A concentración de motos de Mondoñedo poderase seguir en todo o mundo

Mondoñedo
03/03/2014

Os días 15 e 16 de marzo celebrarase en Mondoñedo a concentración
mototurística Ruta N-634 que este ano chega á súa vixésimo quinta
edición. O primeiro encontro tivo lugar no ano 1998 e non se organizou
nos anos 2004 e 2005. Na actualidade é a concentración decana de
Galicia, a máis antiga de todas cantas se convocan na actualidade.
Coñécese como “A invernal de Galicia” por celebrarse nesta
estación do ano e caracterízase, ao igual que outras citas moteiras
como Pingüinos ou Motauros, pola dureza no tocante a condicións
meteorolóxicas.
En edicións anteriores teñen participado motoristas de diversos
puntos da Península, o máis lonxano chegou desde Murcia e incluso
houbo participantes de Portugal e Francia.
O programa deste ano está cargado de actividades (tal e como se pode
ver no arquivo adxunto) entre as que destaca a exhibición acrobática
de Emilio Zamora, piloto de Ducati Stunt Team ou o cocerto de Mckuin,
unha banda ferrolá que versiona temas do mítico grupo Queen. Tamén é
de destacar a exhibición de trial que terá lugar na praza da Catedral
o sábado entre as catro e as sete da tarde e que correrá a cargo do
Motoclube Enduro de Mondoñedo. Outra das novidades desta edición da
Ruta N-634 é a emisión en directo por internet vía streaming das
actividades que se desenvolverán os días 15 e 16 de marzo. A través
da páxina web do motoclube (www.motomondonedo.com) poderanse seguir en
directo e deste todo o mundo (con acceso a internet) os actos que se
celebrarán na praza do Concello, praza da Catedral e avenida de Bos
Aires, incluso durante o desfile de antorchas, que terá lugar na noite
do sábado, unha das motos participantes levará unha cámara que
estará emitindo señal de video en directo. A dirección deste montaxe
corre a cargo do mindoniense Fran Bouso e conta coa colaboración e
apoio técnico da empresa de eventos Eventec e da de desenvolvemento
tecnolóxico Iproxecta.
O motoclube Ruta N-634, que preside Germán Bouso, agarda superar a
cifra de trescentos inscritos e a participación de máis de dúasmil
motos, cifras que xa se teñen acadado en edicións anteriores.

(Pincha no cartel pra velo a tamaño completo )

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

O Grupo Literario “Leiras Pulpeiro” presentouse o venres en Mondoñedo

Alonso Montero, Franco Grande e dúas netas do poeta mindoniense serán membros de honra do colectivo

Mondoñedo

02/03/2014
O salón de actos da Casa da Xuventude de Mondoñedo acolleu no serán do pasado venres a presentación do GLLP. Entre o público atopábanse dúas netas de Manuel Leiras Pulpeiro, Maricarmen e Josefina que, xunto co editor do médico e poeta Xosé Luís Franco Grande e o presidente da Real Academia Galega serán nomeados membros de honra do colectivo literario. Tamén asistiu ao evento un bisneto de Leiras.

No transcurso do acto os coordinadores do GLLP, Julia María Labrador e Fran Bouso comentaron como xurdiu a idea para a súa creación e os obxectivos do mesmo entre os que destaca o estudio da vida e a obra de Leiras e a súa divulgación.

O acto tivo un apartado musical moi destacado. O profesor e músico César Morán presentou novos temas musicais inéditos compostos a partir de versos do poeta mindoniense e tamén interpretou “Roseiras de rosas roxas”, “o imno do grupo”, como comentou Fran Bouso. Morán estivo acompañado na súa actuación pola violinista mindoniense Rebeca Maseda que tamén forma parte do GLLP. A Coral “Mestre Pacheco”, dirixida por Xulia Nogueira, estreou cinco pezas compostas por Xan Carballal a partir de poemas de Leiras. O coro contou co acompañamento instrumental de zanfona, acordeón e arpa.

O catedrático de lingua e literatura galegas, Ramón Reimunde Noreña foi o encargado de facer unha semblanza do escritor.
O acto comezou coa proxección dun video elaborado por Fran Bouso no que se facía un repaso ás actividades realizadas ao longo do ano pasado.

Novos membros:
As seis e media da tarde no Cemiterio Vello de Mondoñedo “asinaron en branco” sobre a tumba de Leiras Pulpeiro os novos integrantes do colectivo. Trátase do profesor de filosofía Miguel Freire Sánchez, a xornalista Soledad Michelena e o arqueólogo Abel Vigo.

Actividades previstas:
Ademais das xa anunciadas presentacións do Grupo en Lugo, o 14 de marzo e tres días máis tarde na Casa de Galicia en Madrid, anunciaron que están en contacto con diferentes organizacións mindonienses para realizar actividades culturais e literarias. Unha delas, en colaboración coa Comisión de As Quendas e As San Lucas será un programa denominado “Mondoñedo é poesía” no que participarán diferentes poetas galegos que recitarán os seus versos polas rúas e prazas de Mondoñedo durante as As Quendas deste ano.

+ info: Fran Bouso 647468672

Membros do GLLP con parentes de Leiras :

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

La orquesta Melodías continua su andanza

Este año 2014 la Orquesta Melodías continua con su andanza por los mares de la música. Después de cosechar grandes éxitos durante el verano pasado y finalizar su “tour” en las ferias y fiestas de las San Lucas ofreciendo su gala de despedida en una ferviente plaza de la catedral. La orquesta ha sido profundamente remodelada desde el repertorio , pasando por la formación y sus componentes, hasta el propio escenario; eso si, sin olvidar en ningún momento el espíritu con el que nació; crear, ejecutar y sobretodo disfrutar con la buena y variada música.

El repertorio está siendo remodelado y ampliado; muchos de los músicos que el público ya acostumbraba a ver por el escenario abandonaron el proyecto bien por motivos personales o por incompatibilidad con otros quehaceres de sus vidas. Entonces, resumiendo,  la plantilla está así configurada en la actualidad:  En la ferretería metálica se encuentran Pablo Peláez al saxo,  Enrique Veiga al saxo y al clarinete, Paco Nuñez con el saxo y con la flauta travesera; tocando la trompeta están David Moirón, Manuel Prada y Rubén Solloso el cual se agarra al trombón de vez en cuando; Diego Vizoso con el trombón y el bombardino. Por otra parte está la sección rítmica con Jesús Lombardía a los teclados, Javier Fernández con el bajo, Jorge Losada y su guitarra, David Losas con la percusión latina y finalmente Fernándo Gómez tocándo la batería. No nos podemos olvidar de la primera fila de la orquesta Nerea García y César Rodrígez que interpretan con sus voces todo tipo de canciones. Por otra parte y también muy importante, la presencia a la hora de tocar es un punto esencial; asi que empezando por el vestuario y acabando por el escenario han sido totalmente cambiados. Desde la dirección de la orquesta y la totalidad de sus integrantes, quieren expresar su gratitud a todos los que por este excitante proyecto musical pasaron, como Fabián, Antón, Mario, Nacho, Bruno, Anxo, Pepe,  José Luis…  y sin cuya colaboración nada de esto habría podido ser posible.

Como podéis ver la temporada 2014 de la Orquesta Melodías se presenta llena de cambios y sorpresas que nadie que en su sano juicio esté debería de perderse. La orquesta cuenta con todos ustedes para poder seguir ofreciéndoles un siempre muy trabajado espectáculo. Muchas o pocas cosas quedan que decir aquí pero como muy bien expresaba  el siempre querido por la orquesta” Fabián Pardo”;  “  Si señor !!!! ,bien bailao, bien tocao y bien cantao”. Que así siga siendo.

La orquesta en su local de ensayo :

(Todas las fotos con mayor resolución pinchando en cada una de ellas )

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

 

Queda aplazada a II Xornada de Curtametraxes do Pasatempo de Mondoñedo

Dende a Asoc. Cultural O Pasatempo de Mondoñedo queremos informar do aplazamento da II Xornada de Curtametraxes que estaba prevista para os vindeiros días 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro.

O motivo deste aplazamento é o falecemento do presidente da asociación, persoa moi querida por todos e polo que sentimos un gran pesar. Por respeto ó seu recordo decidimos aplazar tódolos actos previstos nas vindeiras semanas. Será preciso ademáis proceder a unha reestructuración de cargos directivos dentro de O Pasatempo.

A segunda edición da Xornada de curtametraxes celebrarase nos vindeiros meses. Aínda non hai fixada unha data concreta pero informaremos puntualmente de tódalas novidades e horarios.

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

“II xornada de curtas o Pasatempo ”

Na primeira fin de semana de febreiro (31 de xaneiro, 1 e 2 de febreiro), O Pasatempo celebrará a “II Xornada de curtametraxes O Pasatempo” para novos creadores, complementada cuns videos recopilatorios da cidade de Mondoñedo. Asistir a calquera destas proxeccións será gratuíto.

Por unha banda, ponse en marcha a “II Xornada de Curtametraxes O Pasatempo” que se desenvolverá o sábado 1 de febreiro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Mondoñedo a partir das 7:30 da tarde. Nesta xornada proxectaranse varias curtametraxes, de entre 5 e 22 minutos, sobre diferentes temáticas. Os proxectos audiovisuais están realizados por Gaitafilmes e Producciones de fin de semana; xoves creadores de Mondoñedo, Meira e outros lugares de Galicia. Éste sábado poderase ver “Simón”, “O Paquete”, “A Porta” e “Dous días dicen”, obras de Gaitafilmes; o documental “XV Mercado medieval de Alfoz” de Producciones de fin de semana; e “Bos días” e “Sálvame!”. Cabe destacar a presenza de varios membros de Gaitafilmes, que farán unha breve charla das súas curtas  nesta II Xornada, asi como da primeira longametraxe “Dhogs” que están a preparar.

Complementando esta “II Xornada de Curtametraxes O Pasatempo” e tamen no Salón de Actos da Casa da Cultura de Mondoñedo, o venres 31 de xaneiro ás 8 da tarde proxectarase o video “Calquera día en Mondoñedo…”parte 1, e o domingo 2 de febreiro ás 5 da tarde e ás 6:30 da tarde “Calquera día en Mondoñedo…”parte 2 e 3, videos de creación propia da Asociación Cultural O Pasatempo (autor: José Luis Fernández “Keno”) e no que se recompilan de forma moi amena diversos videos da historia mindoniense, principalmente da década dos ´90  e 2000, incluindo algún da decada dos ´50 recuperados do NODO.

Convidámolos a todos a achegarse e compartir con nós as actividades que O Pasatempo preparou para este primeiro fin de semana de febreiro.

+ INFORMACIÓN:

Simón (2007)

Sinopse: Simón é diferente ós demais, case non ten amigos e dende pequeno vive atemorizado. O seu avó sempre lle dicía: “algún día alguén virá… virá e levaravos a todos, tan só se salvará aquel que permaneza baixo a auga Simón, baixo a auga…”.

Produción: Andrés Goteira, Suso López e Adrián Folgueira.

Dirección: Andrés Goteira.

Premios: II Premio no Certame Audiovisual da Universidade de Vigo.

O Paquete (2009)

Sinopse: A comezos dos anos setenta, nunha pequena fronteira no medio de ningures, un rapaz portugués transporta día tras día un misterioso paquete cara o outro lado da fronteira.

Produción: Andrés Goteira, Suso López e Adrián Folgueira.

Dirección: Andrés Goteira.

Premios: Premio á mellor curta de ficción no festival CURTANAREDE’09. Nomeado a mellor dirección e mellor montaxe.

A Porta (2010)

Sinopse: No sepulcral silencio da madrugada escóitanse golpes na porta dunha casa illada, o medo, a preocupación e a intriga apodéranse do seu habitante mentres unha estraña visita o leva a unha desconcertante situación.

Produción: Andrés Goteira, Suso López, Laura Doval e Ana García.

Dirección: Andrés Goteira.

Premios: Premios á mellor curta, mellor curta en galego e mellor actor de ATODAMECHA en OFESTIVALON’10. Finalista no Liceo Casino Xacobeo’10 do Curtasfilmfest de Vilagarcía

DOUS/DÍAS/DICEN (2010)

Sinopse: unha tenra e triste historia de amor que nos ensina que nunca é tarde para cumprir un soño.

Produción: Andrés Goteira, Adrián Folgueira e Laura Doval.

Dirección: Andrés Goteira.

Premios: gañador do Premio Lugo10 no I Concurso de Curtas e Maquetas da Fundación TIC.

XV MERCADO MEDIEVAL ALFOZ

Sinopse: Nun lugar chamado Alfoz, na terceira semana de Xullo, o Castro envolve coa súa maxia un exército de privilegiados. Veciños unidos por un soño: “Facernos ver cos ollos abertos aquelo que imaginamos con eles pechados…”

Produción: Producciones de fin de semana

Dirección: Miguel García Fernández e Álvaro Liste Fernández.

Imaxes aéreas: Garacopter

SÁLVAME!

Sinopse: Manuel é un home que ten dúas soidades. A soidade persoal e a soidade do artista (é un escritor mediocre). E, de repente, aparece ELA. “Sálvame!” non é unha historia de amor e desamor, son dúas historias de amor e desamor. A historia de un home e unha muller; e a dun escritor e o seu personaxe.

Produción: Jorge C. Dorado e Jesús De La Vega

Dirección: Javier Veiga.

BOS DÍAS

Sinopse: Ramón é un broker de bolsa moi particular ao que só o motivan dúas cousas, o sexo e os cartos.

Produción: Dani de la Torre.

Dirección: Dani de la Torre.

Premios: Premio ao mellor actor no festival de Cans (prov. Pontevedra, 2006). Premio á mellor curta en video na VIII

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate