O Concello de Mondoñedo consegue fondos para rehabilitar o Espazo Cultural Artesanía do Pasatempo e Museo da Forxa nos Muíños

O Concello de Mondoñedo consegue fondos para rehabilitar o Espazo Cultural Artesanía do Pasatempo e Museo da Forxa no barrio dos Muíños.

A Xunta de Galicia, a través da Axencia galega de desenvolvemento rural (Agader), vén de resolver a concesión dunha axuda de 60.138,97 € con cargo aos fondos do PDR de Galicia que se corresponde co 90% do total do orzamento do proxecto que ascende a 66.821,08 €. O restante 10% será aportado polo Concello. O importe da axuda distribuirase en dúas anualidades: 9.992,43 € no ano 2023 e 50.146,54 € no ano 2024. O prazo de execución e xustificación das actuacións remata o 15 de outubro de 2024.

As actuacións previstas para a rehabilitación da antiga nave de forxa e fragua vinculada a unha das canles do barrio dos Muíños para espazo cultural e museo inclúen a substitución das ventás, a reparación do chan e instalación de novo pavimento, reparación e pintado da paredes, revisión e reparación da instalación eléctrica, da fontanería, o aseo e a instalación dun sistema de calefacción.

“A proposta trata de respectar a edificación de 227 metros cadrados salvagardando as características tipolóxicas, construtivas e estruturais, ademais dos valores históricos e arquitectónicos do inmoble”, defenden dende o goberno local.

Previamente, xa se desenvolvera unha primeira fase de intervención da man do Instituto Galego de Vivenda e Solo para a recuperación da cuberta e reconstrución parcial dos muros con importantes deformacións.

E nunha fase posterior tamén se pretende restaurar e recuperar a maquinaria orixinalmente existente no inmoble, ademais de dotalo de mobiliario para acondicionalo para espazo cultural e museo. Igualmente, tratarase de recopilar documentación histórica do edifico, documentación gráfica de todo o proceso de recuperación, paneis informativos explicativos, didácticos, etc.

Espazo Cultural Artesanía do Pasatempo e Museo da Forxa
As actividades previstas para este espazo cultural son a divulgación e didáctica dos oficios e das artes aplicadas en xeral e da forxa en particular. Algúns dos espazos previstos son, polo tanto, unha biblioteca especializada en arte e artesanía e un taller de cerámica -que era a actividade principal do barrio- como espazo participativo para o público que permita o desenvolvemento de cursos de cerámica, taller de matricería, cestería, cestería con papel reciclado, encadernación, taller de papel reciclado, upcycling de vidro, pintura en seda, bixutería, contas de vidro, torno oleiro ou máscaras de Entroido.

E para completar a oferta, de forma que este espazo cultural sirva como “elemento dinamizador a cultura e o turismo en Mondoñedo”, o goberno local aposta polo desenvolvemento de eventos periódicos asociados a este espazo.

O Concello de Mondoñedo apoia a promoción da Faba Verdina de Galicia no stand ‘E… para comer, Lugo’ en La Vuelta

O Concello de Mondoñedo, dentro da súa aposta polos proxectos que poñan en valor o territorio e os recursos locais, apoia a promoción do selo Faba Verdina de Galicia dentro do stand ‘E… para comer, Lugo’ da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería, e Turismo de Lugo (APEHL) que ofrecerá degustacións e outras actividades de promoción dos produtos na saída de cada unha das 21 etapas de La Vuelta ciclista a España.

O goberno local subliña a súa satisfacción ante “a primeira vez que este selo de garantía de orixe dos produtos da Asociación de Produtores de Verdina de Galicia -integrado por produtores de Mondoñedo, Trabada e Lourenzá- aposta por unha promoción a nivel nacional”. Así mesmo, consideran que “é unha excelente ocasión non só para promocionar a compra deste produto de calidade, senón tamén para difundir o seu potencial gastronómico”.

As accións de promoción inclúen a difusión dun folleto de receitas propostas polos establecementos hostaleiros mindonienses coa faba verdina como protagonista e, por suposto, a súa degustación. Para iso, un dos produtores e integrante da Asociación de Produtores de Verdina de Galicia, Alfonso Cartoy, doará o produto e os cociñeiros elaborarán aperitivos que serán degustados antes da saída de cada etapa.

Cartoy sinala que é “unha oportunidade para darse a coñecer no mercado” e tamén para que “os cociñeiros coñezan de primeira man a calidade do noso produto”. Nese sentido, defende que “a faba verdina de Galicia é pouco coñecida, pero o noso produto é bo”.

Medieval 2023

Pois rematamos ca boda Medieval do Domingo ! sen palabras as imaxes falan por si solas

Fotografías do Sábado , pa todos los gustos e de todos los cores !! moita variedade no noso Medieval

Fotografías do venres a noite , que ven o pasamos e pasei !!
gracias a toda esa xente que me para e me agradece de algún modo que teña este espazo dedicado a Mondoñedo, desde logo que aller foi demasiado! moi agradecido a esa familia de Barcelona que tanto lles gusta o meu traballo!!