Información San Lucas 2013

Catro xeracións das mulleres da familia  Lombardía – Chaparrita de Mondoñedo son as San Luqueiras deste ano

-As protagonistas son Monserrat Torres Loureiro (70 anos), Monserrat Lombardía Torres (43 anos), Ana Losada Lombardía (15 anos) e Mara Lombardía Rodríguez (10 anos)

-A San Luqueira mais veterana Monserrat Torres lembra que con 20 anos xa foi Raíña das festas das San Lucas no ano 1964

Mondoñedo, 3 de outubro de 2013. Catro xeracións de mulleres da Familia Lombardía de Mondoñedo son as San Luqueiras do ano 2013.

As protagonistas son Monserrat Torres Loureiro (70 anos), Monserrat Lombardía Torres (43 anos), Ana Losada Lombardía (15 anos) e Mara Lombardía Rodríguez (10 anos).

A San Luqueira mais veterana Monserrat Torres lembra que con 20 anos xa foi Raíña das festas das San Lucas no ano 1964 “aínda me parecer ver agora mesmo a Tuna de Santiago que veu tocar, despois fomos ao baile ao Casino e pasamos unhas festas formidables”.

Relata ademais que esta experiencia sérvelle “para renovar o que fun”. Pero sobre todo puntualiza Torres “esto fago por Mondoñedo e polos meus netos e netas, Eu son das que penso que hai que seguir traballando por Mondoñedo, e sobre todo darlle a publicidade que merecen as nosas Feiras e Festas, xa que son as máis antigas de Galicia e unha das mais antigas de Europa”.

Di que as San Lucas “son unhas festas especiais para tódolos mindonienses, porque todos nos reencontramos no mes de outubro ou ben para ver os cabalos, para comer o pulpo, para levar os netos á festa ou simplemente para pasear ou charlar”. E prosigue “estas son as nosas autenticas festas”.

Sinala tamén que asume de novo esta experiencia “encantada da vida, porque senón non iria. Hai que facer algo por Mondoñedo”, insiste.

Explica que o novo papel de San Luqueira “pode poñerme un pouco nerviosa o día do pregón”, pero subliña que ao longo da súa vida viviu experiencias mais duras “por eso eu o ánimo no vou a perder nunca. Eu vou loitar sempre como unha jabata, coma sempre fixen”, explica Monserrat Torres.

A vida da patriarca non foi un camiño de rosas, “quedei viúva e saquei 5 fillos adiante eu soa coa administración de lotería. Eu sei que paga a pena saír adiante por eso son novamente San Luqueira, porque a ilusión das San lucas non hai que perdela nunca”.

E conclúe “na miña familia todos están encantados con esta decisión de que participemos como San Luqueiras porque vamos todas. Eu só espero que sexa un día especial para tódolos membros da familia”.


 

Presentación do cartel das San Lucas en Mondoñedo

Mondoñedo, 5 de outubro de 2013. A comisión das Feiras e Festas San Lucas de Mondoñedo 2013 presentou os carteis das festas para esta edición 857, que como cada ano realiza o artista mindoniense Xose Vizoso. A partir deste luns, día 7, comezase a repartir os programas de man pola cidade.

Este ano forman parte da Comisión os concelleiros Modesto Díaz, Elena Freire e Elena Candia, ademais do Presidente da Comisión Miguel Souto, Miguel Garcia, Miguel Paz, Waldo González, Manuel Tapia, Maria Jose Oriola, Marisol Piñeiro, Bea, Nati Arias e Gervasia.

O cartel das Orquestras esta composto polos grupos Charleston e Claxxon, dia 17. O día grande o dia 18, actúan Cinema e Gran Parada, ademais dos  concertos da Praza da Catedral de Budiño, e o grupo Di Elas que lidera Luis Tosar. Para o dia 19 estan previstas

Tekila e Filadelfia xunto co encontro folclórico. O último dia o 20 poñen o broche de ouro a estas festas Palladium e Paris de Noia.

Reservas

Ademais este ano actúan no Auditorio o cantante ferrolán Andres  Suárez o sábado día 19, ás 20 horas. E o actor, director e monologuista Carlos Blanco actuara o domingo día 20, ás 20 horas. As entradas para estos eventos teñen que reservarse no telefono 608 876 123.

Para mais información Miguel Souto:  664 352 733


 

cartel orquestas San Lucas

Deputación colabora coas San Lucas deMondoñedo , unha das feiras máis antigas de Galiza

o 17 ao 20 de outubro Mondoñedo celebrará as San Lucas cun programa inzado de actos culturais coa tradicional baixada do gando cabalar
A tradición das festas das San Lucas vén do ano 1.156, ano no que se lle outorga o título de cidade a Mondoñedo

Lugo, 26 de setembro de 2013. Esta mañá, o vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, xunto ao concelleiro e tenente de alcalde de Mondoñedo, Xusto López, o organizador das festas, Miguel Souto, e o segundo tenente de alcalde, Modesto Fernández, presentaron esta mañá na Deputación as Festas das San Lucas, que se celebrarán en Mondoñedo do 17 ao 20 de outubro.

Antonio Veiga, na súa intervención, destacou que “estamos diante dunha das festas máis antigas de Lugo e Galiza, a súa tradición é a tradición dun país e o seu reflexo a nosa cultura nunha celebración que ten máis de oitocentos anos de historia. As San Lucas son o espello dun país e dun pobo, onde o mundo rural se xuntaba para saír adiante nun acontecemento social no que o encontrarse coa xente era primordial”.

Tal e como explicou o organizador das festas, Miguel Souto, o programa contempla os actos centrados no mantemento da tradición, como a baixada de gando cabalar dos montes na véspera das festas, o día antes do 18, día grande das San Lucas, e énchese de actividades ao longo dos catro días nos que se celebran as festas.

As San Lucas comezan a datarse no ano 1.156, cando se lle concede a Mondoñedo o título de Cidade. Este ano o 17 de outubro comezan as festas co pregón a cargo de María Pernas Martinez e a baixada do gando cabalar desde o monte ata pasar polas rúas da cidade ata o campo da feira. Ese mesmo día realizarase tamén unha ofrenda floral ao mariscal Pardo de Cela na Praza da Catedral. Ao seguinte día, o 18, día das San Lucas, a feira tradicional contará co concurso de cabalos no que se premiarán os mellores andadores, nas modalidades de serrada e chapeada, tradicionais de Galiza e norte de Portugal. No auditorio de Mondoñedo haberá teatro e tamén a actuación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, mentres que ese día na Praza da Catedral estará o grupo Di Ellas, encabezado polo actor lucense Luís Tosar.

Orquestas San Lucas 2013

Día 17: CHARLESTON E CLAXXON

Día 18: CINEMA, GRAN PARADA

CONCERTO DE BUDIÑO (PRAZA DA CATEDRAL)

DI ELAS (LUIS TOSAR) (PRAZA DA CATEDRAL)

Día 19: TEKILA E FILADELFIA

ENCONTRO FLOCLÓRICO

Dia 20: PALLADIUM E PARIS DE NOIA

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate