Ya tenemos las fotografías de los carnavales Mindonienses disponibles , en nuestra galería , una tarde que a pesar del mal tiempo dejo que el desfile fuera un éxito igual que en los años anteriores.
Ya tenemos las fotografías de los carnavales Mindonienses disponibles , en nuestra galería , una tarde que a pesar del mal tiempo dejo que el desfile fuera un éxito igual que en los años anteriores.
A cidade de Mondoñedo celebra o Entroido o sábado dia 21 de febreiro e repartirá perto de 3.000 euros en premios.
Haberá premios para comparsas e charangas, grupos de máis de 10, grupos de 3 a 10, parellas, individuais e tamén na categoría infantil.
O concurso de desfile de disfraces percorrerá as rúas da cidade de Mondoñedo, a partir das 5 da tarde, e ao finalizar haberá ambientación musical na Praza do Concello.
Para participar hai que inscribirse, o sábado dia 21, no Campo dos Paxariños dende as 16:00 horas ata ás 17:00 horas.
carteles :
Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate
D. Antonio Rodríguez Lodos, nado en xullo do 1935 en Santa Marta de Meilán, sentiu vocación dende pequeno. Estudou no Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo e, con 23 anos de idade, o 14 de marzo do 1959 foi ordenado crego. Seguidamente pasou por varios destinos, dous anos no Ferrol, outros dous en Madrid onde se licenciou en Dereito Canónico na Universidade Pontificia de Comillas, dous máis no Seminario de Mondoñedo e no ano 1965 chegou ás parroquias de San Xurxo, San Tomé e Santo Adrao (Lourenzá) e Santa María Maior (Mondoñedo) onde desenvolveu a súa labor pastoral ata a actualidade.
Ao longo destes 50 anos Don Antonio, nome por o que os seus fregueses o coñecen, foi gañando o cariño e afecto da veciñanza das parroquias, tanto por a súa personalidade próxima e amábel, como por o seu saber estar en cada oficio. Por esta razón, a veciñanza destas catro parroquias decidiu organizarse para renderlle esta tan merecida homenaxe.
O acto, que terá lugar o domingo 1 de marzo ás 13:30 h., comezará cunha misa na igrexa de San Tomé á que lle seguirá un xantar de confraternidade, ao que asistirán veciños e veciñas das súas parroquias.
Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate
O centro Comarcal de Mondoñedo acolle este venres dia 13 de febrero, ás 20:30 horas, a presentación do libro “Consejos de guerra contra el clero vasco” (1936-1944), do autor Anxo Ferreiro Currás. No acto intervirán o xornalista Xulio Xiz, o cura de Castro de Rei, Xose Manuel Carballo e a investigadora Rosa Cal Martínez.
EN: MONDOÑEDO.
LUGAR : CENTRO COMARCAL
DÍA: 13 DE FEBREIRO
HORA: 20.30 H.
INTERVIRÁN
Xulio Xiz, xornalista, produtor e animador cultural galego.
Xosé Manuel Carballo, cura de varias parroquias de Castro de Rei e escritor.
Rosa Cal Martínez, ex profesora de Ciencias da Información UCM e investigadora.
Anxo Ferreiro Currás, autor do libro

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate