O Concello de Mondoñedo facilitará o acceso aos locais municipais baleiros para empresas e autónomos que decidan emprender

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, avanza que o Concello que goberna facilitará o acceso aos locais municipais baleiros para aquelas empresas e autónomos que decidan emprender. Con este fin o Goberno local aprobará o vindeiro xoves unha ordenanza na que se regule a contratación deses espazos, cuxo prezo por metro cadrado será de 3,5 euros no caso de ter acceso de vía e 2,5 euros sen el.

Inicialmente o Goberno local porá en aluguer tres espazos infrautilizados, un deles na Praza de Abastos, outro no quiosco das San Lucas e outro na contorna do Concello.

A alcaldesa da localidade, a popular Elena Candia, explica que se poñen espazos a disposición dos emprendedores, ao tempo que se recada unha cantidade para destinar ao mantemento deses locais, evitando así o seu deterioro. “Cumprimos un dobre obxectivo, axudamos a aqueles que buscan un local para acometer a súa actividade empresarial e ao mesmo tempo garantimos que eses espazos permanecen en bo estado de conservación”, engade.

A rexedora subliña ademais a vida e o movemento económico que este tipo de actividade pode carrexar para o centro da localidade. “Conseguimos así atraer actividade ao centro de Mondoñedo, contribuímos a xerar novos postos de traballo e conseguimos ingresos para o mantemento deses locais agora en desuso”, conclúe.

Volver a inicio

 

 

 

O Concello de Mondoñedo asina un convenio con Animals Help para recoller e atender aos animais abandonados ou extraviados no termo municipal

O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de asinar un convenio coa Asociación Animals Help para recoller e atender aos animais abandonados ou extraviados no termo municipal. A Ley 1/1993 recolle que é obriga das administracións locais a recollida de animais, canso ou gatos, abandonados nas súas respectivas localidades.

Como asociación protectora de animais, Animals Help, encargarase de recuperar física e psicoloxicamente a estes animais abandonados para a súa posterior inserción social como mascotas de compañía, maioritariamente a través da adopción internacional mediante convenios pactados con asociacións da UE.

A asociación será a encargada dos traballos de esterilización e adopción, así como da educación social para a tenencia responsable de animais. Para levar a cabo as súas funcións a asociación dispón dun refuxio con instalacións propias no Concello de Xermade.

Animals Help encargarase da recollida dos animais e do traslado, da súa identificación mediante un microchip, da atención veterinaria e de cubrir as necesidades alimenticias e tratamentos que foran precisos. Ao mesmo tempo, procurará a adopción dos animais en debidas condicións e coa cartilla veterinaria que os identifique.

Pola súa banda, o Concello de Mondoñedo velará polo cumprimento do acordo e pola normativa vixente de tenencia de animais de compañía. Dará aviso dos abandonos e colaborará coa asociación naquilo que sexa preciso.

Volver a inicio

 

 

 

O Entroido mindoniense celébrase o sábado 13 de febreiro con novidades na súa programación

O Entroido de Mondoñedo celebrarase este ano o sábado 13 de febreiro. Organizado polo Concello (a través da Concellería de Xuventude que dirixe Alberto García), e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos da localidade (ACIAM), en colaboración con voluntarios; conta cun programa que presenta importantes novidades que “melloran o seu atractivo, co que se buscan dar un pulo a esta cita anual”.

O Entroido mindoniense de 2016 inclúe un incremento no número de diferentes categorías que poden participar no desfile e melloras no catálogo de premios,  amais de contar con cartel musical.

En concreto,  haberá novas categorías de participantes no desfile. Os adultos participarán no desfile nas categorías de comparsas, charangas, carrozas, grupos, individuais e parellas, mentres que tamén haberá premios infantís para grupos, parellas e individuais. Neste senso,  é necesario resaltar que as novidades son a división entre comparsas e charangas, que en pasadas edicións competían na mesma categoría, ademais de que se creou unha nova categoría, a das carrozas

Do mesmo xeito, tamén se mellora o cartel de premios. Así, a contía a repartir entre os gañadores increméntase nun 78% respecto á pasada anualidade e concederanse tres premios por categoría que participa.

A maiores, a programación do Entroido de Mondoñedo para este ano tamén conta coa actuación musical dunha orquestra, que permitirá amenizar a entrega de premios e prolongar a celebración deste día na localidade.

Por último, a alcaldesa Elena Candia lembrou que o Goberno municipal “quere apostar polo Entroido e, deste xeito, estase a traballar en melloras na súa programación, que xa comezarán a darse esta anualidade e que permitirán impulsar esta cita”.

volver a inicio

 

 

 

 

 

Fotografías cabalgata de Reyes 2016

Este año los Reyes Magos no quisieron dejar un solo rincón Mindoniense  sin ilusión y regalos , comenzaron su visita por el Hospital de San Pablo para luego dirigirse a la Residencia de San Rafael  Donde un año más fueron recibidos con gran entusiasmo , seguidamente y a pesar del mal tiempo se desplazaron por las calles de Mondoñedo acompañados de dos carrozas y encabezados por la Banda de tambores de la Escuela Municipal de Música , para luego finalizar su estancia en Mondoñedo recibiendo a todos los niño en el Auditorio Municipal Pascual Veiga.

Ver fotografías

Volver