OS SOCIALISTAS DIN QUE DESDE A CHEGADA DE FEIJOO Á XUNTA “GALICIA CADA VEZ VAI A PEOR”
Jose Blanco apelou ao “voto útil porque agora non é momento de aventuras”
Mondoñedo (Lugo), 12 de outubro de 2012. O ex Ministro de Fomento Jose Blanco asistiu onte en Mondoñedo a unha cea mitin. Ali dixo que “todo foi a peor desde a chegada de Feijóo e Rajoy “, por iso “apelou ao voto útil porque agora non é momento de aventuras”.
O deputado socialista no Congreso por Lugo e exministro de Fomento, José Branco, pediu “cambiar a un presidente que está na estratosfera”. Dixo que os galegos “poñeranlle os pés na terra o día 21 cando elixan a Pachi Vázquez”, insistiu
Afirmou que “Galicia necesita ambición de país para resolver os problemas, de sentirse galego para empuxar o crecemento da nosa economía e reforzar a nosa identidade”.
Blanco advertiu ao PP de que poderá “parar as obras, como está facendo, pero non o cambio, porque este responde á necesidade de “sacar a tarxeta roxa a Rajoy e a Feijóo”.
No acto tamén interveu o candidato socialista da Mariña Jose Ramon Val quen criticou os constantes incumprimentos de Feijoo e o PP coa Comarca. Por iso demandou mudar “o voto do sufrimento do PP polo do crecemento con Pachi Vázquez”.
Modesto Díaz agradeceu a Jose Blanco o seu traballo ao longo de todos estes anos “a cidade de Mondoñedo esta profundamente agradecida da súa xestión”, dixo. Advertiu que “votar ao PP é votar por pagar polos medicamentos, polo transporte escolar ou polos libros de texto, é votar contra ti mesmo” e apostou por “cobrar mais aos mais ricos e investir en universidades e ensino”.
Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate