As San Lucas celébranse en Mondoñedo dende o ano 1156

AS FEIRAS MÁIS ANTIGAS DE GALICIA PRESENTAN MOITAS NOVIDADES CULTURAIS E ARTÍSTICAS

Este ano terán lugar dende o 16 ao 20 de outubro

-Pablo López, ex concursante de Operación Triunfo , actuará en Mondoñedo, no único concerto anunciado ata o de agora en Galicia no que queda de ano

– A comisión organizadora quere potenciar  a chegada tradicional dos cabalos á cidade, cunha pantalla xigante na Praza da Catedral e a retransmisión en internet

Mondoñedo (Lugo), 18 de agosto de 2014. A comisión de feiras e festas das San Lucas xa esta rematando o programa de festexos deste ano. As feiras máis antigas de Galicia celébranse este ano dende 16 de outubro ata o dia 20.

 

Unha das novidades musicais desta nova edición é a actuación do ex-concursante de Operación Triunfo, Pablo López, un artista que esta arrasando por tódolos escenarios nos que actúa. http://www.pablolopezmusic.com/).

 

No que se refire ás orquestras “contaremos coas mellores de Galicia”, sinala Miguel Souto, Presidente da Comisión de festas. Estarán entre outras a PARIS DE NOIA , PALLADIUM, FANIA , FILADELFIA, NUEVA GENERACION , CLAXXON, MARBELLA  E TEKILA.

Ademais a organización esta traballando en “potenciar as emocionantes imaxes da chegada tradicional dos cabalos polas rúas da cidade ata a praza da Catedral”, relata Souto. Por iso explica que a comisión esta traballando para darlle maior difusión a este evento e dalo a coñecer cada vez a mais publico, “estamos estudando poñer unha pantalla na praza da Catedral para seguir o percorrido dende os montes e valles de Mondoñedo, con conexións cos cabaleiros no percorrido, e tamén estamos buscando a posibilidade de emitilo por Internet”.

 

18 de outubro, día grande, o cabalo é o protagonista


O día grande das San Lucas, o dia 18 de outubro, centos de reses chegadas de todo o noroeste peninsular danse cita na feira de gando tradicional mais importante de Galicia, que este ano conta con preto de 6.000 euros en premios. Tamén haberá os concursos tradicionais; como os morfolóxicos, Final da copa Galicia, Pura Raza Galega, Andadura, Trotons e todos eles cos seus correspondentes premios.

O Cartel das San Lucas deste ano xa esta listo, e realizouno como cada ano o artista mindoniense Xose Vizoso.

A comisión organizadora sigue traballando en pechar o programa de actividades, e este ano vai contar con mais actuacións e actividades lúdicas e culturais que se irá anunciando nos vindeiros días.

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate