uns rincos únicos como sucede cas San Lucas.
E este nin que menos cos outros , xa empezando con esa baixada dos cabalos ( centos de cabalos ) por las calles da cidade para pasar por diante da Catedral , que pegan cas ferraduras según veñen mansos e bravos a un mismo tempo que che saltan as lágrimas e casi miras pa fachada da Catedral aver si as campanas se poñen a tocar soas ca emoción,pregón pa abrir as festas con “Roberto Vilar ” , outro orgullo máis porque sei que sinte Mondoñedo igual que un Mindoniense máis, as millores orquestas , doma nocturna de cabalos , a feira no campo dos Paxariños.
En fin as SAN LUCAS 2023
Aquí tendes os carteis do que van ser estas San Lucas 2023 , vémonos por Mondoñedo! 

Romaría de San Cosme da Montaña

Na parroquia de Galgao, no concello lucense de Abadín, celebrouse onte a tradicional romaría de San Cosme da Montaña. O bispo Fernando García presidiu a eucaristía, participada por centros de romeiros.
E alí tamén estiven sendo testigo da cantidade de fieles que se concentraron para rezarlle e pedirlle o San Cosme por unha vida libre de enfermedades e paz ( que voa falta fai) así como tamén para estar arroupados polo Bispo Fernando García Cadiñanos.

Fotografías Remedios 2023

Pois moi contento de que o final quedara un bó día pra poder ofrecer estas imaxes da nosa Vixe dos Remedios en procesión , acompañada de tantísima xente !

Discoteca Onda Norte , Mama quero cantar , os Cantos de taberna son algunhas das fotografías que puiden facer , o final o tempo aínda deixou andar algo por fora , aver oxe na procesión como se porta !

A asociación Gaita Escola de Mondoñedo organiza este sábado 9 de setembro a “XI
Xuntanza de Cantos de Taberna”

A asociación Gaita Escola de Mondoñedo organiza este sábado 9 de setembro a “XI
Xuntanza de Cantos de Taberna”. O encontro terá lugar ás 20:00h, onde 13 grupos
de diferentes puntos de Galicia cantarán e tocarán polos bares e tabernas da vila.
Nesta edición propoñen iniciar a xornada cun obradoiro de iniciación ao baile
tradicional que se impartirá ás 17:30h na Praza do Concello. É unha actividade aberta
a todos os públicos e de balde, onde se poñerán en práctica os principais puntos de
muiñeira e xota.
Pero aínda hai máis, Gaita Escola convida a seguir a festa cunha foliada aberta na Praza
do Concello a partir das 00:00h onde todo o mundo ten cabida para tocar, bailar e gozar
coa música tradicional.
A organización quere agradecer á hostelería mindoniense a súa participación: A Cova,
A Taberna da Galiana, A Taberna do Valeco, Abadía, Bar Castro, Bodegón A Catedral,
Faragullas, O Palique, O Petisco, O Porriño, O Rei das Tartas, O Rincón de Mondoñedo
e Vinoteca Segundo. Asi mesmo, ao Concello de Mondoñedo e á asociación veciña O
Pasatempo xa que entre todos fan posible o evento.
Por último, recordar que todo isto enmárcase nas festas patronais que Mondoñedo
celebra na honra da Virxe dos Remedios os días 8, 9, 10 e 11 de setembro.

O Concello de Mondoñedo consegue fondos para rehabilitar o Espazo Cultural Artesanía do Pasatempo e Museo da Forxa nos Muíños

O Concello de Mondoñedo consegue fondos para rehabilitar o Espazo Cultural Artesanía do Pasatempo e Museo da Forxa no barrio dos Muíños.

A Xunta de Galicia, a través da Axencia galega de desenvolvemento rural (Agader), vén de resolver a concesión dunha axuda de 60.138,97 € con cargo aos fondos do PDR de Galicia que se corresponde co 90% do total do orzamento do proxecto que ascende a 66.821,08 €. O restante 10% será aportado polo Concello. O importe da axuda distribuirase en dúas anualidades: 9.992,43 € no ano 2023 e 50.146,54 € no ano 2024. O prazo de execución e xustificación das actuacións remata o 15 de outubro de 2024.

As actuacións previstas para a rehabilitación da antiga nave de forxa e fragua vinculada a unha das canles do barrio dos Muíños para espazo cultural e museo inclúen a substitución das ventás, a reparación do chan e instalación de novo pavimento, reparación e pintado da paredes, revisión e reparación da instalación eléctrica, da fontanería, o aseo e a instalación dun sistema de calefacción.

“A proposta trata de respectar a edificación de 227 metros cadrados salvagardando as características tipolóxicas, construtivas e estruturais, ademais dos valores históricos e arquitectónicos do inmoble”, defenden dende o goberno local.

Previamente, xa se desenvolvera unha primeira fase de intervención da man do Instituto Galego de Vivenda e Solo para a recuperación da cuberta e reconstrución parcial dos muros con importantes deformacións.

E nunha fase posterior tamén se pretende restaurar e recuperar a maquinaria orixinalmente existente no inmoble, ademais de dotalo de mobiliario para acondicionalo para espazo cultural e museo. Igualmente, tratarase de recopilar documentación histórica do edifico, documentación gráfica de todo o proceso de recuperación, paneis informativos explicativos, didácticos, etc.

Espazo Cultural Artesanía do Pasatempo e Museo da Forxa
As actividades previstas para este espazo cultural son a divulgación e didáctica dos oficios e das artes aplicadas en xeral e da forxa en particular. Algúns dos espazos previstos son, polo tanto, unha biblioteca especializada en arte e artesanía e un taller de cerámica -que era a actividade principal do barrio- como espazo participativo para o público que permita o desenvolvemento de cursos de cerámica, taller de matricería, cestería, cestería con papel reciclado, encadernación, taller de papel reciclado, upcycling de vidro, pintura en seda, bixutería, contas de vidro, torno oleiro ou máscaras de Entroido.

E para completar a oferta, de forma que este espazo cultural sirva como “elemento dinamizador a cultura e o turismo en Mondoñedo”, o goberno local aposta polo desenvolvemento de eventos periódicos asociados a este espazo.

O Concello de Mondoñedo apoia a promoción da Faba Verdina de Galicia no stand ‘E… para comer, Lugo’ en La Vuelta

O Concello de Mondoñedo, dentro da súa aposta polos proxectos que poñan en valor o territorio e os recursos locais, apoia a promoción do selo Faba Verdina de Galicia dentro do stand ‘E… para comer, Lugo’ da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería, e Turismo de Lugo (APEHL) que ofrecerá degustacións e outras actividades de promoción dos produtos na saída de cada unha das 21 etapas de La Vuelta ciclista a España.

O goberno local subliña a súa satisfacción ante “a primeira vez que este selo de garantía de orixe dos produtos da Asociación de Produtores de Verdina de Galicia -integrado por produtores de Mondoñedo, Trabada e Lourenzá- aposta por unha promoción a nivel nacional”. Así mesmo, consideran que “é unha excelente ocasión non só para promocionar a compra deste produto de calidade, senón tamén para difundir o seu potencial gastronómico”.

As accións de promoción inclúen a difusión dun folleto de receitas propostas polos establecementos hostaleiros mindonienses coa faba verdina como protagonista e, por suposto, a súa degustación. Para iso, un dos produtores e integrante da Asociación de Produtores de Verdina de Galicia, Alfonso Cartoy, doará o produto e os cociñeiros elaborarán aperitivos que serán degustados antes da saída de cada etapa.

Cartoy sinala que é “unha oportunidade para darse a coñecer no mercado” e tamén para que “os cociñeiros coñezan de primeira man a calidade do noso produto”. Nese sentido, defende que “a faba verdina de Galicia é pouco coñecida, pero o noso produto é bo”.