O pasado sábado 29 de novembro, Masma viviu unha xornada festiva na honra a San Andrés e á Inmaculada Concepción. A misa e procesión abriron o día, seguidas dun vermú animado polo Dúo Élite. Ás 15:00, veciños e visitantes compartiron un xantar popular con cocido completo, organizado por Catering Sarridal. Pola tarde e noite, a carpa calefactada acolleu dúas sesións musicais con Dúo Élite e Grupo La Tremenda, sorteos incluídos.
🎶 E xa pola noite, na Sala… música en directo!
Tamén o sábado 29, máis tarde, Disco Pub A Sala acolleu a actuación de Álex Barreira e Carlota Allo, dentro da XVIII Ruta de Tapas. Unha proposta íntima e vibrante que puxo o broche musical á noite.
📸 As fotos de Álex e Carlota son cortesía de Manolo da Farmacia.
O outono chega con forza a Mondoñedo, e con el volve unha das citas máis queridas pola veciñanza: o Magosto Tradicional, que se celebrará o sábado 8 de novembro de 2025 na Praza do Concello. Desde as 18:00h, os máis pequenos tomarán as rúas do centro co seu “Truco ou Trato de Samaín”, enchendo de risas e disfraces a vila. E ás 19:30h, comezará o magosto propiamente dito, cunha proposta que mestura sabor, música e tradición: castañas asadas, viño, chocolate quente e a actuación da artista María Raxeta, que porá ritmo á noite. Este magosto é moito máis ca unha festa: é un reencontro, unha homenaxe á cultura popular, e unha mostra de que seguimos vivos, unidos e orgullosos da nosa terra.
🟣 Despois do Magosto… prepárase o Breasón! Mondoñedo non baixa o ritmo. Logo de compartir castañas, viño e tradición na Praza do Concello, a cidade énchese de enerxía para acoller o Breasón ’25, un festival alternativo, diverso e cheo de propostas culturais que terá lugar o 8 de novembro. A carpa instalada para a ocasión será o epicentro dunha xornada intensa e gratuíta, con concertos, obradoiros, catas, roteiro, habitación de escape, acampada interior e moito máis. Todo pensado para que a xente nova —e a non tan nova— viva Mondoñedo dun xeito diferente, creativo e participativo. O cartel musical é potente: Biznaga, Grande Amore, 9Louro, Malvela, Señora DJ, Femfarria, María Raxeta e Meniñ@s da Mariña poñerán banda sonora a unha noite que promete ser memorable. E como non podía faltar, tamén haberá magosto e foliada, para que a tradición siga presente entre os ritmos contemporáneos. O Breasón é moito máis ca un festival: é unha celebración da cultura libre, da música que une, da creatividade que transforma. Mondoñedo volve estar en festas, e ti tamén formas parte.
San Lucas 2025: emoción, tradición e espectáculo nunha edición para lembrar
Bueno, pois xa non teño moito máis que dicir das San Lucas deste ano 2025… ou si: ESPECTACULAR. En participación, en actuacións, en organización… todo estivo á altura dunha festa que medra e emociona cada vez máis.
Dentro do que puiden, penso que deixei uns bonitos reportaxes —quizais non de todo— pero tamén é importante disfrutar das festas sen estar sempre detrás do foco. Porque as San Lucas tamén son para vivilas, sentilas e compartilas.
🐎 E como non, pechamos coa tradicional doma nocturna celebrada diante da Praza da Catedral, protagonizada por Miron Bococci. Xa leva uns anos vindo, e sinceramente, non me canso de velo. Un espectáculo visual e emocional que pon o punto final perfecto a unhas festas inesquecibles.
Grazas a todos por seguir, compartir e vivir estas San Lucas 2025. Ata o ano que vén… e que sexa aínda mellor! 🎉🐴
Unha feira histórica nas San Lucas 2025: calor, xente e tradición a rebordar en Mondoñedo
Chegamos ao día grande da feira das San Lucas 2025 cun ambiente absolutamente impresionante. A mañá presentouse calorosa e luminosa, e as rúas de Mondoñedo ateigáronse de xente desde primeiras horas, nunha das edicións máis concorridas que se lembran. Aínda que todos os anos a feira reúne moita participación, este 2025 superou todas as expectativas. A sensación compartida entre veciñanza e visitantes é clara: as San Lucas medran ano a ano, consolidándose como unha das festas máis emblemáticas de Galicia. 📸 As imaxes que acompañan esta publicación son cortesía de mondoñedo.net, que capturou á perfección a esencia desta xornada única. 🎥 E se queredes ver máis fotos e vídeos das San Lucas 2025, podedes visitar o seguinte enlace: 👉 Ver máis contido audiovisual das San Lucas 2025 Seguimos celebrando, compartindo e vivindo a festa como se merece. Mondoñedo está máis vivo ca nunca!
Efecto Mariposa fai vibrar a Praza do Seminario nunha noite inesquecible das San Lucas 2025
Na noite do venres, a Praza do Seminario de Mondoñedo converteuse nun auténtico escenario de emoción e música coa actuación de Efecto Mariposa, un dos concertos máis agardados das San Lucas 2025.
Desde os máis novos ata os seguidores de toda unha vida, o público entregouse por completo, cantando e bailando cada tema como se fose o primeiro. A banda demostrou que os bos grupos nunca morren, e que a boa música mantense viva xeración tras xeración.
A conexión entre artistas e público foi total, creando unha atmosfera máxica que quedará gravada na memoria de todos os presentes. Unha noite de enerxía, sentimento e celebración que reafirma o espírito das San Lucas.
A Baixada dos Cabalos nas San Lucas 2025
Un momento máxico diante da Catedral de Mondoñedo
Centos de animais atravesaron as rúas históricas da vila, pasando por diante da nosa impoñente catedral, nunha escena que mestura tradición, beleza e identidade.
A carroza das Sanluqueiras abre camiño ao pregón das San Lucas 2025 con música e emoción
Ás oito e media da noite, a praza do Concello de Mondoñedo encheuse de ambiente festivo coa saída da carroza das Sanluqueiras, acompañada pola comitiva oficial, autoridades locais e o pregoeiro deste ano: Carlos Folgeira, fillo do mítico “Rei das Tartas”.
O desfile avanzou con elegancia cara ao Auditorio Pascual Veiga, onde se celebrou o acto do pregón que marca o inicio oficial das festas das San Lucas 2025. Carlos Folgeira, cunha intervención emotiva e chea de orgullo mindoniense, deu o pistoletazo de saída a uns días de celebración, tradición e encontro.
Para pechar a noite, o Coro Mestre Pacheco deleitou a todos os presentes cunha actuación que encheu o auditorio de música e sentimento, poñendo o broche de ouro a unha xornada inesquecible.
San Lucas 2025 arrinca cun almorzo multitudinario e cheo de sabor e música en Mondoñedo
O primeiro día das festas de San Lucas 2025 comezou por todo o alto en Mondoñedo cun almorzo espectacular dedicado ás persoas maiores, celebrado no pavillón de deportes da vila. A cita reuniu a preto de 400 asistentes, entre maiores e veciños que quixeron sumarse á celebración, nun ambiente de festa e convivencia.
O menú, servido por Chao de Brea, estivo á altura das expectativas: entrantes variados, callos saborosos, codillo no seu punto, sobremesa e chupito para rematar. Todo coidado ao detalle, nunha xornada que foi todo un éxito gastronómico e social.
A festa completouse con sorteos para os participantes e a actuación de dous integrantes da recoñecida orquestra Principal, que puxeron a nota musical a unha tarde amena e divertida para todas as idades.
Así comezan as San Lucas 2025: con sabor, música e moita participación. Que sigan os festexos!
Mondoñedo celebra a apertura dun novo espazo comercial que promete dinamizar a súa actividade económica e social. Isa e Susana, dúas emprendedoras apaixonadas pola cidade, decidiron apostar por un concepto innovador: un “laboratorio comercial” que combina moda, decoración para o fogar e pezas vintage e retro, creando unha experiencia de compra única.
Este establecemento non só ofrece produtos con historia e personalidade, senón que tamén representa un impulso á revitalización do comercio local. As fundadoras buscan inspirar a outros emprendedores para que se sumen á transformación comercial de Mondoñedo, promovendo novas alternativas de negocio que atraian tanto aos veciños como aos visitantes.
A apertura deste espazo marca un novo capítulo no panorama comercial da cidade, demostrando que a creatividade e a paixón son clave para construír iniciativas sostibles e exitosas.