Mindonium.es – el portal de todos los Mindonienses


Resumo II Encontro de Participación Cidadá en Mondoñedo.

Publicado el 22 / noviembre / 2016 por admin

En primeiro lugar queremos agradecer a boa disposición e o bo talante de diálogo expresado pola Sra. Alcaldesa e demais membros da Corporación Municipal. E a asistencia e respetuosidade dos representantes das asociacións e do público que acudiron ao Encontro, o que facilitou a labor dos voceiros que tamén actuaron de moderadores. A reunión comezou as 20,30 horas e rematou a carón das 23 horas.

Explicouse o convenio do Proxecto  Retinae de divulgación da cidade a través das novas tecnoloxías   e que se poñería a disposición das asociación mediante envío de copia por correo electrónico .

Co respecto ao Camiño Norte evaluaronse os novos trazados e as problemáticas a corrixir  no seu tránsito pola antiga Calzada Romana e pola Infesta. E  se espera a notificación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural sobre o Estudo que se comprometeu a facer da Variante Marítima pola Basílica de San Martiño de Mondoñedo. Tamén se agarda corrixir deficiencias no Centro de Interpretación do Camiño Norte e dos escritores e músicos que ampliará en horario de mañá e tarde a atención ao publico e aos peregrinos. Agardando se faga a inauguración pública o antes posible.  A sra alcaldesa nos informou que a exposición sobre a Imprenta se trasladará a Casa dos Cóengos onde se prevé facer un Museo especifico sobre a mesma, incorporando outras máquinas e utensilios cedidos por Fernando López de Suc. De Mancebo.

Falouse da nova sinalización turística e da corrección de erros nas sinais, suprimindo ou mellorando algunha das antigas referentes a Cova do Rei Cintolo que pertencen a Deputación. Tamén houbo o compromiso de ampliar as que sinalizan o Aparcamento da Alcántara e reivindicar ante o Ministerio de Fomento a indicación na Autovía  na zona de Curros, da entrada a Mondoñedo pola Lu 124.

Tamén os representantes da Corporación Municipal quedaron en facer as xestións ante o Ministerio de Medioambiente para tratar de conseguir a aprobación do aumento de trazado do Camiño Natural de San Rosendo que  facilitaría un paseo fluvial a carón do río Masma, demandado desde fai moito tempo ao ser Mondoñedo  un dos poucos concellos da Prov. de Lugo que carecemos deste servizo.

Co respecto ao Roteiro “Leiras Pulpeiro” a corporación ofreceuse a colaborar na replantación e amaño da Area de “A Fervenza”  o mesmo que se lle vai a solicitar ao Departamento Forestal do IES San Rosendo tras entrevista mantida coa súa directora.Tamén nos informaron que estaban en contacto con unha Empresa para facer o análise fisico-quimico das augas sulfurosas co que se podería obter a certificación de” Fonte de Utilidade Pública” e poder acometer obras de mellora. As asociacións e colaboradores  da  Plataforma comprometéronse a seguir traballando no mantemento da zona e tamén a contactar cos propietarios das fincas do Castro da Recadieira para solicitarlles o poder limpar o seu entorno. Outra posibilidade que se analizou foi a de conveniar coa Fundación Alcoa, para solicitar axuda para o amaño das antigas fabricas “Electricista Mindoniense”  (unhas das mais antigas de Galicia 1892-1906) e que puideran servir de atractivo etnográfico-industrial.

Falouse de establecer un calendario das Feiras e Festas de interese turístico empresarial e se analizou a proposta de potenciar os Mercados locais mediante a celebración dun mercado de produtos agroalimentarios e artesanais  da zona, complementado con actividades lúdicas paralelas o primeiro domingo de mes.

Co respecto a instalación de novas empresas no Poligono Industrial a Corporación comprometeuse a tratar de conseguir abaratar as parcelas do SEPES e facilitar as instalacións nas parcelas que pertencen ao Concello . Tamén se nos informou que mantiveron varias reunións cos propietarios de FiNSA con vistas a reindustrializar as suás instalacións e incluso se barallou a posibilidade  de adecuar un Polígono Industrial dentro das instalacións de ECAR.

O proxecto de reforma da Praza da Catedral e recuperación de parte do antigo Cantón someteuse a unha ampla análise por parte da alcaldesa e  dos asistentes, considerando que dada a importancia da obra e do lugar que ocupa fronte a Catedral, declarada Patrimonio da Humanidade, que era preciso  encargar unha maqueta virtual da obra prevista, para poder analizar e opinar con mellor información como quedaría o proxecto.

En canto a Casa –Museo “Alvaro Cunqueiro” as obras de remodelación seguen os prazos previstos e a Corporación comprometeuse a tratar de impulsar a posta en marcha da Antiga Fundación, recuperando os Estatutos e tratando de incorporar novas persoas a mesma que poidan axudar desde fora aos proxectos  de Mondoñedo vinculados a figura e facetas  do insigne escritor, que no caso dos propostos:  Francisco Cal Pardo e Felipe Debasa,  xa están colaborando noutros proxectos a prol de Mondoñedo.

Tamén se nos informou do proxecto de construción dun Aparcamento nunha finca  a carón da Igrexa Nova , servizo moi demandado ao eliminarse o da Praza da Catedral, que tería aceso a través do Calexón de Casas Novas e da Rúa do Camiño Norte. Deixamos aquí  tamén a suxerencia que   si isto se leva a cabo, da construción dunha rúa de enlace co aparcamento que unise as rúas Pardo de Cela e Camiño Norte aproveitando o calexón que discorre a carón dos terrenos da Granxa do IES San Rosendo, que daría un bo servizo e sanearía este espazo.

Se nos informou dos planes respecto a Aldea de Vilar de poñer en marcha o Museo da Prehistoria  e de apoio a Cova do Rei Cintolo (elemento  Natural de gran importancia e recurso turístico e deportivo singular para a comarca, que ao final do Encontro suscitou un debate sobre o seu aproveitamento entre os asistentes,  a proposta do representante dunha asociación). Tamén se nos informou que venceu o Convenio da Deputación (cumpriu 26 anos) sobre o Pazo de Bon Aire reivindicándose o amaño do mesmo polo Ente Provincial, tal como se había cedido para un proxecto de rehabilitación de toxicómanos e que ardeu fai varios anos. O mesmo se pide para as instalacións do antigo Mirador de Turismo que pertencen a mesma Institución e que da unha mala imaxe a entrada de Mondoñedo na moi transitada N634. Co respecto ao Mosteiro dos Picos que se amañou a cuberta e se conveniou  para a creación dunha Escola de Restauración, o proxecto quedou estancado e habería que tratalo co recen nomeado Sr. Bispo da Diocese.

Tamén se analizaron as problemáticas e solucións para as casas e fincas abandoadas e mellorar os servizos públicos de iluminación e recollida de lixo no casco e nas parroquias do rural. Co respecto a confección e colocación de Placas se quedou en indagar as persoas que teñen as distincións de fillos predilectos e adoptivos para non discriminar a naide . En canto as colocacións unha suxerencia e facer unha placa Conxunta na que figuren  todos e colocala nun lugar emblemático ( por exemplo no Recebedor do Concello)… (a similitude como teñen noutros organismos exemplo o IES San Rosendo ou no Seminario donde figuran tódolos directores ou Reitores).

Rematamos voltando a agradecer a boa disposición e o clima de diálogo dos membros da Corporación e das asociacións , que nos da pe a organizar  o III encontro en novembro do 2017, agardando e confiando que as propostas e proxectos se leven a cabo e teñan gran éxito en beneficio das xentes da Comarca de Mondoñedo.  Sentímonos orgullosos desta  iniciativa pioneira que coidamos enriquece o debate aportando diferentes puntos de vista, facendo que a cidadanía se sinta  vinculada ao Concello  e aos seus proxectos

volver

 

 

 

 

 

 

Deja tu comentario

Tienes que estar logeado para comentar.


  • Entradas recientes

  • etiquetas



  • ↑ Subir