Candia solicita financiamento ao Goberno central para a rehabilitación da rúa Lence Santar

Os deputados nacionais por Lugo rexistraron unha emenda aos orzamentos do Estado de 2016 co obxecto de que se concrete unha partida económica para atender a esta obra

Mondoñedo, 31 de agosto de 2015- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, solicitou ao Goberno central financiamento para realizar actuacións de mellora na rúa Lence Santar, no casco histórico da localidade.En concreto, a alcaldesa tramitou a petición a través dos deputados nacionais por Lugo, que rexistraron unha emenda aos orzamentos de 2016, a través da que se solicitan que se concrete nunha partida orzamentaria o compromiso de iniciar estas actuacións.A emenda rexistrada polo Grupo Parlamentario do Partido Popular no Congreso dos Deputados inclúe a petición dun importe total de 200.000 euros da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo, que permitirían iniciar os trámites de cara a realizar as obras necesarias nesta rúa.A alcaldesa explicou que esta emenda se debaterá a próxima semana no transcurso do debate en Comisión de emendas aos orzamentos. Candia quixo agradecer a dispoñibilidade e o traballo dos deputados nacionais para canalizar esta petición, que responde a unha demanda e a unha necesidade dos veciños.

Publicidad

 

Mitin del PP en la casa da Xuventude

“Uns traballamos en positivo pactando cos galegos, outros traballan en negativo pactando entre eles”

. Aseguraron que se nas pasadas eleccións os galegos non quixeron un bipartito polo seu mal funcionamento, non poden querer agora un pentapartito

Mondoñedo, 14-10-2012.- Mondoñedo puxo o punto e final na maratoniana xornada de mítines dos populares na Mariña. A Presidenta do PP local e Voceira dos populares, Elena Candia, José Manuel Balseiro e Ana Pastor foron os encargados de intervir nunha casa da xuventude abarrotada de asistentes.

Resaltaron os populares a xestión de Alberto Núñez Feijóo, quen na mitade dunha crise económica sin precedentes foi quen de controlar as contas públicas, blindar o gasto social e manter un diferencial de paro por debaixo da media estatal.

Na casa da xuventude, Elena Candia, José Manuel Balseiro e Ana Pastor afirmaron que se no ano 2009 os galegos non quixeron un bipartito polo seu mal funcionamento, non poden querer agora un pentapartito.

“Fronte á opción do PP, temos un pentapartito, un conxunto de correntes políticas con ideoloxías distintas e que agora se unen cun único obxectivo: traballar, a base de enganos e manipulacións, contra o Partido Popular”-manifestaron.

Alertaron os populares do perigoso que sería un goberno destas características para Galicia e afirmaron que a diferenza destos partidos, cuxo único afán é traballar en contra do PP, “os populares traballamos en positivo, cun único obxectivo, que non é outro que a preocupación por Galicia e polos problemas dos cidadáns”- afirmaron.

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

Jose Blanco participou nunha cea mitin en Mondoñedo

OS SOCIALISTAS DIN QUE DESDE A CHEGADA DE FEIJOO Á XUNTA “GALICIA CADA VEZ VAI A PEOR”

Jose Blanco apelou ao “voto útil porque agora non é momento de aventuras”

Mondoñedo (Lugo), 12 de outubro de 2012. O ex Ministro de Fomento Jose Blanco asistiu onte en Mondoñedo a unha cea mitin. Ali dixo que “todo foi a peor desde a chegada de Feijóo e Rajoy “, por iso “apelou ao voto útil porque agora non é momento de aventuras”.

O deputado socialista no Congreso por Lugo e exministro de Fomento, José Branco, pediu “cambiar a un presidente que está na estratosfera”. Dixo que os galegos “poñeranlle os pés na terra o día 21 cando elixan a Pachi Vázquez”, insistiu

Afirmou que “Galicia necesita ambición de país para resolver os problemas, de sentirse galego para empuxar o crecemento da nosa economía e reforzar a nosa identidade”.

Blanco advertiu ao PP de que poderá “parar as obras, como está facendo, pero non o cambio, porque este responde á necesidade de “sacar a tarxeta roxa a Rajoy e a Feijóo”.

No acto tamén interveu o candidato socialista da Mariña Jose Ramon Val quen criticou os constantes incumprimentos de Feijoo e o PP coa Comarca. Por iso demandou mudar “o voto do sufrimento do PP polo do crecemento con Pachi Vázquez”.

Modesto Díaz agradeceu a Jose Blanco o seu traballo ao longo de todos estes anos “a cidade de Mondoñedo esta profundamente agradecida da súa xestión”, dixo.   Advertiu que “votar ao PP é votar por pagar polos medicamentos, polo transporte escolar ou polos libros de texto, é votar contra ti mesmo” e apostou por “cobrar mais aos mais ricos e investir en universidades e ensino”.

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate