Carteles Quendas 2014

A partir de hoy miércoles comienzan las QUENDAS 2014 , con un montón de novedades , haciendo clic en cada cartel podéis ver por independiente cada uno de ellos y a tamaño completo.

Cartel orquestas :

Tríptico Quendas 2014 :

Cartel de ganado :

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

 

Semana santa 2014

Con la procesión de la Soledad damos por finalizado el reportaje fotográfico de la semana Santa Mindoniense ( hasta el año que viene )

Procesión de la Soledad

Ver fotografías

Procesión Santo Entierro

Ver fotografías


Procesión del Santo Encuentro

Este viernes santo se celebró en Mondoñedo la procesión del Santo Encuentro , con un día estupendo y un gran numero de fieles que se reunieron en la Fuente vieja para iniciar este acto religioso y seguir hasta la Alcántara donde termino como es de costumbre todos los años.

Ver fotografías

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

 

Novidades das Quendas 2014

Son os días 30 de abril, 1, 2, e 3 de maio en Mondoñedo

A HOMENAXE A MANUEL REDRUELLO, UN OBRADOIRO DE AMASADO ARTESANAL DE EMPANADA, UNHA CARREIRA POPULAR, UNHA EXHIBICIÓN HÍPICA DE SALTO E UN ROTEIRO POÉTICO, NOVIDADES DAS QUENDAS 2014


Este ano celébrase a XXXI  Festa da empanada, unha nova edición da gran Feira tradicional de gando cabalar, as III Xornadas da carne de poldro galego, o

Mercado de produtos do campo galego e a II concentración de autocaravanas

Tamén haberá Exhibición e Concurso Hípico de Salto, unha demostración de Showcooking de cociña, “Ruta Cunqueirana”, teatro, titeres, proxección de curtos e ruta de sendeirismo

A raíña das festas das Quendas 2014 é María Taboada Pena, e as damas son Natalia Novo Fernández e Melanie Lorigados Lozano

Mondoñedo (Lugo), 11 de abril de 2014. A tradicional feira das Quendas de Mondoñedo conta este ano con varias novidades como a celebración do I Obradoiro I Obradoiro de Amasado Artesanal, Elaboración, Enfornado e Cocido da EMPANADA na Alameda. Ademais a Comisión das Quendas tamén quere render unha homenaxe, cunha ofrenda floral, a un dos impulsores e promotores  da recuperación das feiras e  festas das Quendas, D. Manuel Redruello Suárez con motivo do seu 30 cabodano. Outro dos alicientes desta celebración será a carreira popular (9km), que se celebrará o sábado 3 de maio, e como actividade cultural destacada celebrarase un rueiro poético que percorrera as rúas da cidade.

As Quendas, que se celebraran os días 30 de abril e 1, 2 e 3 de maio, contará ademais con dous protagonistas de excepción, por un lado o mindoniense Fran Bouso será o pregoeiro desta nova edición das festas e por outro a actuación da televisiva cantautora asturiana Paula Rojo. A reina das festas das Quendas 2014 é María Taboada Pena,e as damas son Natalia Novo Fernández e Melanie Lorigados Lozano.

As festas arrancan o dia 30 de abril, e trala recepción das Autoridades no Concello, realizarase unha ofrenda floral no cemiterio vello ante a tumba de D. Manuel Redruello Suárez, con motivo do seu 30 cabodano. Miguel Souto dixo que a “Comisión de Festas quere agradecer deste xeito a labor desinteresada de quen foi o presidente da comisión que promoveu a recuperación destas feiras. Hoxe en día podemos dicir que As Quendas seguen vivas gracias a persoas coma Manuel Redruello que traballaron desinteresadamente por reivindicar e difundir a cultura de Mondoñedo”, explicou. Despois terá lugar no Auditorio Municipal o pregón de Fran Bouso, dinamizador cultural de Mondoñedo.

O dia grande das Quendas, o 1 de maio, comeza  no Campo da Feira coa Gran Feira tradicional de gando cabalar. Ás 11 da mañá haberá demostración de Ferrado de Cabalos a cargo de Noel Cortón. E a partir das 11:30h a Alameda dos Remedios será o escenario do I Obradoiro de Amasado Artesanal, Elaboración, Enfornado e Cocido da EMPANADA. “Será unha actividade aberta a tódalas persoas interesadas en coñecer o proceso de elaboración do pan e das empanadas, un dos produtos tradicionais de Mondoñedo. Con este evento queremos promover e dar a coñecer os segredos dun dos produtos estrela da nosa cidade. No Obradoiro participaran panadeiros de Mondoñedo”, relatou Miguel Souto.

O acento gastronómico das Quendas poñerao unha exhibición de Showcooking de cociña con Poldro galego na Alameda, no que se elaboraran 2 receitas, co fin de dar a coñecer as posibilidades deste produto á hora de cociñar. Este evento será realizado pola bogueira gastronómica Rocío Garrido Caramés quen recibiu o premio Gourmand World Cookbook pola súa publicación Cociñando coas razas autóctonas” .

Ademais durante tódalas festas poderase degustar nos bares de Mondoñedo e no Bar o “Bigotes” a  III Edición das xornadas gastronómicas da carne de poldro.

Poesía, titeres e sendeirismo

Pola tarde podemos gozar da xornada cultural con POEMAS NAS RÚAS, que percorrera as rúas co seguinte itinerario: saída da campa de Leiras Pulpeiro (cemiterio vello), Praza do Concello, Praza da Catedral, Fontevella, O Cristo e para rematar a Praza Jaime Cabot (duración aproximada: 1h30min). E ás 19:30h MONDOÑEDO É POESÍA “Recital Poético-Musical”, no Auditorio Municipal.

O dia 2 de maio o programa conta cunha “RUTA CUNQUEIRIANA”, guiada por Xosé Ruiz Rivas. Esta actividade está aberta a todo o público e guiará ao visitante polos lugares máis frecuentados polo xenial escritor mindoniense. A saída será da oficina de turismo ás 12h.

E pola tarde no Auditorio Municipal, 18.00h, Mircromina Títeres presenta:”Martín, Martín” un espectáculo de titeres e actor, ideal para gozar en familia, apto para tódolos públicos. E na Casa da Cultura, ás 19:30h, proxección de curtos, gravados en Mondoñedo polo realizador mindoniense Miguel García.

O sábado 3 de maio poderán gozar dunha RUTA  DE SENDEIRISMO “Ruta da auga” (9 Kms). Saída da Praza da Catedral ás 10:30h. Actividade aberta a todo o público (duración aproximada 1h30min – 2h). Ás 16:00 h No Polideportivo Municipal de Mondoñedo , Partido de Baloncesto Ed Lourenzá-Mondoñedo vs Mercedarias Hotel el Suiz de Ferrol.

No campo da Granxa terá lugar, ás 16:30 h, a  Exhibición e Concurso Hípico de Salto a cargo de Hípica Ecus de Lugo.

E ás 19:00h Carreira Popular pola Natureza, “ Ruta da Auga” (9 Kms. de percorrido). Saída da Praza da Catedral.Para inscribirse nesta competición pode facer mediante este blog http://carreirarutadaauga.blogspot.com.es/, ou ben no telef: 605 790091 ou no correo electrónico:raulbgra@gmail.com

Ás 22:00h concerto acústico de “ Paula Rojo” , no Auditorio Municipal Pascual Veiga . entrada 10€. O teléfono de reservas: 608 876 123.

E para rematar As Quendas o domingo 4 de maio ás 19:00 h Xoldra Teatro no Auditorio.

Para mais información Miguel Souto: 669 385 744

(Presidente da Comisión Organizadora das Festas)

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

 

Fotografías fiesta del árbol 2014

Este pasado sábado, 5 de Abril se celebró la fiesta del árbol con un  emotivo homenaje al tristemente desaparecido y presidente de la asociación cultural O Pasatempo  “Ramiro González Rivas”, fiesta que dicha asociación celebra todos los años con numerosas actividades para los niños y mayores, que concluye plantando un árbol.

Ver fotografías

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

 

Avance do programa das Quendas 2014

Celebraranse os días 30 de abril, 1, 2, e 3 de maio en Mondoñedo

A CANTANTE PAULA ROJO E O PREGÓN DE FRAN BOUSO PROTAGONISTAS DAS QUENDAS 2014

Tamén haberá a tradicional Festa da empanada, Feira Anual e exhibición de hípica

O concerto da televisiva Paula Rojo celebrárase no Auditorio o dia 3 maio e as entradas que terán un importe de 10 euros, serán reservadas mediante un telefono que a organización facilitara no seu momento

O pregoeiro mindoniense Fran Bouso destaca por ser un auténtico dinamizador da vida cultural de Mondoñedo

A Comisión Organizadora das festas anuncia que esta traballando en novos proxectos que se irán anunciando en vindeiras datas

Mondoñedo (Lugo), 3 de abril de 2014. A tradicional feira das Quendas de Mondoñedo celebrárase os días 30 de abril e 1, 2 e 3 de maio e contara con dous grandes protagonistas por un lado o mindoniense Fran Bouso será o pregoeiro desta nova edición das festas mindonienses, e por outro a actuación da televisiva cantautora asturiana Paula Rojo. Ademais a Comisión das Quendas anuncia que esta traballando en novos proxectos que se iran anunciando en vindeiras datas.

A comisión organizadora das Festas das Quendas quere subliñar de Fran Bouso “o compromiso fiel e desinteresado que sempre amosa por Mondoñedo. Para nosoutros é un autentico orgullo que este ano sexa o pregoeiro porque o seu traballo a prol de Mondoñedo e dos mindonienses é un autentico exemplo para todos nos”, explicou Miguel Souto Presidente da Comisión Organizadora.

O mércores dia 30 de abril comeza as festas co pregón de Fran Bouso e a Orquestra Satélites. O xoves 1 de maio celebrarase a feira anual no Campo dos Paxariños, festa da empanada na Alameda dos Remedios, e o ritmo musical correra a cargo da Orquestra Trebol. O venres 2 de maio actúa a orquestra Principal.

Para rematar as Festas das Quendas 2014 o sábado dia 3 de maio haberá exhibición de hípica (concurso de salto) que se celebrará no recinto da Granxa, actuación na Alameda dos Remedios da Orquestra Los Players e o concerto estelar no Auditorio de Mondoñedo da cantante de Paula Rojo.

Fran Bouso un pregoeiro dinamizador da vida cultural de Mondoñedo

Fran Bouso. Mondoñedo (1976). Mestre; colaborador de diversos medios de comunicación; dinamizador cultural, foi técnico de Cultura, Prensa e Protocolo do Exmo. Concello de Mondoñedo; antigo directivo da Asociación Cultural “Leiras Pulpeiro” e secretario da A. C. “Monfadal”; clarinetista na Banda de Música “Pascual Veiga” de Mondoñedo e colaborador da Orquestra de Cámara de Xove. Formou parte do Orfeón da Sociedade de Obreiros e do Coro Municipal de Monforte de Lemos. Membro do comité executivo de Feiramostra “As San Lucas”. Coordinador do Grupo Literario Leiras Pulpeiro.Actualmente traballa no C.E.I.P. de San Clodio (Ribas de Sil).


Actuación da televisiva Paula Rojo nas Quendas

A cantante asturiana Paula Rojo (Oviedo, 1990), presentará nas Quendas o seu álbum debut “Érase un sueño”. A cantautora asturiana de country e pop acadou popularidade trala súa participación na primeira edición do programa de televisión musical La voz (España), emitido por Telecinco. Rojo colaborou con músicos como Ramón Arroyo (Los Secretos), Juan Carlos Fuguet, Raúl Márquezo do grupo”The Wild Horses”. O concerto celebrárase no Auditorio de Mondoñedo, o dia 3 maio, e as entradas que terán un importe de 10 euros, serán reservadas mediante un telefono que a organización facilitara no seu momento.


Para mais información Miguel Souto: 669 385 744

(Presidente da Comisión Organizadora das Festas)

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

 

Festa da Árbore

“FESTA DA ÁRBORE”

(adicada a Ramiro González Rivas)

Coma tódolos anos dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a chegada da primavera con unha xornada de actividades para pequenos e maiores que terán lugar o vindeiro sábado día 5 de abril en Mondoñedo.

A partir das 11 da mañá na Praza Jaime Cabot (Alcántara) de Mondoñedo inicianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades con globoflexia e pintura facial. Dende as 11:30 celebraranse xincanas infantís e xogos populares para todas as idades coa colaboración do técnico de deportes do concello Raúl González-Redondo. Haberá varias tandas de participantes divididos por idades. Finalmente arredor das 13:30 plantarase a árbore na propia Praza Jaime Cabot acompañando o acto con música. Ademais, durante toda a mañá estarán expostos os debuxos participantes no “III Concurso de Debuxo da Árbore”, realizado no CEIP Álvaro Cunqueiro e na Gardería Galiña Azul de Mondoñedo, de onde sairon os 2 debuxos gañadores para ser o cartel da festa.

A edición deste ano honra ó tristemente desaparecido presidente da Asociación Cultural O Pasatempo, Ramiro González Rivas, adicandolle cunha placa a árbore plantada na festa.

Como curiosidade, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios baixo pena de multa a quen non o cumprise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.

Organiza: A.C. O Pasatempo

Colabora: Concello de Mondoñedo

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate