Reportaxes as San Lucas 2024

D. Jesús Díaz Fernández Inaugura San Lucas 2024

Nunha noite chea de expectación, o prestixioso chef e gastrónomo internacional, D. Jesús Díaz Fernández, deu comezo ao pregón das San Lucas 2024. O auditorio, cheo de xente, vibraba de entusiasmo á vista da chegada das autoridades, acompañadas polo grupo de gaitas “Os Carricantos”. 

As autoridades saíron do Concello ás 20:30, creando un ambiente de festa polas rúas. O pregón foi un éxito, marcando o comezo das festas que celebran a tradición e a cultura desta cidade.