el tiempo da una tregua para disfrutar de las Quendas

Después de una incesable caída de  lluvia y viento , el tiempo dio una tregua apareciendo el sol , para que centenares de turistas y Mindonienses pudieran disfrutar de las Quendas 2015 , con su tradicional feria caballar.

La reina de las fiestas junto con las Damas de honor , los cabezudos y el grupo de gaitas ” Illa Pancha ” recorrieron los puestos de la feria hasta llegar al campo de la feria desde su salida del Ayuntamiento , en la sesión vermú la orquesta ” Principal ” de Mondoñedo fue la encargada de que la gente no parara de bailar.

Ver fotos

Carteles Quendas 2015  , haciendo clic en cada imagen las puedes ver a tamaño completo :

 

Curso de iniciación á apicultura en Mondoñedo

A Asociación Galega de Apicultura organiza un curso de iniciación os días 1, 2 e 3 de maio no Centro Comarcal A Mariña Central, dentro do programa de formación que AGA Asociación Galega de Apicultura está levando a cabo durante esta primavera por toda Galicia.

Mondoñedo, 24 de abril de 2015

Para ter éxito no cultivo das abellas hai que formarse previamente. A pretensión destes cursos é formar novos abelleiros e abelleiras e tamén refrescar a adaptar os coñecementos dos abelleiros e abelleiras veteranas a unha actividade que está sufrindo un proceso de cambios acelerados.  A apicultura ofrece moitas posibilidades coma unha actividade multifuncional. A comarca da Mariña Central conta con 200 apicultores, con aproximadamente 3.000 colmeas e unha produción estimada de 60.000 quilos de mel ó ano, que se pode incrementar xa que temos moitos consumidores comarcais ávidos de consumir estes extraordinarios produtos das abellas

O contido do curso inclúe unha parte teórica e unha práctica.  Os participantes adquirirán os coñecementos básicos sobre as abellas, o seu comportamento, a instalación e manexo das colmeas e a obtención dos variados produtos das abellas: o mel, o pole, o própole e a cera.

No programa está incluída a participación nun día de campo con prácticas en colmeas, que faremos no mes de xullo en Covas, no concello de Taboada en Lugo. Alí visitaremos unha explotación apícola incluída nun proxecto de recuperación do rural que están levando a cabo uns socios de AGA. Esta actividade ten tamén como obxecto ofrecer exemplos de posibles alternativas para a xente que está pensando comezar algún proxecto no rural.

Para socios e socias de AGA o curso é gratuito e para as pesoas non socias terá un custe de 50 €. Para inscribirse poñerse en contacto con AGA nos teléfonos 981 508 142 / 981 589 534 ou por email a aga@queixoemel.org. O programa completo do curso en www.apiculturagalega.es

Volver a inicio

Publicidad

Exposición conxunta de artistas Mindonienses

Nesta mostra participan 14 autores, cun total 37 obras

Na exposición poden verse pinturas, fotografías, esculturas de pedra e de ferro

Inaugurase o vindeiro sábado, 25 de maio

Mondoñedo, 23 de abril de 2014. Xose Artiaga, Nina Alvarez, Ignacio Castro (Nachok), Caxigueiro, Ernesto González Torterolo, Quique Guerra, Martin Hirschy, Zilí Katova, Mauro Leivas, Juan Puchades, Alicia Puchades, Mundo Rubal, Fernando Vilariño e Xose Vizoso son os autores mindonienses que forman parte da exposición colectiva“Cartografias da Neboa”, que se exhibe no Centro Comarcal de Mondoñedo.

Na mostra, organizada pola area de Cultura do Concello, participan 14 autores que están vencellados a Mondoñedo, cun total de 37 obras.

Na exposición, que xa ten abertas as súas portas ao publico pero que será inaugurada o vindeiro 25 de maio ás 12:30, poden verse pinturas, fotografías, esculturas de pedra e de ferro.

Cartografias da Neboa”, xa esta aberta ao publico, e poderá verse ata o vindeiro 16 de maio.

Volver a inicio

Publicidad

A cidade de Mondoñedo volcada co seu equipo

A dúas xornadas para que remate a liga, o Mondoñedo FC xógase a súa permanencia na categoría. Este domingo 19 recibirá ao Foz no Viñas da Veiga ás 17:00 horas.

O sector da hostalería impulsa unha xornada especial con promocións e descontos para os seareiros.

A directiva do club xunto cos hostaleiros da cidade poñen en marcha unha xornada de domingo diferente. Os establecementos colaboradores ofrecen tapas especiais elaboradas para a ocasión bautizadas co nome do club, descontos aos afeccionados que acudan coa bufanda e incluso un lote de produtos que se sorteará durante o descanso do partido entre todos aqueles que anteriormente cuñen a súa cartolina polo menos en tres dos locais participantes.

Esta iniciativa acontecerá na propia cidade de Mondoñedo o vindeiro domingo 19 dende as 12-30 ata o momento do esperado encontro, MONDOÑEDO – FOZ, que terá lugar no Viñas da Veiga ás 17:00 horas.

Baixo o lema de “xuntos conseguiremos a permanencia, Mondoñedo FC somos todos” queren transmitir unha mensaxe de unión para darlle alento ao equipo e axudarlle a acadar a tan ansiada vitoria.

Volver a inicio

Publicidad

 

Festa da Árbore 2015 , Mondoñedo

Coma todos os anos, dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a chegada da primavera con unha xornada de actividades para pequenos e maiores que terá lugar o vindeiro sábado día 18 de abril en Mondoñedo.

A partir das 10h da mañá na Praza da Catedral de Mondoñedo e  coa colaboración da delegación de deportes do Concello de Mondoñedo, inicianse as actividades para xente de todas as idades cunhas rutas de sendeirismo e en bicicleta, adecuadas para cada idade. Dende as 11h  no Casino de Mondoñedo e coa colaboración do Círculo de Recreo e da Gaita Escola de Mondoñedo, realizarase un obradoiro de música tradicional para nenos. Finalmente, a partir das 13h na Praza dos Muíños, pintura facial e globoflexia para nenos, recital de poemas e o momento da plantación da árbore, con acompañamento musical. Ademais, durante toda a mañá na Praza dos Muíños, estarán expostos os debuxos participantes no “IV Concurso de Debuxo da Árbore”, realizados no CEIP Álvaro Cunqueiro e na Escola Infantil  de Mondoñedo, de onde sairon os 2 debuxos gañadores para ser o cartel da festa.

 

Como curiosidade, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios baixo pena de multa a quen non o cumprise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.

Organiza: A.C. O Pasatempo

Colabora: Concello de Mondoñedo -Gaita Escola Mondoñedo -Círculo de Recreo

Carteis gañadores do IV Concurso de debuxo da árbore :

volver a inicio

 



Semana Santa Mindoniense nuevas fotografías

Seguimos ampliando las fotografías de la Semana Santa Mindoniense con las procesiones del Prendimiento desde los Molinos , Santo Encuentro desde la Fuente Vieja y el Viacrucis Penitencial dentro de la Catedral de Mondoñedo.

Clicando en los siguientes enlaces puedes acceder a las diferentes galerías

Viacrucis Penitencial ” Catedral de Mondoñedo “

Santo Encuentro ” desde la Fuente Vieja “

Procesión del Prendimiento ” desde los Molinos “

Viacrucis Penitencial ” desde la iglesia de los Remedios hasta los Picos “

Procesión del ECCE HOMO

Domingo de Ramos

Volver a inicio