As súas Maxestades de Oriente traen a Mondoñedo una cabalgata que este ano inclúe novidades

Mondoñedo, a 4 de xaneiro de 2016. O Concello de Mondoñedo fai saber a tod@s @s nen@s da carta recibida por un emisario real das súas maxestades de Oriente, na que se informa que este ano os Reis Magos chegarán á cidade episcopal ás 17:00 horas e, como de costume, visitarán en primeiro lugar aos seus amig@s do Hospital de San Pablo e a continuación desprazaranse ata a Residencia de San Rafael, onde serán recibidos un ano máis, con moito entusiasmo.

O concelleiro de Educación e Mocidade, Alberto García, salientou que este ano a cabalgata incorpora varias novidades. A primeira delas é que se retrasa o inicio da mesma, “xa que ao ser un día laboral, consideramos máis axeitado o novo horario para que poidamos desfrutar todos da Cabalgata, á vez que coincide con pleno horario comercial”.

A cabalgata, que partirá da Alameda dos Remedios ás 18:30 horas, irá encabezada pola Banda de Tambores da Escola Municipal de Música de Mondoñedo, -que se incorpora este ano-, xunto aos tres séquitos reais, que flanquearán as dúas carrozas nas que desfilarán Melchor, Gaspar e Baltasar, e os seus paxes. O concelleiro de Educación e Mocidade fixo fincapé na renovación das dúas carrozas, que este ano inclúe tamén iluminación de nadal.

Por último, as súas maxestades recibirán a todos @s nen@s no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”, onde tod@s serán agasallad@s cun regalo, tal e como se facía fai anos.

AGRADECEMENTOS
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xunto ao concelleiro de Educación e Mocidade, Alberto García, así como ao resto do equipo de goberno, queren agradecer o traballo desinteresado realizado por todas as nais que están a colaborar nesta edición da Cabalgata de Reis, xa que “sen a súa axuda sería imposible levala a cabo”. Ademais, dende o Goberno local tamén queren dar as grazas por todas as achegas económicas feitas, tanto de particulares anónimos como de varios comercios da nosa cidade, “o cal é de agradecer polo conxunto dos mindonienses” remarcan.

Volver