Editorial Galaxia recibiu a distinción de entidade Cunqueiriana de Honra de 2025 en Mondoñedo

Este venres 28 de febreiro, coincidindo co cuadraxésimo cuarto cabodano de Álvaro Cunqueiro, celebrouse en Mondoñedo a entrega da distinción de entidade Cunqueiriana de Honra de 2025 á Editorial Galaxia. Esta editora foi responsable da publicación da maior parte das obras de Cunqueiro, incluíndo “Merlín e Familia”, “As crónicas do sochantre”, “O incerto señor don Hamlet, Príncipe de Dinamarca” e “Os Outros Feirantes”, entre outras.

Os actos de conmemoración comezaron ás 11:00h no Cemiterio Vello con unha Ofrenda Floral diante da tumba do autor. Asistiron autoridades locais, provinciais e autonómicas, así como familiares de Cunqueiro, intelectuais da cidade e unha representación da Editorial Galaxia. Tamén se depositou unha rosa vermella na tumba de Manuel Leiras Pulpeiro, outro grande prócer literario de Mondoñedo.

A continuación, a comitiva trasladouse ao Salón de Plenos do Concello, onde se celebrou a cerimonia de entrega da distinción. O coordinador de Actividades e Publicacións da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, Armando Requeixo, tomou a palabra en nome da comisión responsable da distinción. Seguidamente, César Cunqueiro, fillo do insigne escritor, interveu para facer a laudatio da institución homenaxeada. Tras el, o representante da Editorial Galaxia pronunciou o seu discurso de recepción. A cerimonia concluíu coa intervención das autoridades e a lectura pública dunha obra de Cunqueiro, iniciada pola entidade distinguida e continuada polos asistentes.

Actos de Homenaxe a Cunqueiro e Entrega do Cunqueriano de Honra

A Editorial Galaxia recibirá en Mondoñedo a distinción  de entidade Cunqueiriana de Honra de 2025

Este venres 28, coincidindo co cuadraxésimo cuarto cabodano de Álvaro Cunqueiro, faráselle entrega da distinción de entidade Cunqueiriana de Honra de 2025 á Editorial Galaxia, editora da maior parte das obras de Álvaro Cunqueiro, tales como Merlín e FamiliaAs crónicas do sochantreO incerto señor don Hamlet, Príncipe de Dinamarca ou Os Outros Feirantes, entre outras. Será en Mondoñedo, no marco dos actos conmemorativos da efeméride do escritor.

Os actos de conmemoración do cabodano de Cunqueiro comezarán ás 11:00h no Cemiterio Vello, onde terá lugar a Ofrenda Floral diante da tumba do autor. Está previsto que asistan á mesma autoridades locais, provinciais e autonómicas, así como familiares de Álvaro Cunqueiro, intelectuais da cidade e unha representación da Editorial Galaxia. Nesta mesma visita, e como xa é tradición, tamén se depositará unha rosa vermella na tumba de Manuel Leiras Pulpeiro, outro dos grandes próceres literarios mindonienses.

A seguir, a comitiva trasladarase ao Salón de Plenos do Concello, onde se celebrará a cerimonia de entrega da distinción de entidade Cunqueiriana de Honra á Editorial Galaxia. Alí tomará a palabra en primeiro lugar, en nome da comisión responsable da distinción, o coordinador de Actividades e Publicacións da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, Armando Requeixo. Acto seguido será César Cunqueiro, fillo do insigne escritor mindoniense. quen intervirá e fará a laudatio da institución homenaxeada. Inmediatamente despois, o representante da Editorial Galaxia pronunciará o seu discurso de recepción e o acto rematará coa intervención das autoridades e da presidencia, amais de coa lectura pública dunha obra de Cunqueiro, que iniciará a entidade distinguida e continuarán logo outras persoas asistentes.

Todos os actos deste día son públicos e abertos a quen queira achegarse a homenaxear o noso ilustre D. Álvaro Cunqueiro.

A Editorial Galaxia entidadeCunqueiriana de Honra de 2025

O venres 28 de febreiro representantes da Editorial Galaxia recibirán a distinción á entidade como Cunqueiriana de Honra deste 2025. Será no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo ás 12:00h e a laudatio da entidade distinguida correrá a cargo de César Cunqueiro. Deste xeito, a Editorial Galaxia converterase na novena proposta homenaxeada dende que se instituíu este galardón.
O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro promoven a distinción de Cunqueiriano de Honra co fin de recoñecer o labor daqueles persoeiros ou entidades que se teñen significado na visibilización e proxección da figura do escritor mindoniense.
Neste 2025 unha comisión designada ao efecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, organizadores do evento, quixo recoñecer con esta distinción o vencello histórico que une a Editorial Galaxia e os seus fundadores co escritor mindoniense, pois foi neste selo editor onde veu a luz a meirande parte da súa obra e aínda hoxe continúa a publicarse.
A comisión que elixiu a Editorial Galaxia como entidade Cunqueiriana de Honra de 2025 por maioría estivo formada por César Cunqueiro (fillo do escritor), Claudio Rodríguez Fer (Cunqueiriano de Honra do ano anterior), Alberto García Fernández (Concelleiro de Cultura, Educación e Xuventude), Antonio Reigosa (Cronista Oficial de Mondoñedo), Abel Vigo García (arqueólogo municipal), Miguel González Somovilla (xornalista e estudoso da obra de Cunqueiro) e Armando Requeixo (Coordinador da CMAC).
A Editorial Galaxia, que neste 2025 celebra o 75 aniversario da súa fundación, tivo un papel decisivo na recuperación literaria de Cunqueiro na Posguerra, pois nela apareceron algúns dos títulos maiores do autor, como Merlín e familia (1955), As crónicas do sochantre (1956), Escola de menciñeiros (1960) ou Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961) e, xa nos derradeiros anos do escritor, Xente de aquí e acolá (1971), Os outros feirantes (1979) e a súa Obra en galego completa (1980). En tempos recentes, reeditou tamén todos estes títulos e outros na Biblioteca Álvaro Cunqueiro, aos que sumou compilacións da súa poesía, teatro e articulística e, na súa división de Mar Maior, a reedición de El año del cometa, Flores del año mil y pico de ave, a versión castelá Merlín y familia e mais Vida y fugas de Fanto Fantini.
De por parte, esta distinción á Editorial Galaxia quere ser tamén un recoñecento a persoeiros esenciais para esta entidade, como Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro, Xaime Illa Couto ou Domingo García-Sabell, quen dende os seus inicios apoiaron a escrita e a proxección autorial de Álvaro Cunqueiro.
Coa designación da Editorial Galaxia como entidade Cunqueiriana de Honra de 2025 (que inclúe placa conmemorativa e diploma acreditativo) o Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro consolidan a traxectoria destes nomeamentos, que en anos anteriores recoñeceron o labor de persoeiros como Darío Villanueva, Víctor F. Freixanes , Rexina Vega, César Antonio Molina, Manuel Lourenzo ou Claudio Rodríguez Fer, entre outros.

O festival BREASON enche Mondoñedo de música e tradición esta fin de semana

Esta fin de semana, Mondoñedo converterase no epicentro da cultura e a música coa celebración do festival BREASON. O evento comezará o 8 de novembro ás 21:00h na Praza da Catedral coa actuación da Banda Municipal Pascual Veiga. O 9 de novembro, a xornada comezará ás 12:00h coa Sessión Vermú na Praza da Catedral, onde actuarán Cata Arnao, A Galiana, La Duendeneta e Brassica Rapa.

 Ás 17:00h, Os Muíños acollerán obradoiros de títeres, cantería e olaría

Ás 19:00h, na Praza do Concello, celebrarase o Magosto Popular coa participación da Asociación O Pasatempo e Os Carricantos.

 A noite continuará na Praza da Catedral con concertos de Meniñas da Mariña, De Ninghures, Ortiga, Terbutalina e Cool Nenas, a partir das 21:00h

 O festival pechará cun after na Sala ás 04:00h Non perdas esta oportunidade de gozar dunha fin de semana chea de música, tradición e diversión en Mondoñedo.