O Pasatempo organiza un concerto de Arts Ensemble en Mondoñedo

Dende a Asociación Cultural O Pasatempo non quere deixar pasar este tempo de Entroido sen ofrecer una actividade diferente a tódalas celebracións que enchen a comarca estes días. A proposta é disfrutar da música de Arts Ensemble o sábado 16 en Mondoñedo.
O vindeiro sábado 16 de febreiro celebrarase no Auditorio Municipal de Mondoñedo a actuación da xove agrupación Arts Ensemble. Será ás 12:30 e as entradas terán un prezo de 3 euros. Unha boa oportunidade para escoitar a un quinteto de vento que desborda talento e que ofrecerá un espectáculo como o que se pode atopar nas mellores salas de concerto do país.
A agrupación Arts Ensemble formouse en setembro de 2010 baixo a tutela do clarinetista Iván García. Está formado por estudantes da especialidade de vento madeira e trompa. A pesar da súa xuventude, teñen unha larga traxectoria no ámbito musical. Tódolos seus compoñentes teñen unha actividade regular xa sexa con orquestras xoves, colaborando con orquestras profesionais, como solistas ou en agrupacións camerísticas. O seu repertorio abarca dende o Clasicismo ata o S. XXI.
Entre os integrantes de Arts Enesemble atópase o mindoniense Marcos Cruz Pardeiro que dende os oito anos que comezou a estudar trompa convertiu a música no seu modo de vida. No escenario estarán tamén Mª Isabel Bermejo (oboe), Javier González Blanco (clarinete), Hae Won Ho (fagot) e Víctor Loarces (flauta traveseira). Os cinco formaron parte de agrupacións prestixiosas como a “Orquestra Xove de Galicia”, “Joven Orquesta de Castilla-La Mancha”, “Maribor International Orchestra”, e participan con orquestras profesionais como a “Orquesta Filarmónica de La Mancha”, “Orquesta Sinfónica de Castilla y León”, ou a “Orchestra National France”. A súa paixón pola música animounos a desenvolver proxectos para achegar a música clásica a todo tipo de públicos combinándoa ademais con pintura e arte, versións de grandes autores de tódolos tempos e outros estilos musicais. O sábado 16 haberá unha oportunidade única de velos actuar co seu proxecto musical.

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate