Festa da Árbore 2015 , Mondoñedo

Coma todos os anos, dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a chegada da primavera con unha xornada de actividades para pequenos e maiores que terá lugar o vindeiro sábado día 18 de abril en Mondoñedo.

A partir das 10h da mañá na Praza da Catedral de Mondoñedo e  coa colaboración da delegación de deportes do Concello de Mondoñedo, inicianse as actividades para xente de todas as idades cunhas rutas de sendeirismo e en bicicleta, adecuadas para cada idade. Dende as 11h  no Casino de Mondoñedo e coa colaboración do Círculo de Recreo e da Gaita Escola de Mondoñedo, realizarase un obradoiro de música tradicional para nenos. Finalmente, a partir das 13h na Praza dos Muíños, pintura facial e globoflexia para nenos, recital de poemas e o momento da plantación da árbore, con acompañamento musical. Ademais, durante toda a mañá na Praza dos Muíños, estarán expostos os debuxos participantes no “IV Concurso de Debuxo da Árbore”, realizados no CEIP Álvaro Cunqueiro e na Escola Infantil  de Mondoñedo, de onde sairon os 2 debuxos gañadores para ser o cartel da festa.

 

Como curiosidade, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios baixo pena de multa a quen non o cumprise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.

Organiza: A.C. O Pasatempo

Colabora: Concello de Mondoñedo -Gaita Escola Mondoñedo -Círculo de Recreo

Carteis gañadores do IV Concurso de debuxo da árbore :

volver a inicio

 



Semana Santa Mindoniense nuevas fotografías

Seguimos ampliando las fotografías de la Semana Santa Mindoniense con las procesiones del Prendimiento desde los Molinos , Santo Encuentro desde la Fuente Vieja y el Viacrucis Penitencial dentro de la Catedral de Mondoñedo.

Clicando en los siguientes enlaces puedes acceder a las diferentes galerías

Viacrucis Penitencial ” Catedral de Mondoñedo “

Santo Encuentro ” desde la Fuente Vieja “

Procesión del Prendimiento ” desde los Molinos “

Viacrucis Penitencial ” desde la iglesia de los Remedios hasta los Picos “

Procesión del ECCE HOMO

Domingo de Ramos

Volver a inicio