Resumo II Encontro de Participación Cidadá en Mondoñedo.

En primeiro lugar queremos agradecer a boa disposición e o bo talante de diálogo expresado pola Sra. Alcaldesa e demais membros da Corporación Municipal. E a asistencia e respetuosidade dos representantes das asociacións e do público que acudiron ao Encontro, o que facilitou a labor dos voceiros que tamén actuaron de moderadores. A reunión comezou as 20,30 horas e rematou a carón das 23 horas.

Explicouse o convenio do Proxecto  Retinae de divulgación da cidade a través das novas tecnoloxías   e que se poñería a disposición das asociación mediante envío de copia por correo electrónico .

Co respecto ao Camiño Norte evaluaronse os novos trazados e as problemáticas a corrixir  no seu tránsito pola antiga Calzada Romana e pola Infesta. E  se espera a notificación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural sobre o Estudo que se comprometeu a facer da Variante Marítima pola Basílica de San Martiño de Mondoñedo. Tamén se agarda corrixir deficiencias no Centro de Interpretación do Camiño Norte e dos escritores e músicos que ampliará en horario de mañá e tarde a atención ao publico e aos peregrinos. Agardando se faga a inauguración pública o antes posible.  A sra alcaldesa nos informou que a exposición sobre a Imprenta se trasladará a Casa dos Cóengos onde se prevé facer un Museo especifico sobre a mesma, incorporando outras máquinas e utensilios cedidos por Fernando López de Suc. De Mancebo.

Falouse da nova sinalización turística e da corrección de erros nas sinais, suprimindo ou mellorando algunha das antigas referentes a Cova do Rei Cintolo que pertencen a Deputación. Tamén houbo o compromiso de ampliar as que sinalizan o Aparcamento da Alcántara e reivindicar ante o Ministerio de Fomento a indicación na Autovía  na zona de Curros, da entrada a Mondoñedo pola Lu 124.

Tamén os representantes da Corporación Municipal quedaron en facer as xestións ante o Ministerio de Medioambiente para tratar de conseguir a aprobación do aumento de trazado do Camiño Natural de San Rosendo que  facilitaría un paseo fluvial a carón do río Masma, demandado desde fai moito tempo ao ser Mondoñedo  un dos poucos concellos da Prov. de Lugo que carecemos deste servizo.

Co respecto ao Roteiro “Leiras Pulpeiro” a corporación ofreceuse a colaborar na replantación e amaño da Area de “A Fervenza”  o mesmo que se lle vai a solicitar ao Departamento Forestal do IES San Rosendo tras entrevista mantida coa súa directora.Tamén nos informaron que estaban en contacto con unha Empresa para facer o análise fisico-quimico das augas sulfurosas co que se podería obter a certificación de” Fonte de Utilidade Pública” e poder acometer obras de mellora. As asociacións e colaboradores  da  Plataforma comprometéronse a seguir traballando no mantemento da zona e tamén a contactar cos propietarios das fincas do Castro da Recadieira para solicitarlles o poder limpar o seu entorno. Outra posibilidade que se analizou foi a de conveniar coa Fundación Alcoa, para solicitar axuda para o amaño das antigas fabricas “Electricista Mindoniense”  (unhas das mais antigas de Galicia 1892-1906) e que puideran servir de atractivo etnográfico-industrial.

Falouse de establecer un calendario das Feiras e Festas de interese turístico empresarial e se analizou a proposta de potenciar os Mercados locais mediante a celebración dun mercado de produtos agroalimentarios e artesanais  da zona, complementado con actividades lúdicas paralelas o primeiro domingo de mes.

Co respecto a instalación de novas empresas no Poligono Industrial a Corporación comprometeuse a tratar de conseguir abaratar as parcelas do SEPES e facilitar as instalacións nas parcelas que pertencen ao Concello . Tamén se nos informou que mantiveron varias reunións cos propietarios de FiNSA con vistas a reindustrializar as suás instalacións e incluso se barallou a posibilidade  de adecuar un Polígono Industrial dentro das instalacións de ECAR.

O proxecto de reforma da Praza da Catedral e recuperación de parte do antigo Cantón someteuse a unha ampla análise por parte da alcaldesa e  dos asistentes, considerando que dada a importancia da obra e do lugar que ocupa fronte a Catedral, declarada Patrimonio da Humanidade, que era preciso  encargar unha maqueta virtual da obra prevista, para poder analizar e opinar con mellor información como quedaría o proxecto.

En canto a Casa –Museo “Alvaro Cunqueiro” as obras de remodelación seguen os prazos previstos e a Corporación comprometeuse a tratar de impulsar a posta en marcha da Antiga Fundación, recuperando os Estatutos e tratando de incorporar novas persoas a mesma que poidan axudar desde fora aos proxectos  de Mondoñedo vinculados a figura e facetas  do insigne escritor, que no caso dos propostos:  Francisco Cal Pardo e Felipe Debasa,  xa están colaborando noutros proxectos a prol de Mondoñedo.

Tamén se nos informou do proxecto de construción dun Aparcamento nunha finca  a carón da Igrexa Nova , servizo moi demandado ao eliminarse o da Praza da Catedral, que tería aceso a través do Calexón de Casas Novas e da Rúa do Camiño Norte. Deixamos aquí  tamén a suxerencia que   si isto se leva a cabo, da construción dunha rúa de enlace co aparcamento que unise as rúas Pardo de Cela e Camiño Norte aproveitando o calexón que discorre a carón dos terrenos da Granxa do IES San Rosendo, que daría un bo servizo e sanearía este espazo.

Se nos informou dos planes respecto a Aldea de Vilar de poñer en marcha o Museo da Prehistoria  e de apoio a Cova do Rei Cintolo (elemento  Natural de gran importancia e recurso turístico e deportivo singular para a comarca, que ao final do Encontro suscitou un debate sobre o seu aproveitamento entre os asistentes,  a proposta do representante dunha asociación). Tamén se nos informou que venceu o Convenio da Deputación (cumpriu 26 anos) sobre o Pazo de Bon Aire reivindicándose o amaño do mesmo polo Ente Provincial, tal como se había cedido para un proxecto de rehabilitación de toxicómanos e que ardeu fai varios anos. O mesmo se pide para as instalacións do antigo Mirador de Turismo que pertencen a mesma Institución e que da unha mala imaxe a entrada de Mondoñedo na moi transitada N634. Co respecto ao Mosteiro dos Picos que se amañou a cuberta e se conveniou  para a creación dunha Escola de Restauración, o proxecto quedou estancado e habería que tratalo co recen nomeado Sr. Bispo da Diocese.

Tamén se analizaron as problemáticas e solucións para as casas e fincas abandoadas e mellorar os servizos públicos de iluminación e recollida de lixo no casco e nas parroquias do rural. Co respecto a confección e colocación de Placas se quedou en indagar as persoas que teñen as distincións de fillos predilectos e adoptivos para non discriminar a naide . En canto as colocacións unha suxerencia e facer unha placa Conxunta na que figuren  todos e colocala nun lugar emblemático ( por exemplo no Recebedor do Concello)… (a similitude como teñen noutros organismos exemplo o IES San Rosendo ou no Seminario donde figuran tódolos directores ou Reitores).

Rematamos voltando a agradecer a boa disposición e o clima de diálogo dos membros da Corporación e das asociacións , que nos da pe a organizar  o III encontro en novembro do 2017, agardando e confiando que as propostas e proxectos se leven a cabo e teñan gran éxito en beneficio das xentes da Comarca de Mondoñedo.  Sentímonos orgullosos desta  iniciativa pioneira que coidamos enriquece o debate aportando diferentes puntos de vista, facendo que a cidadanía se sinta  vinculada ao Concello  e aos seus proxectos

volver

 

 

 

 

 

 

II Encontro de participación cidadá

A PLATAFORMA CIDADÁ  “COMARCA DE MONDOÑEDO UNIDA” Promove o           II ENCONTRO DE PARTICIPACION CIDADÁ  COS REPRESENTANTES DA CORPORACION MUNICIPAL DE MONDOÑEDO: Alcaldesa e concelleiros do P.P. B.N.G. e P.S.O.E.                                                                                                                       DATA: XOVES 17  DE NOVEMBRO DE 2016  AS 20,30 HORAS NO SALON DE PLENOS DO CONCELLO. (ASISTENCIA LIBRE).

Orde do día. TEMAS E PROXECTOS A TRATAR:                                                                       URBANISMO-CULTURA.                                                                                                                   Proxecto de remodelación da Praza da Catedral e recuperación do antigo CantónVoc.Vicente  Gzlez  Casa-Museo  Álvaro Cunqueiro. Situación actual do proxecto. Reactivación da antiga Fundación ou creación dunha nova fundación ou Padroado. Voc. Luis Fdez Ansedes  Aparcamentos a carón da Praza da Alcántara e da Igrexa Nova.  Voc. Angel Marful.

Lugares e edificios emblemáticos: Situación actual da aldea-museo de Vilar, do antigo complexo hoteleiro do Mirador dos Paredóns, do Mosteiro dos Picos, do Pazo  “Bon Aire” de Masma, do Castro de Zoñán …Casas abandoadas… Estratexias. Voc. Wilma Leivas                                                                                      TURISMO-MEDIOAMBIENTE-INDUSTRIA

Convenio coa Universidade Rei Juan Carlos e UDIMA. Proxecto RETINAE. Voc   Julieta Vargas Camiño Norte de Santiago: Centro de Interpretación da Alcantara -Museo de Escritores -Músicos e da Imprenta. Inauguración Oficial. Análise dos novos trazados na Comarca de Mondoñedo pola antiga Calzada e pola Infesta. Estudo oficial da Variante Marítima do Camiño Norte. Voc  Luis Fdez Ansedes     Sinalizacións Turísticas no casco histórico, dos accesos aos aparcamentos e da entrada a Mondoñedo desde Curros. Voc. Angel Marful      Ampliación de trazado do Camiño Natural de San Rosendo a carón do río Masma. Paseo Fluvial.Voc  – Ana Arias  Roteiro turístico-literario “Leiras Pulpeiro”: Remodelación e plantación da Area Recreativa  de “A Fervenza”. Fonte Medicinal e Castro de “A Recadieira”. Antigas fábricas “Electricista Mindoniense”.  Ruta da Auga e Roteiros na Fraga Vella… Voc  Luis Caselas   Feiras e Festas de Interese turístico e empresarial: “As Quendas” “Feiramostra artesanal e agroalimentaria de Os Muiños” “Feira das Carmiñas- Festa da Ensalada”  “Mercado medieval” “ As San Lucas” Potenciación de Mercados Locais … Análise, Calendario, Estratexias Voc. Julieta Vargas       Análise da situación de ECARFIMSA e da  instalación de novas empresas no Polígono Industrial de Xiros. Estratexias. Voc.  Wilma  OUTRAS PROPOSTAS : –Problemáticas no Casco Urbano: Iluminación, amaño e limpeza de rúas, de fincas abandoadas…   Problemáticas das parroquias da zona rural. Voc  Luis Fdez Ansedes Confección e  Colocación de placas aos ilustres mindonienses nomeados fillo  predilecto  e fillos adoptivos)  D.Ricardo Pedreira Pérez  e D. Enrique Cal Pardo e D. Juan Puchades Quilis Voc. Vicente Gzlez Redondo.

volver

Elena Candia resolve a débeda que o anterior Goberno municipal mantiña coa Deputación de Lugo

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, revolve a débeda que o anterior Goberno municipal mantiña coa Deputación de Lugo, froito dun convenio mediante o cal a institución provincial concedía un anticipo de 33.000 euros para financiar unha achega aos investimentos municipais para darlle accesos ao Barrio de Pausalido (Argomoso).

Este convenio foi asinado no ano 2013 pola daquela vicepresidenta da Deputación provincial, Lara Méndez, hoxe alcaldesa de Lugo, e polo tenente alcalde, Modesto Díaz, ambos do mesmo partido, o PSOE.

O anticipo fíxose, tal e como recolle o convenio, porque o Barrio de Pausalido sufriu unha situación de emerxencia como consecuencia dun fenómeno natural gravoso, como foi un derrubamento. Pese ao acordo, que obrigada ao Concello a facer a devolución da achega en tres anualidade de 11.000 euros, o Goberno local só chegou a facer un ingreso.

A rexedora lamenta este novo erro de xestión do anterior equipo de Goberno, ao tempo que confesa sentir “vergoña” porque a Deputación, daquela gobernada polo socialista José Ramón Gómez Besteiro, concedera un crédito e non asumira o pagamento íntegro desta situación que podería ser considerada de xustiza social e que incluso beneficiaba a escolaridade dunha nena, afectada pola situación da estrada.

A popular censura que o Goberno de Besteiro gastara recursos públicos sen criterio cando en Mondoñedo existiu unha necesidade real de arranxar un camiño e que non facelo afectaba incluso á escolaridade dunha menor.“Resolvemos a cantidade prestada, non sen recoñecer certa vergoña porque a Deputación actuara deste xeito con Mondoñedo. Nun momento, cómpre recordar, que ademais tanto o PSOE como o BNG compartían responsabilidades de Goberno tanto na Deputación como na localidade”, conclúe a popular.

volver

X Concurso de Tapas Concello de Mondoñedo

O Concello e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIAM) organizan o X Concurso de Tapas Concello de Mondoñedo, que se celebrará a fin de semana do 25, 26 e 27 de novembro. Haberá animación musical polas rúas da cidade e celebraranse sorteos entre os participantes.

volver