eleccións municipais 2023
- Esperanza González: “Como socialista e como veciña do Barrio dos Muíños para min é un autentico privilexio encabezar a candidatura socialista de Mondoñedo, porque creo sinceramente que dende a política local poden cambiarse moitas cousas, pero contando sempre coa colaboración da veciñanza e unindo esforzos entre todos”
-“O noso Concello non pode gobernarse desde Lugo, a veciñanza de Mondoñedo ten dereito a ter un futuro digno, cun goberno de homes e mulleres que resolvan os problemas das nosas parroquias e dos nosos veciños e veciñas”, din os socialistas
-“Nestes intres, o Concello está literalmente manga por hombro, sen un plan de limpeza, sen o adecentamento dos espazos verdes e das rutas, cunha mermada xestión económica que inclúe a perda de subvencións”
- No que se refire a candidatura socialista de Mondoñedo está composta por un total de 12 persoas, nas que hai destacar catro novas incorporacións, así como a volta a política municipal de Modesto Díaz García, que volve a participar na lista como número 3
Mondoñedo (Lugo), 26 de abril de 2023. Esperanza González Martin repite como candidata socialista á alcaldía de Mondoñedo “e acompáñame un grupo de veciñas e veciñas, con gran experiencia na política municipal e con capacidade para xestionar o Concello”, na que se inclúen “novas incorporacións con xente moza da nosa cidade que ten ganas de sumarse a este proxecto progresista”.
“Como socialista e como veciña do Barrio dos Muíños para min é un autentico privilexio encabezar a candidatura socialista de Mondoñedo, porque creo sinceramente que dende a política local poden cambiarse moitas cousas, pero contando sempre coa colaboración da veciñanza e unindo esforzos entre todos”, remarcou Esperanza González Martín.
A candidata socialista avanzou que “Mondoñedo precisa centrarse en priorizar a creación de emprego, promover a actividade agrícola, gandeira e empresarial, impulsar o comercio local, dinamizar o tecido asociativo, fomentar o turismo e sobre todo políticas activas para atraer e fixar poboación no noso Concello”.
“Nestes intres, o Concello está literalmente manga por hombro, sen un plan de limpeza, sen o adecentamento dos espazos verdes e das rutas, cunha mermada xestión económica que inclúe a perda de subvencións. Con obras estancadas e paralizadas como as da praza da Catedral ou a das Casa de Cultura, e sen unha definición das prioridades da vila. O PP actúa a golpe de redes sociais, sen pisar o terreo”, denuncian os socialistas.
“O noso Concello non pode gobernarse desde Lugo, a veciñanza de Mondoñedo ten dereito a ter un futuro digno, cun goberno de homes e mulleres que resolvan os problemas das nosas parroquias e dos nosos veciños. E favorecendo sempre a equidade en tódalas recunchos do noso pobo, sen favoritismos. Temos que impulsar políticas e iniciativas progresistas que contribúan a mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza, sen deixar fóra a ninguén,” dixo González.
Modesto Díaz García número 3 en Mondoñedo
No que se refire a candidatura socialista de Mondoñedo está composta por un total de 12 persoas, nas que hai destacar varias incorporacións, así como a volta a política municipal de Modesto Díaz García, que volve a participar na lista electoral como número 3. “Preséntome de novo ás eleccións porque pedíronmo moitos veciños e veciñas de Mondoñedo, tamén os meus compañeiros de partido, e por suposto, porque creo coa experiencia que teño poido aportar moito para xestionar ben o noso Concello. Hai que mellorar moitas cousas, a limpeza o primeiro, así como contar co persoal suficiente para traballar comezando por cubrir tódalas vacantes que existen na plantilla municipal, e coordinar tódolos servicios con seriedade e con responsabilidade e con educación. E escoitando a todos e cada un dos veciños das parroquias de Mondoñedo, todos importan”, dixo Modesto Díaz García.
Nos primeiros postos da lista Esperanza González está acompañada por Francisco Domenech Fanego como número 2, foi sindicalista e traballador de FINSA. O ex tenente de Alcalde de Mondoñedo, Modesto Díaz García será o número 3; o auxiliar de farmacia e Presidente de Mondoñedo F.C, Manolo Barreira García como 4 e a 5 será a ex-concelleira socialista e profesora e veciña de Argomoso, Magdalena Domenech Gruñeiro.
4 novas incorporacións
Pablo García Otero é o numero 6 da candidatura socialista, ten 34 anos, pai de dúas crianzas. É un gran defensor dos animais, por iso demanda a construción dunha instalación para o benestar animal no noso Concello. Incorporase por primeira vez ás filas socialistas, traballa nunha empresa distribuidora da mariña. O número 7, Alejandro Barreira García o máis novo da lista electoral, ten 18 anos, estudante na USC do Dobre Grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual. Está implicado en moitos proxectos de Mondoñedo, sobre todo nos relacionados co mundo da música, onde tamén destaca como compositor.
A número 8 é Alexandra Lopez Rodríguez, que repite na lista, desenvolve o seu traballo como socióloga e traballadora social no centro sociocomunitario de Mondoñedo. O numero 9 é para o veciño de San Vicente que tamén repite, Miguel Chao Miguez é gandeiro, axitador cultural e ecoloxista convencido.
O posto número 10 é para outra nova incorporación na candidatura socialista, Marisa Marcos Prieto, veciña dos Remedios, traballa como administrativa, pero confesa que o traballo máis importante que ten é ser nai de familia numerosa. O 11 é Concepción Becerra Bouso a veterana da candidatura, da familia do Llano, mestra xubilada. E pecha a candidatura Fernando Anello López, veciño da parroquia do Carmen e residente en Viñas da Veiga. A Agrupación Socialista de Mondoñedo tamén quere agradecer o traballo e a implicación que desenvolveu a longo destes anos o concelleiro, José Luís García García, que non continua por motivos persoais.
Do barrio dos Muíños
Esperanza González Martín. Naceu en Tudela (Navarra), 1974, é a terceira de seis irmáns e vive no barrio máis importante e pomposo de Mondoñedo, os Muíños. Licenciouse en Periodismo na Facultade de CC da Comunicación da USC (2003). En maio do 2014 formou parte da corporación mindoniense sendo tenente de Alcalde e concelleira da area de servizos. Comezou a súa carreira xornalística no ano 2002 na Voz de Galicia (Santiago) como reporteira gráfica. Tamén realizou prácticas na cadena Cope (Coruña), e na TVG (Santiago). No ano 2006 incorporouse á redacción do xornal La Opinión de A Coruña, e un ano máis tarde, no 2007 á delegación da TVG en Lugo. Nese mesmo ano pasou a formar parte do Gabinete de Comunicación da Secretaría Xeral de Medios, sendo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Dende aquí deu o salto ao grupo parlamentario socialista da man do deputado autonómico Ismael Rego, onde traballou como xornalista ata o ano 2012.Traballou en tódalas campañas electorais do PsdeG-PSOE, e na campaña das europeas co candidato galego do PSOE, Jose Blanco. Foi membro do Consello Asesor CRTVG e RTVE-G. Actualmente traballa no gabinete do Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca.
Candidatura do PSdeG ás eleccións municipais de Mondoñedo
María Esperanza González Martín
Francisco Domenech Fanego
Modesto Díaz García
Jose Manuel Barreira García
Magdalena Domenech Gruñeiro
Pablo García Otero
Alejando Barreira García
Alexandra López Rodríguez
Miguel Chao Míguez
María Luisa Marcos Prieto
María Concepción Becerra Bouso
Suplente; Fernando Anello López
corte esperanza gonzalez-psoe mondoñedo