Pois non me podía quedar con estas imaxes do Domingo sen compartilas , que ven o pasaron e que ven o pasei ! Amigos , veciños, unha virxe do Carme preciosa , momentos muy especiales!
Que contento estou de poder ter e seguir publicando imaxes de Mondoñedo, como neste caso as festas do Carme!
Pois dentro do que poido sigo cas festas das parroquias ! Pasámolo xenial, con amigos e conocidos , procesión dos coches e trailers pola cidade de Mondoñedo, bendición dos mismos, misa con procesión, e sesión vermú nun San Cristóbal 2023 que ademais fixo un día espléndido
Pois moi satisfeito de que sigan vivas as festas das parroquias! Para mín é a esencia de un pobo , e estivemos este fin semana en Vilamor donde fixeron dous días de festa en honra a Santa Isabel .. Por aquí deixo unha imáxes do que foi a procesión do Domingo coa misa , é sesión vermú co dúo “Carpe Diem” e máis A.C Amado Lar de Ferreira
Os alcaldes Manuel Otero e Darío Cabaneiro destacan a importancia que terá conseguir o recoñecemento oficial desta festa cabalar, organizada por Puraga, para a promoción turística dos seus municipios
Os alcaldes de Mondoñedo, Manuel Otero, e da Pastoriza, Darío Cabaneiro, poñen mans a obra para impulsar a tramitación da declaración da Rapa das Bestas de Campo do Oso, no límite entre os dous municipios, como Festa de Interese Turístico Galego. Otero indica que xa se deu instrucións para a elaboración da documentación necesaria para a citada solicitude e, polo seu lado, Cabaneiro indica que de inmediato se empezará a traballar neste asunto. Os dous alcaldes destacan que a declaración de Festa de Interese Turístico Galego pode ter gran relevancia para os dous concellos, dende o punto de vista turístico e, polo tanto, como elemento de dinamización das economías locais. Tanto Otero como Cabaneiro poñen de relevo o aspecto cultural, no sentido máis amplo, da rapa das bestas e o crecente interese que esperta no público. Na máis recente edición, celebrada o pasado fin de semana, os organizadores xuntaron uns douscentos cabalos.