Elena Candia, na súa visita ao salón internacional de turismo gastronómico de Ourense , Xantar

Elena Candia, na súa visita ao salón internacional de turismo gastronómico de Ourense, Xantar. Na imaxe está acompañada polo tenente de alcalde, Manuel Otero, e polo edil de Educación, Alberto García.

O stand de Mondoñedo ofrece pan da localidade, empanada de tortilla e as tartas das 3 pastelerías de Mondoñedo. Tamén se ofrece información turística do municipio e o presidente da Asociación Cultural As San Lucas coa colaboración do Goberno local promociona a feira máis antiga de Galicia. Hai ademais pezas expostas dos artesáns que fan o seu labor nos Muíños.

A rexedora fai unha valoración “moi positiva” da presenza do Concello na feira.

Clica na imaxe pa vela a tamaño completo

volver

 

 

 

 

O Concello de Mondoñedo inicia hoxe a primeira fase da rehabilitación da Casa Museo de Cunqueiro

O Concello de Mondoñedo inicia hoxe mércores as obras previas á rehabilitación do edificio na Praza da Catedral para o que será a Casa Museo de Cunqueiro. A actuación, previa á definición completa do proxecto de rehabilitación da casa na que viviu o escritor, vai encamiñada a coñecer o estado de conservación estrutural e os sistemas construtivos.

O orzamento correspondente a esta fase da obra alcanza un total  15.767,70 euros. As obras foron adxudicadas mediante un contrato menor a unha empresa local. O Goberno municipal traballa agora na licitación do proxecto, cuxo orzamento para 2016 ascende a máis de 170.000 euros.

A alcaldesa, a popular Elena Candia, subliña que o obxectivo do proxecto completo “ademais de por en valor a edificación, pretende ser unha lembranza viva ao ilustre escritor, polo que se tratará de que sexa un centro dinamizador e un proxecto cultural ambicioso”.

A actuación global tentará recuperar a integridade estrutural e compositiva da edificación na súa volumetría actual intentando non só conservar senón mostrar as singularidades desta construción que se entende demostrativa dun tipo de construción tradicional propia da zona e do tempo en que foi construída.

Tratándose dunha casa museo tentarase a reconstrución dos espazos cos materiais, as luces e os obxectos que tería cando habitaba Cunqueiro co gallo de que o visitante poida sentir integramente o ambiente no que vivía.

Actuacións previas

Nesta fase de actuacións previas que comeza hoxe farase o baleirado completo da edificación que nestes momentos está cheo de escombros.

Amais, realizaranse escavacións arqueolóxicas na planta baixa, continuando as que xa se fixeron polos anteriores propietarios e das que resultou a aparición de interesantes restos construtivos doutras épocas.

Faranse catas nas paredes buscando restos de pinturas que poidan ser de interese para a súa conservación. Para iso, previamente eliminarase a cal das paredes, o que nos permitirá ler nos seus muros a súa historia.

Eliminaranse falsos teitos e solos construídos sobre o entramado estrutural e realizaranse catas nos elementos estruturais para avaliar ata onde lles afectou o paso do tempo ou o ataque dos insectos xilófagos.

Unha vez a vista estrutura, muros, tabiques e solos valorarase o seu estado de conservación para poder mantelo ou recuperar o máximo posible todos os elementos do edificio. Aqueles nos que non sexa posible serán substituídos por outros de similares características na medida co permita  a normativa vixente e o novo uso público do edificio.

volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Concello de Mondoñedo aprobará esta tarde unhas contas “realistas” que destinan máis de 540.000 euros a investimentos

O Goberno local do Concello de Mondoñedo aprobará no Pleno desta tarde os Orzamentos para 2016 que ascenden a 3,1 millóns de euros, unha contía superior a do ano anterior no que as contas foran prorrogadas polo anterior equipo de Goberno.

A rexedora, a popular Elena Candia, explica que se trata duns Orzamentos “realistas” nos que máis de 540.000 euros se destinan a investimentos. A partida na que o Goberno local concentra o seu esforzo é a de servizos sociais dotada con máis de 200.000 euros. “A nosa é unha aposta clara polos servizos sociais e pola atención ás persoas, polo que imos reducir todos aqueles gastos que consideremos superfluos”, sostén a alcaldesa.

Investimentos

Os investimentos previstos polo Goberno local inclúen a adquisición de maquinaria por valor de 65.000 euros, 30.000 euros para o POS e 90.000 euros para a mellora de camiños rurais. Tamén haberá recursos municipais para a rehabilitación da casa de Álvaro

volver

 

 

 

O Concello de Mondoñedo amplía nun mes o prazo de solicitude de axudas destinadas á rehabilitación de vivendas no casco histórico e barrios de San Lázaro e Os Muíños

O Concello de Mondoñedo amplía nun mes o prazo de solicitude de axudas públicas destinadas á rehabilitación de edificios e vivendas  situadas no casco histórico da localidade así como nos barrios históricos de San Lázaro e Os Muíños.

En concreto, a alcaldesa do municipio, Elena Candia, asinou esta mañá o decreto a través do que se acorda a ampliación do prazo, que comezará a contar a partir do día seguinte a data da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

As bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para a Área de Rexeneración e Renovación do Casco Histórico de Mondoñedo e Barrios Históricos de San Lázaro e Os Muíños publicáronse no BOP de 7 de decembro de 2015. Nelas establécense os criterios a cumprir para a concesión destas axudas enmarcadas no acordo de comisión bilateral asinado entre o Ministerio de Fomento, o Instituto.

volver