O equipo redactor do Proxecto Retinae avanza nas accións que aproveitan os novos formatos audiovisuais para a posta en valor do patrimonio mindoniense

O equipo redactor do Proxecto Retinae avanzou esta fin de semana nas accións que se están a desenvolver no marco desta iniciativa innovadora que aproveita os novos formatos audiovisuais para poñer en valor o patrimonio histórico, turístico e cultural de Mondoñedo. En concreto, expertos e alumnos das Universidades Rei Juan Carlos e a Universidade a Distancia de Madrid analizaron na localidade as posibilidades que ofrecen os novos formatos audiovisuais (realidade virtual, realidade aumentada, formatos envolventes en 360 grados e imaxes tomadas con drons), co obxecto de poñer en valor o patrimonio histórico, artístico e cultural, sobre a base das novas tecnoloxías.

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, manifestou a súa satisfacción co desenvolvemento deste proxecto, que se está a levar a cabo ao abeiro do convenio asinado coa Universidade Rei Juan Carlos e a Universidade a Distancia de Madrid, por un período inicial de cinco anos e que, polo tanto, conta coa colaboración e o respaldo de diferentes institucións académicas e profesionais.

Neste eido, a rexedora avanzou que “está todo listo para presentación en Málaga deste proxecto que busca a boa posición de Mondoñedo e dos seus recursos dentro do eido turístico”. Candia lembrou que nesta primeira fase “están a poñer todas as ferramentas das novas tecnoloxías ao servizo da cultura e do turismo da cidade”, resaltando, engade, “dunha forma chamativa  e innovadora o noso patrimonio histórico e facendo así máis atractivo o noso turismo”.

A alcaldesa destaca que dende o Concello “apostamos fortemente por un proxecto aberto que pode crecer exponencialmente en diferentes direccións e que constitúe unha fiestra ao futuro, para dar a coñecer o noso concello, os seus recursos e as súas características que o dotan dun forte potencial turístico que debemos saber aproveitar”.

Accións enmarcadas no proxecto Retinae

En relación ao proxecto, Candia lembra que “o contido principal desta proposta innovadora está constituído por gravacións aéreas con drons, tomando fotografías e inmortalizando en vídeo diferentes zonas da cidade. Por exemplo, a tecnoloxía da Realidade Aumentada empregase para crear diferentes modelos en tres dimensións de edificios e persoas emblemáticas; e a cámara de 360 grados serve para gravar lugares importantes de Mondoñedo e que poden ser explorados en todos os ángulos.Ademais, no marco deste convenio desenvólvense outras accións como a conferencia celebrada este venres na localidade, durante a que profesionais expertos no eido da comunicación dixital e da historia contemporánea explicaron as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías ao servizo da divulgación dos produtos e dos eventos locais. En concreto, fixeron fincapé nas redes sociais e na internet, como ferramentas para vender ao servizo do pequeno e mediano comercio, produtores artesanais e eventos culturais.

Por último, Candia tamén lembrou que está previsto que este proxecto se desenvolva internacionalmente, especialmente en países como China e en plataformas locais como Baidu, principal buscador en China.

volver

 

 

 

 

 

 

 

‘O mellor recuncho de Mondoñedo’, o novo concurso de fotos do Concello do que sairá o calendario municipal para 2017

O Concello de Mondoñedo vén de convocar o concurso ‘O mellor recuncho de Mondoñedo’ que baixo o lema ‘Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta’, ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2017 coas mellores fotografías de recunchos da localidade.

Os destinatarios da iniciativa son todos os alumnos do Instituto de Educación Secundaria San Rosendo aos que a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, convida a participar a no envío de fotografías ao Concello. Entre as imaxes recibidas, un xurado profesional elixirá doce, unha por cada mes do ano, para a creación do calendario de 2017

O alumnado poderá facer chegar a imaxe do seu “lugar favorito de Mondoñedo, aquel que máis lle guste ou máis sentimento e vivencias lle transmita”, explica Candia, ao Concello a través do enderezo electrónico concellomondonedo@gmail.com ou do postal Concello de Mondoñedo. Praza do Concello nº1. Mondoñedo, ata o día 30 de novembro.

O xurado, encargado de seleccionar as fotos dos mellores recunchos de Mondoñedo, estará composto por persoal da oficina de rehabilitación e fotógrafos profesionais. Pola súa banda, os autores das fotografías seleccionadas recibirán como premios un lote de libros “e algunha sorpresa a maiores”, engade a rexedora, ademais de que o nome dos galardoados figurará no calendario como autores das imaxes.

Elena Candia amósame moi contenta con esta iniciativa xa que “nos permite desenvolver o sentimento que temos pola nosa cidade, polos lugares que nos traen os nosos mellores recordos, por aqueles que máis sentimos ou polos que simplemente máis nos gustan”. Polo tanto, Candia  destaca o aspecto “sentimental” desta iniciativa xa que “permitirá aos participantes mergullarse nas súas vivencias na cidade e no rural, recorrer os recunchos que máis lles apaixonen e facelo en complicidade coa familia”.

volver

Magosto Mondoñedo

A Asociación Cultural O Pasatempo de Mondoñedo celebra este sábado 29 de outubro un Magosto popular na Plaza do Concello de Mondoñedo.Desde as 20h, as castañas asadas serán as protagonistas dunha festa onde non faltará o viño e o chocolate para os máis pequenos, que pola tarde terán o seu Samaín particular da man da Asociación Xuvenil Xoldra. Ademais, a Asociación Gaita Escola de Mondoñedo acompañará coa súa música a actividade.”

San Lucas 2016

Día de las San Lucas

 

Ver álbum

Voces da Paula

Ver álbum

Orquesta Principal

Ver álbum

Concierto de Cristina Pato y Susana Seivane en la Catedral de Mondoñedo

Ver álbum

Pregón pronunciado por Susana Rodríguez Gacio y actuación del coro Mestre Pacheco

La lluvia no hizo mella en la fiesta mas importante de Galicia como son las San Lucas en esta edición de 2016 , el Pregón pronunciado por Susana Rodríguez Gacio y la actuación del coro Mestre Pacheco de Mondoñedo fue el punto de partida de estas fiestas.

Ver fotos

Vídeo de la inauguración de las San Lucas 2016