As San Lucas celébranse en Mondoñedo dende o ano 1156

AS FEIRAS MÁIS ANTIGAS DE GALICIA PRESENTAN MOITAS NOVIDADES CULTURAIS E ARTÍSTICAS

Este ano terán lugar dende o 16 ao 20 de outubro

-Pablo López, ex concursante de Operación Triunfo , actuará en Mondoñedo, no único concerto anunciado ata o de agora en Galicia no que queda de ano

– A comisión organizadora quere potenciar  a chegada tradicional dos cabalos á cidade, cunha pantalla xigante na Praza da Catedral e a retransmisión en internet

Mondoñedo (Lugo), 18 de agosto de 2014. A comisión de feiras e festas das San Lucas xa esta rematando o programa de festexos deste ano. As feiras máis antigas de Galicia celébranse este ano dende 16 de outubro ata o dia 20.

 

Unha das novidades musicais desta nova edición é a actuación do ex-concursante de Operación Triunfo, Pablo López, un artista que esta arrasando por tódolos escenarios nos que actúa. http://www.pablolopezmusic.com/).

 

No que se refire ás orquestras “contaremos coas mellores de Galicia”, sinala Miguel Souto, Presidente da Comisión de festas. Estarán entre outras a PARIS DE NOIA , PALLADIUM, FANIA , FILADELFIA, NUEVA GENERACION , CLAXXON, MARBELLA  E TEKILA.

Ademais a organización esta traballando en “potenciar as emocionantes imaxes da chegada tradicional dos cabalos polas rúas da cidade ata a praza da Catedral”, relata Souto. Por iso explica que a comisión esta traballando para darlle maior difusión a este evento e dalo a coñecer cada vez a mais publico, “estamos estudando poñer unha pantalla na praza da Catedral para seguir o percorrido dende os montes e valles de Mondoñedo, con conexións cos cabaleiros no percorrido, e tamén estamos buscando a posibilidade de emitilo por Internet”.

 

18 de outubro, día grande, o cabalo é o protagonista


O día grande das San Lucas, o dia 18 de outubro, centos de reses chegadas de todo o noroeste peninsular danse cita na feira de gando tradicional mais importante de Galicia, que este ano conta con preto de 6.000 euros en premios. Tamén haberá os concursos tradicionais; como os morfolóxicos, Final da copa Galicia, Pura Raza Galega, Andadura, Trotons e todos eles cos seus correspondentes premios.

O Cartel das San Lucas deste ano xa esta listo, e realizouno como cada ano o artista mindoniense Xose Vizoso.

A comisión organizadora sigue traballando en pechar o programa de actividades, e este ano vai contar con mais actuacións e actividades lúdicas e culturais que se irá anunciando nos vindeiros días.

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate


Fotografías Mercado Medieval 2014

Ya tenemos publicadas una colección de las mejores imágenes de este Medieval 2014 , esperando que las disfrutéis por lo menos con la misma ilusión con la que paseo las calles Mindonienses con mi cámara para ofrecer la alegría de la ciudad a todo el mundo desde un medio como es esta página .

Ver fotos

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

 

Las mesnadas Mindonieses dan comienzo al Mercado Medieval 2014

Las mesnadas Mindonienses dieron comienzo a una nueva edición del Mercado Medieval , este año cargado de recuerdos para los que ya no están entre nosotros y que tanto trabajaron para que año tras año se convirtiera en una de las fiestas más importantes de Galicia.

Ver fotos

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

Presentación Voda Medieval de O Pasatempo

Este xoves 7 de Agosto, véspera do Mercado Medieval, e dentro das xornadas de cine ao aire libre en colaboración cos Xoves con Xeito, a AC O Pasatempo fará a presentación dun dos seus actos dentro do Mercado Medieval: a Voda Medieval polo rito mozárabe do domingo 10 de agosto. Unha serie de videos das participacións da asociación en anteriores edicións do Mercado Medieval, con especial énfase na voda medieval do ano 2013, que significou o estreno da Fonte Vella como lugar permanente para a celebración das vodas.
Outro bo motivo para asistir ás proxeccións e prepararse ante o inminente comezo do Medieval 2014.

 

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate