O Apalpador

El “apalpador” visitará Mondoñedo en la noche del 22 de Diciembre a partir de las 19.30 de la tarde en la plaza del Ayuntamiento, recorriendo nuestras calles con los niños y animando y visitando nuestras casas , clica en la imagen

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

Actividades para estas navidades de la asociación cultural “ O Pasatempo “

En este último mes del año, la Asociación Cultural ‘O Pasatempo’ de Mondoñedo continúa trabajando para ofrecer actividades del gusto de niños y mayores. En la Navidad, todos aquellos que lo deseen podrán disfrutar de una exposición fotógrafica y la proyección de varias cortometrajes. Toda la información sobre las actividades está en la nota adjunta, así como los carteles anunciadores de ambos eventos.

Nota adjunta enviada por la asociación a esta web :

Durante o mes de decembro O Pasatempo quere recordar a historia de Mondoñedo e as súas xentes e ó mesmo tempo mirar cara ó futuro a través da ollada dos xoves creadores. Durante o Nadal, todos aqueles que queiran poderán disfrutar de dúas actividades que serán totalmente gratuítas, unha exposición e a proxeccións e estrea de varias curtametraxes.

 

Por unha banda, ponse en marcha a “I Xornada de Curtametraxes O Pasatempo” que se desenvolverá en dúas xornadas, os domingos 23 e 30 de decembro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Mondoñedo a partir das 8 da tarde. Nesta xornada proxectaranse dez curtametraxes, cinco cada día de entre 5 e 20 minutos, sobre diferentes temáticas. Os proxectos audiovisuais están realizados por xoves creadores de Mondoñedo e outros lugares de Galicia. O domingo 23 poderase ver o documental “Ferro Ardendo”, “Para Mariñeiros nós”, “Servicio a Domicilio”, “Paixón por Ferrol” e “La increíble historia de Macareno y la puta milagrosa”. O segundo día, domingo día 30 de decembro proxectaranse “Houston”, “Sin Plomo”, “Pantin Classic”, “X nada” e “Lugnasad. Unha noite máxica”. Asistir a calquera destas proxeccións serán gratuíto.

Dentro desta “I Xornada de Curtametraxes O Pasatempo” o sábado 29 de decembro producirase a gran estrea en Mondoñedo da curtametraxe “Mr Smith & Mrs Wesson”, de Alejandro Saavedra. Este filme está protagonizado polos actores Octavi Pujades e Camila Bossa e conta ademais coa aparición doutras caras moi coñecidas do mundo audiovisual galego como Luis Iglesia ou María Mera. Acción e intriga garantizadas nesta estrea que terá lugar ás 20:30 no Auditorio de Mondoñedo. As entradas terán un prezo de 2 euros e poderán adquirirse ese mesmo día no auditorio ou anticipadamente nos bares ‘O Porriño’ e ‘O Rincón’ de Mondoñedo.

Por outra banda, O Pasatempo bota a vista atrás no tempo para recoller a historia do fútbol en Mondoñedo a través de imaxes. A exposición “A Historia do Fútbol en Mondoñedo” poderase visitar na Casa da Cultura

 

durante dúas fins de semana, os días 22, 23 e 24 e os días  29, 30 e 31 en horario de 11 a 13 horas pola mañá e de 16 a 19 horas pola tarde. Arredor dun cento de fotografías retratan o paso a paixón polo fútbol na cidade mindoniense, dende os anos vinte ata a actualidade. No primeiro momento recórdanse as formacións esporádicas dun equipo que participaba en festas e torneos e que chegou a converterse no actual clube de fútbol estable da actualidade, con categorías inferiores e participación na liga regular. A entrada a esta exposición é gratuíta e permite facer un recorrido histórico por rostros coñecidos e recordos compartidos por todos, non só en Mondoñedo, senón no resto da Mariña.

 

Convidámolos a todos a achegarse e compartir con nós tódalas actividades que O Pasatempo preparou para este Nadal.

+ INFORMACIÓN:

 

–        “Mr Smith & Mrs Wesson” http://smithwesson-shortfilm.com/

–        Curtas:

–       “Ferro Ardendo”. No monte Campo do Oso existen uns gandeiros que teñen unhas 450 reses de gando cabalar salvaxe. Tódolos últimos domingos do mes de Xuño, dende o 1968, ten lugar a Rapa das Bestas, unha tradición ancestral que se vai pasando de xeración en xeración sen perder a esencia  da loita entre o home e o cabalo salvaxe.

–       “Para Mariñeiros nós”. Pinto e Cobiñas, na súa xornada de pesca  contan cun invitado de excelencia, Ricardito, que nunca fixo nada da súa vida e quere comezar  a facer algo útil, tarefa que non será nada sinxela.

–       “Paixón por Ferrol”. Curta documental que amosa como son os últimos preparativos das cofradías que fan posible  a Semana Santa ferrolana.

–       “La increíble historia de Macareno y la puta milagrosa”. Nada é o que parece. Nin Macareno é un desalmado proxeneta nin La Sanita é una prostituta calquera. Os dous vivirán, rodeados de extrañas personaxes unha aventura que romperá os límites do real e o imaxinario.

–       “Houston”. Amizade, amor e  enfermidade, tódolos ingredientes necesarios para un final  non moi feliz.

–       “Sin Plomo”. Cinco personaxes vense envoltos nunha situación extrema: un atraco a unha gasolineira no que cada un deles descubrirá algo sobre sí mesmo.

–       “Pantin Classic”. Unha visión obxectiva  de cómo se desenvolve o campionato domundo de surf na praia de Pantín.

–       “X Nada”. Roi e os seus amigos practican un xogo moi especial, unha forma de divertirse peculiar e bastante violenta. Este macabro xogo vainos unir para sempre a Dani, que tivo a mala sorte de estar no lugar e momento inadecuados.

–       “Lugnasad. Unha noite máxica”. O documental conta con varias partes, nas que se recolle a orixe desta celebración, a festa en si con especial énfase no entorno, o Coto da Auruxeira en Bretoña. Tamén se fala da celebración das vodas celtas na Pedra dos Namorados e cóntanse anécdotas dos 15 años de historia e a opinión de membros da asociación organizadora sobre o futuro que lle espera a esta cita.

Carteles :

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

O emprego na Mariña

A plataforma Comarca de Mondoñedo Unido creouse coa premisa de facer canto se puidese para loitar contra a desfeita que supuxo o peche de varias empresas da comarca tales como o ERE de Muebles Ermida en Vilanova de Lourenzá e o peche de Finsa-Ecar en Mondoñedo. Está claro que na ampla zona da Mariña foron moitas mais pero circunscribirémonos a Mondoñedo e as cidades do seu entorno que xa temos dabondo de que falar. Os Concellos fan o que poden e así nolo demostrou o de Mondoñedo na ultima xuntanza onde se concretaron rutas e tempos para seguir traballando, por exemplo para facer a reunión cos novos políticos saídos das ultimas eleccións que formarían parte da Mesa de Seguimento da Crise Industrial para ver de amañar moitos dos temas pendentes.

E en canto o que se fixo ata hoxe, redúcese a esperar á boa intención das empresas que teñen no seu punto de mira a súa instalación industrial nesta zona, e cando estamos a espera da decisión sobre da situación na que quedaría  Mondoñedo coa nova Lei de Planta para os Xulgados, que nos fai estar en vilo, chegan dúas noticias pouco tranquilizadoras e que nos dan medo.

A primeira é que non sabemos a intención da Xunta cando aproba a oferta que fai Viveiro do edificio da súa  biblioteca para ampliación dos Xulgados.Que quer dicir?

Que non se van pechar os xulgados en toda a Mariña?

Que vai ser o único que quede na zona e os demais hai que pechalos e como é pequeno e hai que facelo mais grande é necesita o espacio da biblioteca?

Da suba das taxas xudiciais dise ¡Que non pretenden recadar cartos! Si esto é certo, corresponde a verdade a versión  que di que se fai por despexar de traballo os xulgados. Entón estamos aviados. Con esta medida restan traballo ós xulgados, e o ter menos traballo poden prescindir de algún: Por exemplo dos da Mariña Se non hai preitos para que queremos xulgados! Un xa non sabe que pensar.

A segunda é o peche do supermercado Cemar desta cidade.

E unha magoa xa que ten un persoal competente, amábel, e ademais os postos de traballo que ten, son verdadeiramente útiles na zona, pero xa se viña vir, pois habendo como hai un supermercado representante da casa Covimar nesta cidade a marca desta empresa xa tiña cuberta a súa cuota neste relativamente pequeno mercado.

Cada posto de traballo que se perde, polo motivo que sexa, é un revés na aspiración dos habitantes desta zona de ser persoas cos dereitos que a Constitución nos da e que estamos a perder por culpa… De quen? De que? Por qué? Qué fixemos? Que non fixemos? Que imos facer? Preguntas moi sinxelas de contestar pero imposibles de levar a cabo tal e como estamos. É unha falacia dicir que vivimos por riba das nosas posibilidades. Só os que manexaron os cartos o fixeron, viviron cos cartos dos demais por exemplo gastándose os aforros de quén confiaron en eles.

Que caro está o traballo, co fácil que seria inverter os cartos en crealo e despois de telo, cada cidadán co que pagara de imposto, e mercara nas tendas faría funcionar a economía. Pero é moito mais fácil obedecer a quen nos fundiu; as Vacas Sagradas chamadas vulgarmente Bancos. Estannos a convencer a forza de que só eles poden salvarnos facéndose eles mais ricos. Entramos na época da Beneficencia.

Fdo: Xosé Ruiz Leivas

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

VI concurso de tapas ciudad de Mondoñedo

Mondoñedo vivió un intenso fin de semana con la VI edición de tapas, gran número de Mindonienses y visitantes se acercaron a degustar las propuestas de los 14 establecimientos que participaron en el evento.

En la noche del sábado algunos locales a las 22.00 horas ya tenían agotadas la existencia de sus tapas llegando a servir hasta 400 tapas en apenas 3 horas , a todo esto el grupo de gaitas “ Aires do Padornelo “ se encargó de amenizar el evento por los distintos locales participantes.

Esta semana el jurado compuesto por 4 Mindonienses dará los premios.

A Bodeguiña , catro vellos mariñeiros y camiño norte

A taberna do Valeco , boliño de caldo y urdanga en su salsa

Abadía , costilla con crema de castañas y pastel de atún con salsa pimiento

Bar Castro , buey otoñal y brocheta sorpresa

Bar Central , suspiros de mar y bon proveito

Bar Mini , roasted beef con aires citros y adiviña de Cunqueiro.

Bodegón a Catedral , tosta a catedral y brocheta de peixe

Caf.Centro social , callos de porco celta y luras na súa tinta

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate