A piscina de Mondoñedo pecha a campaña de verán cun ingreso de máis de 5.000 euros

O edil de deportes salientou as numerosas actividades levadas a cabo na instalación deportiva e agradeceu ao persoal e aos voluntarios o traballo realizado

Mondoñedo, 15 de setembro de 2015.– O edil de deportes, Manuel Tapia, informou esta mañá que a piscina municipal mindoniense salda a temporada de verán en positivo tras pechar as súas portas cun ingreso de 5.212.50 euros.

Tapia explicou que partindo duns gastos iniciais, que oscilaron entre os 8.000 euros, entre persoal e suministros, e cunha subvención para a contratación dun socorrista, leváronse a cabo diferentes actividades para facer máis participativo o uso das piscinas.

O popular manifestou que durante o verán celebráronse nestas instalacións varias actividades para fomentar o seu uso e citou os cursos de natación, distribuídos en cinco grupos para dar maior cobertura e eficiencia ao curso, e os torneos de waterpolo .

O edil de deportes mindoniense tamén resaltou que nas instalacións exteriores celebráronse torneos de fútbol-sala, baloncesto, partidos amistosos con equipos dos Concellos limítrofes de Abadín e Lourenzá coa intención de achegar máis usuarios á piscina.

Tapia explicou que a única incidencia foi o peche das piscinas dous días antes, debido a un problema de falta de tempo para realizar unha hipercloración,  e polo demais agradeceu ao persoal e aos voluntarios o traballo desenvolvido e convidou aos usuarios a repetir e acudir ás piscinas mindonienses os vindeiros veráns para desfrutar e combinar deporte con ocio.

Publicidad

Fotografías Remedios 2015

A punto de terminarse las fiestas patronales de Nuestra Señora de Loa Remedios , publicamos las imágenes mas significativas de unas fiestas cargadas de eventos para todos los públicos , resaltando en la devoción y el gran numero de personas que año tras año atrae la procesión en la que la Virgen es acompañada por el itinerario de costumbre .

Fotografías por orden de aparición :

Lucia Perez , concierto en el campo de los Remedios , procesión de los Remedios , grupo de gaitas de Orense y orquesta Galilea en la sesión vermú

Ver  fotografías

publicidad

A Concellería de Xuventude organiza este Venres 11 de Septembre unha festa da Xuventude

Mondoñedo, 10 de setembro de 2015- O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García, informou esta mañá que este venres 11 de setembro, a partir das 12 da noite, terá lugar unha “Festa da Xuventude”, integrada dentro da programación das “festas patronais de Os Remedios”.
O evento terá lugar na Praza do Concello, que contará con carpa, e polo escenario pasarán varios DJs de importancia nacional, como as Beat2Beast, dúas chicas que pinchan música electrónica e que actuaron durante este verán en numerosos festivais por España, así como colaboracións con outros DJs como Juan Magán, Dukes ou “Les Castizos”. Por outra banda, tamén estará presente o DJ e locutor de radio David Expósito, acompañado polos DJs locales DEEP López e Alberto Leivas.
Dende a Concellería de Xuventude agradecen a colaboración da Comisión de Festas de “ Os Remedios” e da asociación “Pasatempo”, e animan a todos os mindonienses e visitantes a acudir este venres a Mondoñedo.

Pra ver o cartel a tamaño completo pinchar na imáxen

Publicidad

Programa das festas Remedios 2015

VENRES, 11
Ás 19.00 horas; inauguración da exposición do pintor laurentino, Paulino Pérez Varela,  na sala de exposicións do edificio do Centro Comarcal de Mondoñedo.

Ás 21.00 horas; disparo de potentes bombas que anunciarán o comezo das festas.

Ás 00.00 horas; FESTA DA XUVENTUDE na Praza do Concello cos seguintes DJs invitados: BEAT2BEAST, DAVID EXPÓSITO, DEEP LÓPEZ e ALBERTO LEIVAS.

SÁBADO, 12
Ás  10,00 horas, Ruta de Sendeirismo, actividade libre e gratuita, A saída terá  lugar da Praza da Catedral, será pola RUTA DA AUGA MONDOÑEDO, unha ruta sinxela, dunha duración aproximada de 3 horas.

Ás 13.00 horas; Un disparo de potentes bombas anuncia o segundo día das festas.Ás

14.00 horas; Sesión Vermú a cargo de STEREO.

Ás 16:00 horas; no polideportivo Municipal partidos amistosos dos equipos de baloncesto da ED LOURENZÁ MONDOÑEDO contra o ENSINO de Lugo e presentación dos mesmos.

Ás 18.00 horas; No Campo Viñas da Veiga partido de fútbol de 2ª Autonómica entre os equipos Mondoñedo F. C e o C-D Alfoz.

Ás 19,00 horas; Na Alameda dos Remedios terá lugar un taller de bachata e kizomba a cargo da escola de baile RITMOLUGO. (En caso de choiva actuarán no Auditorio Municipal Pascual Veiga)

Ás 20.00 horas; Comezo da “5ª Xuntanza de Cantos de Taberna Cidade de Mondoñedo”. A Saída terá lugar dende a Praza do Concello percorrendo distintos locales da cidade. Esta xuntanza está organizada pola Gaita Escola.

Ás 22.30 horas; Gran Festa – Verbena na Alameda dos Remedios coa actuación da orquestra STEREO.

Ás 00.00 horas; Actuación da cantante LUCÍA PÉREZ na Alameda dos Remedios.

DOMINGO, 13

Ás 10.00 horas; Lanzamento de potentes bombas que anuncian o terceiro día de festas.

Ás 11.30 horas; Saída da Comitiva da Casa do Concello cara ao Santuario de Nosa Señora dos Remedios, acompañada da Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación Provincial de Ourense dirixida por D. Xosé Luis Foxo, para asisitir á MISA DE OFRENDA que presentará o Ilmo. Sr. Alcalde do Excmo. Concello de Vilalba.A Misa será cantada pola Coral Polifónica de Vilalba.Seguidamente terá lugar a PROCESIÓN polo itinerario de costume, acompañada pola Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación Provincial de Ourense.

Ás 13.45 horas; Concerto da Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación Provincial de Ourense dirixida por D. Xosé Luis Foxo na Alameda dos Remedios (en caso de choiva terá lugar no Auditorio Municipal Pascual Veiga).

Ás 14.15 horas; Sesión Vermú coa Orquestra GALILEA.

Ás 19.00 horas na Plaza do concello, actuación do espectáculo “PIRULETA”, humor, circo e magia, para todos os públicos.( En caso de choiva actuará no Auditorio Municipal Pascual Veiga)

Ás 22.00 horas; Gran Festa – Verbena na Alameda a cargo das OrquestrasGALILEA e COSTA OESTE.

LUNS, 14
Ás 12.30 horas; MISA DE COFRADES no Santuario de Nosa Señora dos Remedios.Ás 13.30 horas; Sesión Vermú amenizada pola orquestra NUEVA GENERACIÓN.

A partir das 17.00 horas; Día d@s Nen@s nas barracas ubicadas na  Alameda dos Remedios. Os rapaces e rapazas poderán disfrutar dunha xornada na que haberá unha reducción da entrada das atraccións da Alameda.

Ás 21,00 horas; Festa – Verbena a cargo de NUEVA GENERACIÓN.

O pintor laurentino, Paulino Pérez Varela, expoñerá a súa obra durante as festas patronais, na sala de exposicións do edificio do Centro Comarcal de Mondoñedo, no seguinte horario: do venres ao luns, de 18 h a 21 h.
A Comisión de Festas de “Os Remedios 2015” agradece a súa colaboración e deséxalles ¡Felices Festas!

Publicidad