OS DESEÑADORES

Nestes días os que manexaron os fíos dos monicreques de Bankia e Novagalicia, están sendo estudiados pola Fiscalía do Estado por si “as moscas”. En realidade buscan os responsables de deseñar o modo de sacarlles os cartos os impositores que non os inversores que son dúas cousas distintas. E como se supón que fan?

Nunha habitación, e sobre dunha mesa traballa un deseñador de roupa, despois o seu traballo lóceo una moza na pasarela levando os aplausos. Uns enxeñeiros traballan deseñando un motor de coche que despois faralle subir o podio o gañador da carreira. E así ata o  infinito, xa que tras dun triunfo sempre existe un deseñador de algo. Pero o resultado final non sempre é o triunfo ou a fama, tamén están os cartos ou a cárcere. Por exemplo, segundo vemos na tele algunha vez os deseñadores rómpense os miolos en deseñar os modos de transportar a droga ata chegar a vendela e se todo sae ben énchense de cartos e si sae mal prenden a quen a transporta – non o deseñador – os que rouban un banco deseñan como facelo, fan planos, miden tempos, acumulan datos que resumen nun plan, se todo sae ben hai cartos e se sae mal, pois cárcere para  os actuantes. pero o deseñador igual se libra dela, aínda ai moitos mais casos deses, e ocorréseme que cando un banco ofrece un producto “lixo”  alguén o deseñou. Témolo exemplo das  “Preferentes”, alguén chegou un día o banco coa idea e presentouna na mesa onde se reúnen os conselleiros, onde soe participar algún dos políticos retirados e en nómina do banco, e alí, supoño que a media luz para non se ver as caras uns a outros deseñan a trampa legal, o roubo camuflado de legal, ou a estafa consentida das famosas “Preferentes” onde se todo sae ben énchense de cartos e se sae mal como esta ocorrendo, os que perden son os directores de sucursal cómplices secundarios, pero os deseñadores, os que a luz dun candil, agochados, e disimulando a voz porque sabían que estaban sacándolles os cartos con ”pluma” (non con pistola) a tódolos aforradores inocentes e lles daba algo de vergoña que ninguén os vise, a eses so os botan do traballo con indecentes e millonarias e polo visto legais  indemnizacións. Porque eles non foron, foi o Banco, si, ese edificio presuntuoso que todos coñecemos, feito de cemento ou do mesmo producto que teñen na faciana os deseñadores dos productos bancarios, e que na porta dos seus despacho locen un cartel que di  “Nos somos honrados. Vostedes parvos egoístas” .

Teña coidado amigo. Alguén segue deseñando nos bancos e si se fan ricos, pagarao vostede e se sae mal, pagarao vostede a traveso de Estado e os empregados das sucursais.  Sempre seremos Vostede e mais eu os culpables, por picar no cebo dos intereses elevados que nos sacaran de traballar, pero nunca un deseñador.

Será capaz, esta vez, a Fiscalía de pórlle nome a algún deseñador? Algún mindoniense que esta nas redes das “Preferentes” agradeceríao para que lle devolvan o que é seu, e lle quitaron con un  artigo ben deseñado polo deseñador do banco.Por suposto legal, faltaría mais, e se non, que llo pregunten a quen mercou “preferentes” de deseño.

Fdo: Xosé Ruiz Leivas

volver a inicio

mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo ? regístrate

 

Os xuíces e as cidades mariñáns

Esta clarísimo que á escala social e económica à que pertenzo non debe ser moi aló, xa que gústame a rabiar a miña cidade, Mondoñedo. Aclaro esto por que lendo un estupendo artigo publicado no xornal A Mariña hai uns días (2/6 páx.6) o Ex-Ministro de Xustiza D. Francisco Caamaño fai unas declaracións sobre do que ían facer cos xulgados cando el mandaba que inclúe unhas opinións que por sorprendentes repito: “…os sectores conservadores dos xuíces… seguen pensando que un XUIZ NON DEBE vivir nun sitio pequeno como Mondoñedo ou Viveiro ou Ribadeo. Eles pensan que seu estatus ten que levalos ás cidades” ¡Viva o meu estatus que me permite vivir na cidade mais fermosa do mundo! ¡Ala eles se lles da vergoña vivir en calquera das feiticeiras vilas desta simpar Mariña lucense que dende que Deus a fixo rompeu o molde e tirouno o río Masma que nos leva ó mar da Mariña que baña con mimo dúas das tres cidades vedadas polos xuíces! Ribadeo, porta e chave de Galicia, Viveiro cidade do Rei, Mondoñedo protectora do espírito da paz, perdoade a quen vos insulta por que eles xamais terán o voso estatus, aínda que coñecendo a vosa xenerosidade sei que sempre recibides con agarimo a quen a vosoutras se achega.

Agora entendo o que quere dicir “fin de semana caribeña” agora entendo porque collen as carpetas cheas de traballo e se marchan a Marbella a traballar os fins de semana, agora entendo porque traballan nos restaurantes cando comen e ademais invitan a facelo os que andan en preitos, para acabar axiña o traballo, claro. Agora entendo porque todos escapan da vila de Madrid para á grande cidade de Marbella.Todo polo estatus.¡Tenche estatus a cousa!

O Sr Ex-Ministro de Xustiza cando fala desto debe sabelo de primeira man, e é unha magoa que non haxa dubidas da súa veracidade pois é moi duro constatar que xa van dous ministros da xustiza española que se lembran de  Mondoñedo pero para mal, sendo esta unha cidade pequena, fermosa, agarimosa con quen a visita, e chea de xente traballadora, culta e respectuosa coa xente, e que so quer vivir traballando en paz

Fdo : Xosé Ruiz Leivas

Volver a inicio

Te gusta la web ? Quieres recibir en tu correo nuevas publicaciones ? Regístrate

 

Reunión con el Conselleiro de industria Javier Guerra

Na reunión celebrada esta tarde (martes, 24 de decembro de 2012) no consistorio de Mondoñedo na que participaron o Conselleiro de Industria, Javier Guerra; membros do comité de empresa de ECAR-FINSA e representantes da corporación municipal puxéronse sobre a mesa varias alternativas ante o peche da factoria mindoniense. En palabras do alcalde de Mondoñedo, Orlando González “O conselleiro foi claro e non creou falsas expectativas, algo que é moi de agradecer”.
O Conselleiro informou sobre as xestións realizadas perante FINSA para evitar o peche da fábrica logo de varias reunións e deixou claro que non hai marcha atrás, que é unha decisión meditada, que non se trata de que busquen axudas económicas por parte da administración senón que a decisión do peche é unha estratexia empresarial. A pesar da dura realidade o Conselleiro comprometouse a mediar coa Consellería de Traballo para intentar que o ERE de ECAR deixe de ser de extinción para convertirse nun de suspensión.
Entre as alternativas que se plantexaron destaca a posibilidade de que os empregados da factoría se organicen nunha cooperativa ou fórmula similar para continuar coa xestión da empresa para o cal a consellería poría medios técnicos e económicos, con axudas que poderían alcanzar o 50% das inversións. Este apoio non se reduce unicamente aos traballadores da factoría senón que se algún outro emprendedor dedice iniciar algún tipo de actividade industrial na zona tamén se podería beneficiar delas.
Os obreiros de ECAR fixaron para mañá unha asemblea xeral de traballadores na que tratarán, entre outros temas a posibilidade de autoxestionar a fábrica.
Tamén se decidiu a creación dunha comisión integrada polo alcalde de Mondoñedo, portavoces municipais e técnicos da Consellería para facer un seguimento da situción e buscar medidas compensadoras ante a perda de tantos postos de traballo. Esta comisión reunirase o vindeiro luns na Casa do Concello de Mondoñedo ás doce do mediodía.
Polo que respecta a outras alternativas compensadoras para a zona, como por exemplo a de creación dunha residencia de anciáns en Mondoñedo o conselleiro informou que non están dentro das súas competencias, pero que a comisión que se vai crear pode contemplar esta iniciativa igual que calquera outra que poda xurdir.
Antes do inicio da reunión, centenares de mindonieses así como veciños de localidades próximas entre os que destacaba un grupo de traballadores da empresa Hermida de Lourenzá congregáronse ás portas da Casa do Concello de Mondoñedo en señal de apoio aos traballadores de ECAR e para mostrar unión ante a problemática laboral na comarca.
FRAN BOUSO

Ver Fotografías


Volver a inicio

Te gusta la web ? Quieres recibir en tu correo nuevas publicaciones ? Regístrate

Leiras agora

Neste arranque do ano no que se cumpren cen do pasamento do masón, anticlerical e republicano Manuel Leiras Pulpeiro, coñecido polos da Paula como “O médico dos pobres” pregúntome eu: Como actuaría Leiras ante a actual situación socioeconómica que está vivindo Mondoñedo e a súa comarca?.
Seguramente que a problemática sería eixo central de moitos faladoiros no “Casino de los Caballeros” e que no “Tío Marcos da Portela” empregaría adxectivos como “ladrós” e inhumanos para referirse a aqueles que con diñeiro de todos mercan empresas para eliminar a súa competencia directa e non lles treme a man á hora de deixar sen pan a centos de persoas, nin atenden a razóns cando se lles presentan alternativas.
Leiras, coñecido en Galicia como autor de versos cargados de emoción e compromiso, tamén foi un bo home que se preocupou polos seus veciños e veciñas. Cando visitaba un enfermo nun fogar onde abundaba a pobreza deixaba, como o rato Pérez, unhas moedas debaixo da almofada para que a familia puidera mercar menciñas e ir tirando uns días.
Nos días de hoxe, seguramente, Leiras estivera mobilizando a Cándido Carreiras e aos seus para preparar algún festival solidario que servise para recadar fondos e estar preparados para actuar en caso de posibles emerxencias sociais que puideran vivir algunhas familias mindonienses sen deixar de matinar na procura de solucións que permitiran xerar emprego no lugar.
Non fai moito pasei polo vello cemiterio civil de Mondoñedo e vin unha rosa branca morta enriba da lápida de Leiras. O que a el lle gustaría sería ter unha roseira de rosas roxas viva que florecera ao tempo que a Mondoñedo volta a primavera.
Fran Bouso

Volver a inicio

Te gusta la web ? Quieres recibir en tu correo nuevas publicaciones ? Regístrate

Publicidad : Supermercados Claudio , Ofertas del 5 al 18 de enero de 2012

Carta a Cunqueiro no seu centésimo aniversario

Mondoforte, 22 de nadal de 2011

Admirado Sr. Cunqueiro:
Desculpe o meu atrevemento ao molestalo con estas verbas nun día tan especial para Vostede.
Antes de nada, permítame presentarme, pois nunca antes me tivera dirixido a VD.; cando marchou do Mondoñedo da terra eu tan só tiña cinco anos recén cumpridos e, que eu recorde, nunca nos temos cruzado pola Venecia mindoniense que por aquel entón era o meu espazo vital. Mellor que presentarme, se quere saber de min, pódelle preguntar ao meu pai que está moi preto de VD. aí no ceo dos mindonienses.
Teño entendido que cando estivo aquí as cousas, a nivel persoal, non lle foron todo o ben que deberían en moitos aspectos, pero quero que saiba que hoxe, nesta “cunquiña deleitosa” da que falou Leiras ténselle gran respecto e admiración, proba delo é que o pasado sábado nos xuntamos en Mondoñedo preto de milleiro e medio de persoas para renderlle merecido homenaxe nun novo atrevemento de pór en escena a súa obra “Merlín e familia”. Se desde aí arriba nos estivo mirando, ben seguro que lle provocamos a risa en máis dunha ocasión, sobre todo pola mañá no transcurso da mesa redonda que tiven a honra de moderar na compaña de Antonio Reigosa, Armando Requeixo e a dona de Francisco Piñeiro. O amigo Paco non puido estar presente, pois ese día despedía ao seu pai que collía o camiño que VD. botou a andar o vinteoito de febreiro do oitenta e un. Alí tamén estaba Suso do Bahía e outros moitos amigos e amigas de aquí e de acolá. E (…) agora que me dou conta VD. tamén. Non me decatara
diso ata este momento no que lle estou escribindo, pero neste intre confirmo a súa presenza: Con quen falaba Suso senón cando interrompeu o seu discurso?.
E foi o último en marchar: Cando todos abandonamos a sala para ir cara ao Auditorio, mirei á pantalla de proxección que hai no salón de actos da Casa da Xuventude e vin a sombra da súa figura, pero pasoume desapercibida, de non ser así teríao saudado. Descúlpeme. Dous días máis tarde, o pasado luns, recibín unha chamada de José Manuel Corral preguntándome que que fixera co proxector de vídeo que na pantalla aparecía unha sombra que non daba desaparecido… Eu non fixera nada… agora caio… era VD. que seguía alí
Ben, xa non sei que é o que lle ía contar, pásame moito ultimamente, que quero falar dunha cousa e acabo botando un discurso interminable sobre algo que non ten nada que ver, pode influír que mentres estou escribindo esta carta a miña filla Paula está pedíndome que lle saque a bata, que lle deixe buscar a Hello Kity no ordenador, que vaiamos a Mondoñedo, que a colla no colo, que lle cante unha canción…
Pois nada, xa me despido que vou cantar “No niño novo do vento”.
Parabéns e que cumpra moitos máis.
Atentamente,
Fran Bouso.

Volver a inicio

Te gusta la web ? Quieres recibir en tu correo nuevas publicaciones ? Regístrate