O Ecce Homo percorre Mondoñedo cunha participación en aumento e espírito de tradición viva
Despois da Procesión de Ramos que abriu oficialmente a Semana Santa mindoniense, Mondoñedo continuou hoxe cos actos relixiosos coa saída do Ecce Homo, que partiu da Alcántara ás sete e media da tarde. A imaxe percorreu as principais rúas da cidade nun ambiente de respecto, silencio e devoción, para regresar finalmente ao punto de partida.
Dá a impresión de que cada ano é maior o número de persoas que participan e acompañan estas procesións, algo que enriquece a vida cultural e espiritual da cidade. Para min é unha satisfacción poder seguir dando visibilidade a estes momentos que forman parte da identidade de Mondoñedo e que unen tradición, e sentimento.






























Mondoñedo inaugura a Semana Santa cunha multitudinaria Procesión de Ramos pese ao frío
A Semana Santa de Mondoñedo botou a andar cunha Procesión de Ramos ateigada de xente, nun día frío pero agradecido pola ausencia de chuvia. A cidade amenceu coa alegría de comprobar que, ademais de manter o espírito festeiro que nos caracteriza, seguimos preservando con cariño as tradicións relixiosas que forman parte da nosa identidade.
A procesión, chea de veciños e visitantes, percorreu as rúas mindonienses entre ramos, emoción e fe compartida, marcando así o inicio dunha das semanas máis significativas do ano para Mondoñedo.



























