Mindonium.es – el portal de todos los Mindonienses


O DICCIONARIO POLITICAMENTE CORRECTO

Publicado el 26 / marzo / 2013 por admin

Nunca pensei que a Gramática serviría para facer política do xeito que se emprega hoxe. Sabia que un discurso de calquera índole a de ter boa gramática, e que as cousas pódense dicir de moitos xeitos, xa que non é o mesmo que te chamen porco, a que che regalen una pastilla de xabón para que a uses toda nunha sesión.

Pois ben, temos que ver os formularios que usaran na Mancha para facer os desafiuzamentos, palabra condenada ó desuso por non ser correctamente político dicirlle á xente “Como non pagou será desafiuzada” e coma esta hai outras palabras coma  desaloxar, Barcenas, botar fora da casa e así unha restra delas que non se pronuncian porque politicamente fan dano, polo tanto hai que borralas do diccionario,

Estarán as autoridades falando cos da Academia da Lingua para modificar o Diccionario? Ben seguro que lle poñerán unha segunda ou terceira acepción na que se lea, por exemplo, GRATIS = 1º De gracia o de balde 2º Copago. Se ós políticos lles convén, ben seguro que así será.

Fágome esta pregunta porque vin unha tarxeta sanitaria con dereito a copago, que tiña sobre do numero do asegurado a palabra “PENSIO…” polo que o 1º significado, debe entenderse “Non debe pagar nada” e o 2º significado “Ten dereito a Copago” (o de dereito é moi democrático, parece como se pagaramos a medias)Pero que é o Copago. É unha palabra inventada pola política. Eu na din atopada no diccionario (D. da R.A.E. 21º edición e Diccionario Larousse).

Os amañadores gramaticais en beneficio propio, pensaron; “O dicirlles copago supón que pagamos entre dous, o xubilado e o goberno, e isto queda bonito pois o certo é que o xubilado xa pagara durante quince anos una cantidade mensual para ter cuberta a xubilación polo tanto ninguén ten que copagarlle nada, pero queda moi fino pois ademais de pagalo co seu seguro, agora paga un porcentaxe sobre do prezo das menciñas, ou sexa que as pagou antes e agora volve a pagalas, (seria repago) pero non é o mesmo cobrarlle un porcentaxe, que facer un copago. A gramática salvadora. Ben, pero isto xa todos o sabían.

O que posiblemente non saiban é o invento gramatical de borrón e cobro novo.

Supóñase que na mesma tarxeta anterior tiña unha fecha de caducidade (agora non prescriben por fecha, teñen que aforrar en tarxetas) pero si o xubilado non é pensionista ou sexa non ten nada de nada para vivir, (só ten anos) entón cando lle caduque mándanlle unha nova tarxeta na que desaparece a palabra “PENSIO…” polo tanto cando vai a farmacia a buscar o medicamento salvador xa non será o 10% sobre o prezo da menciña o que terá que pagar, se non o 50% do prezo. Todo por non ter ningún tipo de xubilación, nin pensión, nin recomendación,  nin rabo de gaita. E unha forma moi discreta de procurar que morra a xente que coas pensións compran TV de plasma, ou van as manifestación vestidos de raso roxo. ¡Estes pobres non dan mais que dolor de cabeza!

Estou desexando que algún me regale de copago un dos novos diccionarios  politicamente correctos.

Fdo: Xosé Ruiz Leivas

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

Deja tu comentario

Tienes que estar logeado para comentar.




↑ Subir