Mondoñedo celebra o Entroido o 21 de Febreiro con preto de 3000 euros en premios

A cidade de Mondoñedo celebra o Entroido o sábado dia 21 de febreiro e repartirá perto de 3.000 euros en premios.

Haberá premios para comparsas e charangas, grupos de máis de 10, grupos de 3 a 10, parellas, individuais e tamén na categoría infantil.

O concurso de desfile de disfraces percorrerá as rúas da cidade de Mondoñedo, a partir das 5 da tarde, e ao finalizar haberá ambientación musical na Praza do Concello.

Para participar hai que inscribirse, o sábado dia 21, no Campo dos Paxariños dende as 16:00 horas ata ás 17:00 horas.

carteles :

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

Os fregueses das parroquias de Santa María Maior, Santo Adrao, San Xurxo e San Tomé homenaxean ao crego D. Antonio Rodríguez Lodos.

D. Antonio Rodríguez Lodos, nado en xullo do 1935 en Santa Marta de Meilán, sentiu vocación dende pequeno. Estudou no Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo e, con 23 anos de idade, o 14 de marzo do 1959 foi ordenado crego. Seguidamente pasou por varios destinos, dous anos no Ferrol, outros dous en Madrid onde se licenciou en Dereito Canónico na Universidade Pontificia de Comillas, dous máis no Seminario de Mondoñedo e no ano 1965 chegou ás parroquias de San Xurxo, San Tomé e Santo Adrao (Lourenzá) e Santa María Maior (Mondoñedo) onde desenvolveu a súa labor pastoral ata a actualidade.

Ao longo destes 50 anos Don Antonio, nome por o que os seus fregueses o coñecen, foi gañando o cariño e afecto da veciñanza das parroquias, tanto por a súa personalidade próxima e amábel, como por o seu saber estar en cada oficio. Por esta razón, a veciñanza destas catro parroquias decidiu organizarse para renderlle esta tan merecida homenaxe.

O acto, que terá lugar o domingo 1 de marzo ás 13:30 h., comezará cunha misa na igrexa de San Tomé á que lle seguirá un xantar de confraternidade, ao que asistirán veciños e veciñas das súas  parroquias.

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

 

Presentación libro en Mondoñedo

O centro Comarcal de Mondoñedo acolle este venres dia 13 de febrero, ás 20:30 horas, a presentación do libro “Consejos de guerra contra el clero vasco” (1936-1944), do autor Anxo Ferreiro Currás. No acto intervirán o xornalista Xulio Xiz, o cura de Castro de Rei, Xose Manuel Carballo e a investigadora Rosa Cal Martínez.

EN: MONDOÑEDO.

LUGAR : CENTRO COMARCAL

DÍA: 13 DE FEBREIRO

HORA: 20.30 H.

INTERVIRÁN

Xulio Xiz, xornalista,  produtor e animador cultural galego.

Xosé Manuel Carballo, cura  de varias parroquias de Castro de Rei e escritor.

Rosa Cal Martínez, ex profesora de Ciencias da Información UCM e investigadora.

Anxo Ferreiro Currás, autor do libro

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

 

Cabalgata de Reyes 2015

Un año más los Reyes Magos de Oriente dejaron  un montón de regalos y felicidad a los niños de Mondoñedo , como es de costumbre los Reyes visitaron el hospital de San Pablo y el Asilo antes de dar un recorrido por las principales calles de nuestra ciudad , para luego dirigirse al auditorio donde recibieron a todos los niños que allí les estaban esperando llenos de alegría para ver a sus Majestades de Oriente.

Ver fotografías

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

 

O equipo de goberno de Mondoñedo apoia a ILP que demanda a implantación dos servizos de radioterapìa , medicina nuclear e hemodinamica 24 hora

Mondoñedo, 19 de decembro de 2014. O equipo de Goberno de Mondoñedo apoia a ILP que demanda a implantación dos servizos de radioterapia, medicina nuclear e hemodinámica 24 horas, nos seus termos orixinais.

Ademais este equipo de Goberno rexeita “totalmente as emendas aprobadas esta semana no Parlamento de Galicia polo Partido Popular, que desvirtuou por completo a ILP, desprezando e niguneando aos asinantes e a todo o pobo de Lugo en xeral”.

A maiores lembran que esta iniciativa esta apoiada por mais de 42.000 veciños da provincia.

Por último sinalan que a implantación no HULA dos servizos de Radioterapia,Medicina Nuclear e Hemodinámica as 24 horas “é unha demanda irrenunciable para tódolos veciños de Lugo e da Mariña pola que todos seguiremos loitando”.

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate