A mirada de Ruth Matilda Anderson en Mondoñedo no 1925

As imaxes que se exhiben nesta exposición amosan distintas estampas da época como a Praza da Catedral de Mondoñedo, unha panadería, a rúa que vai cara a Argomoso dende os Muiños, a rúa San Roque, diversos alfareiros facendo pezas, unha muller vendendo pan na praza e un home cortando arbores.

Mondoñedo, 31 de marzo de 2014. “Esta mañá tiramos fotos da Catedral e dalgunhas escenas na rúa. Estamos enfeitizados por esta pintoresca vila de estreitas e sinuosas rúas e tendas limpas”, estas son as palabras que a fotografa Ruth Matilda Anderson ((Nebraska 1893-1983 Nova York) recolleu no seu diario sobre a súa visita a cidade episcopal en xaneiro do ano 1925.

Esta investigadora americana traia unha encargo baixo o seu brazo, documentar as costumes de España para a Hispanic Society of America, unha entidade con sede en Nova York adicada ao estudo da arte e a cultura española, latinoamericana e portuguesa.

Ruth Matilda Anderson realizaba esta viaxe acompañada de seu pai, o tamén fotógrafo Alfred Theodor Anderson. A investigadora americana realizou un total de 5 viaxes ao noso país, que comezaron en Marzo de 1923 e remataron o 17 de Novembro de 1930.

Dende este mes de abril o Bar O Porriño de Mondoñedo acolle unha exposición con oito fotografías que están recollidas no libro “Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia”, que publicou a Fundación Caixa Galicia no ano 2009.

As imaxes que se exhiben nesta exposición amosan distintas estampas da época como a Praza da Catedral de Mondoñedo, unha panadería, a rúa que vai cara a Argomoso dende os Muiños, a rúa San Roque, diversos alfareiros facendo pezas, unha muller vendendo pan na praza, e un home cortando arbores.

Segundo consta no libro da autora onde se recollen estas fotografías despois de visitar Mondoñedo, seguíu a sua ruta pola Mariña cara Lourenzá , Foz, Ribadeo e Viveiro.

Nova xerencia do Bar O Porriño

O Bar O Porriño ten un novo xerente, Jorge Santamarina Martínez que vai seguir ofrecendo os mesmos servicios como ata agora. “Vamos a seguir apostando pola cultura na nosa cidade e facer deste local un lugar aberto, dinámico e que sirva de plataforma para tódolos artistas e creadores que desexen un espazo para exhibir as súas obras. No Porriño tedes as portas sempre abertas”, dixo Santamarina.

EXTRACTO DO DIARIO DE RUTH MATILDA ANDERSON AO SEU PASO POR MONDOÑEDO-1925

Mondoñedo, 27 de xaneiro

Esta mañá tiramos fotos da Catedral e dalgunhas escenas na rúa. Estamos enfeitizados por esta pintoresca vila de estreitas e sinuosas rúas e tendas limpas.

Despois de cear fomos ata o Mosteiro e tivemos sorte de que o mozo que nos levaba as maletas fose ben rexo, xa que unha parte do camiño era unha empinada costa arriba. Todo o que puiden facer eu carrexarme a min mesma e mais o trípode. Un dos cregos falaba inglés e ensinoume o sitio. A vista desde o mosteiro era magnífica e fixemos unha ou dúas fotos para a miña xente coa cámara Ica. A colleita está en marcha e as leiras vense preciosas ao longo de todo o val desde este alto.

Teléfono de información Jorge Santamarina: 675 51 74 57

muller vendendo pan :

Os Muiños, carretera que vai a Argomoso :

Panaderia :

rua san roque :

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

XXV concentración mototurística ruta N-634

Lleno total de la ciudad de Mondoñedo de moteros y  visitantes para acudir a la concentración de motos que año tras año se convierte en una de las más importantes de Galicia , la plaza de la catedral acogió a centenares de personas donde se celebró la exhibición de trial ofrecida por el motoclub enduro de Mondoñedo , calles repletas , un tiempo pefepto , Emilio Zamora dándolo todo en la avda de Buenos Aires , cena , queimada , concierto de mc kuin y un largo etc para un fin de semana inolvidable en el que Mondoñedo vibró con los amigos de las dos ruedas .

Ver fotografías

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

A concentración de motos de Mondoñedo poderase seguir en todo o mundo

Mondoñedo
03/03/2014

Os días 15 e 16 de marzo celebrarase en Mondoñedo a concentración
mototurística Ruta N-634 que este ano chega á súa vixésimo quinta
edición. O primeiro encontro tivo lugar no ano 1998 e non se organizou
nos anos 2004 e 2005. Na actualidade é a concentración decana de
Galicia, a máis antiga de todas cantas se convocan na actualidade.
Coñécese como “A invernal de Galicia” por celebrarse nesta
estación do ano e caracterízase, ao igual que outras citas moteiras
como Pingüinos ou Motauros, pola dureza no tocante a condicións
meteorolóxicas.
En edicións anteriores teñen participado motoristas de diversos
puntos da Península, o máis lonxano chegou desde Murcia e incluso
houbo participantes de Portugal e Francia.
O programa deste ano está cargado de actividades (tal e como se pode
ver no arquivo adxunto) entre as que destaca a exhibición acrobática
de Emilio Zamora, piloto de Ducati Stunt Team ou o cocerto de Mckuin,
unha banda ferrolá que versiona temas do mítico grupo Queen. Tamén é
de destacar a exhibición de trial que terá lugar na praza da Catedral
o sábado entre as catro e as sete da tarde e que correrá a cargo do
Motoclube Enduro de Mondoñedo. Outra das novidades desta edición da
Ruta N-634 é a emisión en directo por internet vía streaming das
actividades que se desenvolverán os días 15 e 16 de marzo. A través
da páxina web do motoclube (www.motomondonedo.com) poderanse seguir en
directo e deste todo o mundo (con acceso a internet) os actos que se
celebrarán na praza do Concello, praza da Catedral e avenida de Bos
Aires, incluso durante o desfile de antorchas, que terá lugar na noite
do sábado, unha das motos participantes levará unha cámara que
estará emitindo señal de video en directo. A dirección deste montaxe
corre a cargo do mindoniense Fran Bouso e conta coa colaboración e
apoio técnico da empresa de eventos Eventec e da de desenvolvemento
tecnolóxico Iproxecta.
O motoclube Ruta N-634, que preside Germán Bouso, agarda superar a
cifra de trescentos inscritos e a participación de máis de dúasmil
motos, cifras que xa se teñen acadado en edicións anteriores.

(Pincha no cartel pra velo a tamaño completo )

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate