Semana Santa 2016

Esta a piques de comenzar a Semana Santa Mindoniense con un Domingo de Ramos bastante pasado por auga , deixamos aquí o programa dos actos litúrxicos e intentaremos recoller as millores imáxes pra seguir mostrando pouco a pouco o vivir é o sentir de Mondoñedo.

Programa
A Venerable Orde Terceira presentou o programa que comezará o sábado 19 de marzo, coa lectura do pregón, ás 21:00 horas, na Casa da Xuventude e que pronunciará o M. Il. Sr. D. José María Díaz Fernández, deán emérito da Catedral de Santiago. Celebrarase ademais un concerto do Orfeón Mestre Pacheco.
En canto aos actos litúrxicos:
O Domingo de Ramos, ás 11:30 horas iniciarase a procesión na Igrexa de Santiago ata a Catedral, onde se celebrará a Misa da Pasión do Señor e a Bendición de Ramos. As 19:30 é a Procesión do Ecce Homo,  que sae da Igrexa da Venerable Orde Terceira, coa participación de imaxes portadas por nenos que saen do Convento da Inmaculada Concepción.
O Martes Santo, a Misa Crismal (Día do Sacerdocio e da bendición dos Santos Óleos), será ás 12:00 horas, na Catedral, e presidida polo Excmo. Sr. D. Alfonso Carrasco Rouco, Obispo de Lugo.
O Mércores Santo, ás 19:00 horas, celebrase o Via Crucis cara o Mosteiro dos Picos.
O Xoves Santo, ás 17:00 horas, misa da Cena do Señor na Catedral, e ás 21:00 horas, é a Procesión do Prendimiento. Os pasos desta procesión saen da Igrexa dos Muíños ata a Igrexa da Orde Terceira.  Ás 23:00 horas é o acto de Adoración Eucarística.
O Venres Santo, ás 10:30 horas, é a procesión do Santo Encontro, que sae da Igrexa da Orde Terceira e celébrase na zona da Fonte Vella, con tallas do século XVII e XVIII. Ás 12:00 horas, Via Crucis no claustro da Catedral. As 17:00 horas, misa da Celebración da Pasión do Señor, presidida por D. Antonio Rodríguez Basanta, Administrador Diocesano. Ás 18:00 horas, celebrase a Procesión do Santo Enterro, procesión dos homes, que sae da Catedral, e na que participan a urna co Cristo Yacente ou a Cruz do S. XII, mentres que ás 21:00 horas, é a Procesión da Soedade, que tamén sae da Catedral, na que soamente participan mulleres, e durante a cal se pode escoitar o Plorans do Mestre Pacheco, que soamente se pode executar en Mondoñedo e na Capela Real de Madrid.
O Sábado Santo, ás 23:00 horas, é a Vixilia Pascual coa bendición do fogo e procesión co Cirio Pascual na Catedral, ademais do canto do Pregón Pascual,  Bendición da Auga e celebración da Eucaristía.
O Domingo de Pascua, ás 12:00 horas, é a misa de Resurrección na Catedral.

Fotografías homenaje a Manuel Araújo

En la tarde noche de ayer se celebro en el Auditorio Pascual Veiga un bonito y emotivo homenaje al Mindoniense Manuel Araújo , en el evento presentado por Fran Bouso participaron voces tan importantes del panorama musical como , Silvia Campos , Arcadio Mon y José Manuel ¨Malelo¨entre otros artistas como Paco Piñeiro ,   María Paz Rodríguez y Belén Ramos

Ver fotografías

Volver

O Concello homenaxea este sábado ao músico Manuel Araújo polo 25 aniversario do seu pasamento

O Concello de Mondoñedo organiza este sábado 12 de marzo unha homenaxe ao músico Manuel Araújo, polo 25 aniversario do seu pasamento. O acto será ás 20:00 horas no auditorio municipal Pascual Veiga da localidade e estará presentado por Fran Bouso.

O edil de Educación, Alberto García, explica que o programa inclúe unha exposición fotográfica sobre Manuel Araújo de quen destaca que “inculcou a música a rapaces e rapazas do seu barrio”. Toño da Tasca foi o encargado de ceder o material fotográfico sobre o artista e o cronista oficial de Mondoñedo, Antón Reigosa, fará unha breve reseña bibliográfica do músico mindoniense.

Os asistentes poderán desfrutar dun recital de poesías da man de Belén Ramos e Arcadio Mon, ademais dun concerto musical coa participación de Silvia Campos, Arcadio Mon, Sito Sedes e José Manuel ‘Malelo’.

Ademais de músico, Araújo tamén foi creador teatral, polo que este sábado representarase no auditorio unha das súas obras, interpretada por Paco Piñeiro e María Paz Rodríguez.

Pola súa banda, o Concello faralle entrega á familia de Araújo dunha placa conmemorativa.

Manuel Araújo

Manuel Araújo foi unha figura polifacética e moi versatil. Naceu en Portugal pero a vida tróuxoo a Mondoñedo con poucos anos. “Cunha infancia complicada foi un home que se fixo así mesmo, con inquietudes que sorprendían a todo aquel que se atopaba polo seu camiño”, reseña Alberto García.

Araújo non foi só músico, senón que tamén foi creador teatral e actor en xéneros tan dispares como o dramático e o cómico e formaba parte dun dúo cómico. Dentro do seu carácter polifacético, o edil tamén engade que foi porteiro de fútbol do daquela “moi importante equipo”, o Luarca F.C., ao que se suma o seu carácter empresarial, xa que nos últimos anos da súa vida rexentou un bar, “que podemos comparar co tipo de establecemento que aglutinaba a cultura local, como podía ser a Barbería do Pallarego”, di o concelleiro.

Polo tanto é, matiza Alberto García, dende o punto de vista da cultura popular, “unha figura merecente dunha homenaxe como a que vai ter lugar este sábado, que todos os mindonienses, especialmente os máis novos, debemos de coñecer”.

Homenaxes a personaxes mindonienses

Por último, o edil indicou que é intención do Goberno local, “facer homenaxes a persoeiros menos coñecidos da nosa cidade, pero que a súa actividade ten contribuído a facer un Mondoñedo máis grande, moitas veces en igual medida que os nosos ilustres con máis sona, como poden ser Álvaro Cunqueiro, Pascual Veiga ou Leiras Pulpeiro”.

Alberto lembra que dende o Concello puxéronse xa en marcha outras homenaxes a representantes de distintas artes culturais, como á actriz Manuela Rei, coa celebración durante este 2016 dun ciclo de teatro, os últimos sábados de cada mes; ou á de Victoriano López García, “mindoniense que dedicou a meirande parte da súa vida ao mundo do cine”.

volver