O Concello de Mondoñedo comprométese coa recuperación da actividade dos obradoiros de artesanía dos Muíños

A alcaldesa de Mondoñedo mantivo unha reunión cos artesáns na que reafirmou que dende o actual goberno local non se admitirán incumprimentos nas aperturas dos obradoiros de artesanía

Candia anunciou que se consensuará un plan de traballo para 2016, ao que se lle deberá dar cumprimento – A popular lembra que este proxecto de recuperación dos Muíños foi abandonado polo bipartito no goberno, pese a ser recoñecido cun premio Agader

Mondoñedo, 28 de agosto de 2015– A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, deixa claro o compromiso do goberno municipal coa recuperación da actividade dos obradoiros de artesanía dos Muíños. Resalta a importancia deste proxecto tanto para dinamizar o barrio como dende o punto de vista turístico.Para avanzar nesta proposta de traballo “firme e seria”, a alcaldesa mantivo unha reunión cos artesáns durante a que incidiu en que dende o actual goberno local non se admitirán incumprimentos nas aperturas destes obradoiros. Candia adiantou que se consensuará un plan de traballo a desenvolver no 2016, e ao que se lle deberá dar cumprimento. A popular lembra que nos Muíños se desenvolveu, impulsado polo PP no Concello, un proxecto de recuperación deste barrio, no que se incluíu a promoción e o asentamento destas actividades de artesáns nos Muíños. O proxecto foi recoñecido co premio Agader ao Embelecemento do Medio Rural Galego no 2005, pero o bipartito no goberno “abandonouno, non regulou a situación, nin renovou os convenios…”.Por último, a alcaldesa asegurou que no plan que o goberno local desenvolverá a nivel turístico ten “especial protagonismo” os Muíños. Un dos primeiros compromisos adquiridos e ao que se lle deu cumprimento neste barrio foi o da recuperación das canles, que se “limparon e se dotaron de auga”.

Publicidad

 

 

O Concello de Mondoñedo tramitará os cambios de domicilio en permisos de condución e de circulación

A alcaldesa asinou esta mañá o protocolo de adhesión ao convenio de colaboración subscrito entre o Organismo Autónomo Xefatura Central de Tráfico e a Federación Española de Municipios e Provincias para o intercambio de información e mutua colaboración administrativa.

Candia explica que os veciños poderán realizar na administración local os cambios de domicilio do seu permiso de condución e de circulación sen ter que desprazarse á Xefatura Provincial de Tráfico.

Mondoñedo, 24 de agosto de 2015- Os cambios de domicilio en permisos de condución e de circulación poderán realizarse dende hoxe no Concello de Mondoñedo, sen ser necesario que o cidadán se desprace á Xefatura Provincial de Tráfico.
Para que este trámite puidese ser levado a cabo dende a administración local, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, asinou o protocolo de adhesión ao convenio de colaboración subscrito entre o Organismo Autónomo Xefatura Central de Tráfico e a Federación Española de Municipios e Provincias para o intercambio de información e mutua colaboración administrativa.
A adhesión ao convenio materializouse esta mañá no Concello de Mondoñedo coa firma do protocolo e durante o acto institucional estivo presente a directora xeral de Tráfico de Lugo, Paula Yubero.
Candia explica que ata o momento actual, os cidadáns que cambiaban de domicilio e se empadroaban no concello, debían desprazarse á Xefatura Provincial de Tráfico para efectuar o cambio nos seus documentos persoais relacionados con tráfico. “Coa adhesión a este convenio o veciño poderá realizar este trámite dende a oficina municipal e evitámoslle así desprazamentos innecesarios”, matiza a alcaldesa.

Para máis información: 982 524 003 / 646 115 445/ 686 511 770

Publicidad

 

Candia presentou esta mañá o Mercado Medieval na Feira Internacional de Mostras de Asturias

A alcaldesa puxo de relevo a transcendencia deste evento e explicou que “cada ano aumenta o número de visitantes de comunidades veciñas, fomentando o turismo de proximidade”

Mondoñedo.- 5 de agosto de 2015. A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presentou esta mañá na Feira Internacional de Mostras de Asturias o cartel e o programa da XXIV edición do Mercado Medieval da localidade, que se celebrará esta fin de semana.
Durante a presentación, a alcaldesa puxo de relevo a transcendencia deste evento. “Cada ano aumenta o número de visitantes de comunidades veciñas, fomentando o turismo de proximidade”, polo que cualifica de “moi importante empregar a plataforma que ofrece a Feira Internacional de Mostras para dar a coñecer o noso Mercado Medieval”.
A rexedora destacou o incremento de actividades e de postos de artesáns cos que contará o Mercado Medieval este ano respecto a anteriores edicións. “Sesenta postos de nova incorporación e un total de 200 participantes dan conta do interese deste evento, que transforma Mondoñedo nunha cidade do medievo durante tres días”. Polo tanto, Elena Candia está a realizar unha campaña de promoción estratéxica co obxecto de que Mondoñedo ocupe o lugar que lle corresponde a nivel histórico e artístico; ademais de traballar no impulso da declaración do Mercado Medieval de Mondoñedo como Festa de Interese Turístico Galego.

Programa Medieval 2015

VENRES, 7 DE AGOSTO

23.00 horas.  Aquelarre de bruxas na Praza da Catedral. Xuntanza das Mesnadas Mindonienses e Soldados do Mundo Cristiano.Rendemento de bandeiras ao Rei Afonso VII.Xuizo por bruxería.Homenaxe ás persoas célebres do Mercado Medieval.Visita a San Roque e posterior pasarrúas acompañados pola Irmandade de Tambores e Cornetas do Bispo Ramiro II.

00.30 horas. Entrega de poderes do lume, auga e terra ao Mago Merlín e purificación das bruxas na Rúa Bispo Sarmiento.

SÁBADO, 8 DE AGOSTO (DÍA DO TURISTA)

11.30 horas. Saída dende a Casa do Concello da comitiva formada polo Merino, Merina e Soldados das Mesnadas Mindonienses cara a Praza da Catedral acompañados pola Irmandade de Tambores e Cornetas do Bispo Ramiro II.

12.00 horas. Pregón e apertura do Mercado Medieval. Demostración e venda de produtos artesáns de, forxa, cantería, fiandeiras, palilleiras, zocas e coiro. Venda de produtos típicos da terra. Personaxes caracterizados por toda a Cidade.Degustación gratuita de liscos, pan, viño e cervexa ao longo de toda a mañá.Venda de xarras conmemorativas do Mercado na Praza da Catedral.Exposición de aves rapaces na Praza da Catedral.

12.15 horas. Inauguración da Rúa Afonso VII; visita e inspección dos postos do Mercado polas Mesnadas Mindonienses.

12.30 horas. Pasarrúas a cargo de Pistacatro, Souto Xímaro e Coplas de Cego.

13.00 horas.  Actuación do Cabaleiro Medieval polos distintos espazos do Mercado.

13.00 horas. Actuación de Kote Malabar no Parque do Seminario.

13.15 horas. Pasarrúas Pistacatro e Souto Xímaro.

13.30 horas. Exhibición de Cetrería na Praza da Catedral.

16.30 horas. Xogos Populares na Praza da Catedral a cargo da Asociación de Xogos Tradicionais “O Cadaval”.

17.00 horas. Actuación do Cabaleiro Medieval polos distintos espazos do Mercado.

17.00 horas. Exhibición de cetrería na Praza da Catedral.

18.00 horas. Audiencias Reais e nomeamento de Damas e Cabaleiros polo Rei Afonso VII no Campamento das Mesnadas na Praza da Catedral.

18.30 horas. Pasarrúas a cargo de Pistacatro, Souto Xímaro, Coplas de Cego e Mesnadas Mindonienses.

19.00 horas. Actuación de Kote Malabar no Parque do Seminario.

20.00 horas. Actuación do Cabaleiro Medieval polos distintos espazos do Mercado.

20.00 horas. Espectáculo dos Cabaleiros medievais  de Alfoz.

20.30 horas. Pasarrúas pola Irmandade de Tambores e Cornetas do Bispo Ramiro II.

21.00 horas. Cea Medieval; (polo asado, xamón  cocido, empanada, pan e viño. Prezo: 10€, inclúe cunca e táboa conmemorativa). Venda de tickets: Oficina de Turismo e Praza da Catedral.

00.00 horas. Actuación de Festicultores. Organizado pola Asociación XOLDRA de Mondoñedo. Praza do Concello.

DOMINGO, 9 DE AGOSTO

11.00 horas. Apertura do Mercado Medieval. Demostración e venda de produtos artesáns de, forxa, cantería, fiandeiras, palilleiras, zocas e coiro. Venda de produtos típicos da terra. Personaxes caracterizados por toda a Cidade.Degustación gratuita de liscos, pan, viño e cervexa ao longo de toda a mañá.Venda de xarras conmemorativas do Mercado na Praza da Catedral.Exposición de aves rapaces na Praza da Catedral.

12.00 horas. Pasarrúas a cargo de Pistacatro, Souto Xímaro, Coplas de Cego e Mesnadas Mindonienses.

12.15 horas. Actuación do Cabaleiro Medieval por distintos espazos do Mercado.

12.15 horas. Pasarrúas a cargo de Kilomberos de Monte Alto.12.30 horas. Actuación de Kote Malabar no Parque do Seminario.

13.00 horas. Voda Medieval polo rito Mozárabe na Fonte Vella e posterior desfile da comitiva pola rúas da Cidade acompañados pola Irmandade de Tambores e Cornetas do Bispo Ramiro II.

13.30 horas. Pasarrúas a cargo de Pistacatro e Souto Xímaro.

13.30 horas. Actuación do Cabaleiro Medieval polos distintos espazos do Mercado.14.00 horas. Exhibición de cetrería na Praza da Catedral.

17.00 horas. Xogos Populares na Praza da Catedral, a cargo da Asociación de Xogos Tradicionais “O Cadaval”.

18.00 horas. Pasarrúas Pistacatro e Souto Xímaro

18.30 horas. Actuación do Cabaleiro Medieval polos distintos espazos do Mercado.

18.30 horas. Actuación de Kote Malabar no Parque do Seminario.

19.30 horas. Exhibición de Cetrería na Praza da Catedral.

20.00 horas. Pasarrúas a cargo de Kilomberos de Monte Alto.

22.00 horas. Clausura da XXIV edición do Mercado Medieval de Mondoñedo.

A organización agradece o consumo preferente nos locais comerciais colaboradores que estarán identificados no seu exterior, así como nos postos do Mercado.

Publicidad