{"id":6683,"date":"2016-11-22T15:08:13","date_gmt":"2016-11-22T15:08:13","guid":{"rendered":"http:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/?p=6683"},"modified":"2018-08-12T18:04:07","modified_gmt":"2018-08-12T18:04:07","slug":"resumo-ii-encontro-de-participacion-cidada-en-mondonedo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/2016\/11\/22\/resumo-ii-encontro-de-participacion-cidada-en-mondonedo\/","title":{"rendered":"Resumo II Encontro de Participaci\u00f3n Cidad\u00e1 en Mondo\u00f1edo."},"content":{"rendered":"<p>En primeiro lugar queremos agradecer a boa disposici\u00f3n e o bo talante de di\u00e1logo expresado pola Sra. Alcaldesa e demais membros da Corporaci\u00f3n Municipal. E a asistencia e respetuosidade dos representantes das asociaci\u00f3ns e do p\u00fablico que acudiron ao Encontro, o que facilitou a labor dos voceiros que tam\u00e9n actuaron de moderadores. A reuni\u00f3n comezou as 20,30 horas e rematou a car\u00f3n das 23 horas.<\/p>\n<p>Explicouse o convenio do Proxecto \u00a0Retinae de divulgaci\u00f3n da cidade a trav\u00e9s das novas tecnolox\u00edas \u00a0 e que se po\u00f1er\u00eda a disposici\u00f3n das asociaci\u00f3n mediante env\u00edo de copia por correo electr\u00f3nico .<\/p>\n<p>Co respecto ao Cami\u00f1o Norte evaluaronse os novos trazados e as problem\u00e1ticas a corrixir \u00a0no seu tr\u00e1nsito pola antiga Calzada Romana e pola Infesta. E \u00a0se espera a notificaci\u00f3n da Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio Cultural sobre o Estudo que se comprometeu a facer da Variante Mar\u00edtima pola Bas\u00edlica de San Marti\u00f1o de Mondo\u00f1edo. Tam\u00e9n se agarda corrixir deficiencias no Centro de Interpretaci\u00f3n do Cami\u00f1o Norte e dos escritores e m\u00fasicos que ampliar\u00e1 en horario de ma\u00f1\u00e1 e tarde a atenci\u00f3n ao publico e aos peregrinos. Agardando se faga a inauguraci\u00f3n p\u00fablica o antes posible. \u00a0A sra alcaldesa nos informou que a exposici\u00f3n sobre a Imprenta se trasladar\u00e1 a Casa dos C\u00f3engos onde se prev\u00e9 facer un Museo especifico sobre a mesma, incorporando outras m\u00e1quinas e utensilios cedidos por Fernando L\u00f3pez de Suc. De Mancebo.<\/p>\n<p>Falouse da nova sinalizaci\u00f3n tur\u00edstica e da correcci\u00f3n de erros nas sinais, suprimindo ou mellorando algunha das antigas referentes a Cova do Rei Cintolo que pertencen a Deputaci\u00f3n. Tam\u00e9n houbo o compromiso de ampliar as que sinalizan o Aparcamento da Alc\u00e1ntara e reivindicar ante o Ministerio de Fomento a indicaci\u00f3n na Autov\u00eda \u00a0na zona de Curros, da entrada a Mondo\u00f1edo pola Lu 124.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n os representantes da Corporaci\u00f3n Municipal quedaron en facer as xesti\u00f3ns ante o Ministerio de Medioambiente para tratar de conseguir a aprobaci\u00f3n do aumento de trazado do Cami\u00f1o Natural de San Rosendo que \u00a0facilitar\u00eda un paseo fluvial a car\u00f3n do r\u00edo Masma, demandado desde fai moito tempo ao ser Mondo\u00f1edo \u00a0un dos poucos concellos da Prov. de Lugo que carecemos deste servizo.<\/p>\n<p>Co respecto ao Roteiro \u201cLeiras Pulpeiro\u201d a corporaci\u00f3n ofreceuse a colaborar na replantaci\u00f3n e ama\u00f1o da Area de \u201cA Fervenza\u201d \u00a0o mesmo que se lle vai a solicitar ao Departamento Forestal do IES San Rosendo tras entrevista mantida coa s\u00faa directora.Tam\u00e9n nos informaron que estaban en contacto con unha Empresa para facer o an\u00e1lise fisico-quimico das augas sulfurosas co que se poder\u00eda obter a certificaci\u00f3n de\u201d Fonte de Utilidade P\u00fablica\u201d e poder acometer obras de mellora. As asociaci\u00f3ns e colaboradores \u00a0da \u00a0Plataforma compromet\u00e9ronse a seguir traballando no mantemento da zona e tam\u00e9n a contactar cos propietarios das fincas do Castro da Recadieira para solicitarlles o poder limpar o seu entorno. Outra posibilidade que se analizou foi a de conveniar coa Fundaci\u00f3n Alcoa, para solicitar axuda para o ama\u00f1o das antigas fabricas \u201cElectricista Mindoniense\u201d \u00a0(unhas das mais antigas de Galicia 1892-1906) e que puideran servir de atractivo etnogr\u00e1fico-industrial.<\/p>\n<p>Falouse de establecer un calendario das Feiras e Festas de interese tur\u00edstico empresarial e se analizou a proposta de potenciar os Mercados locais mediante a celebraci\u00f3n dun mercado de produtos agroalimentarios e artesanais \u00a0da zona, complementado con actividades l\u00fadicas paralelas o primeiro domingo de mes.<\/p>\n<p>Co respecto a instalaci\u00f3n de novas empresas no Poligono Industrial a Corporaci\u00f3n comprometeuse a tratar de conseguir abaratar as parcelas do SEPES e facilitar as instalaci\u00f3ns nas parcelas que pertencen ao Concello . Tam\u00e9n se nos informou que mantiveron varias reuni\u00f3ns cos propietarios de FiNSA con vistas a reindustrializar as su\u00e1s instalaci\u00f3ns e incluso se barallou a posibilidade \u00a0de adecuar un Pol\u00edgono Industrial dentro das instalaci\u00f3ns de ECAR.<\/p>\n<p>O proxecto de reforma da Praza da Catedral e recuperaci\u00f3n de parte do antigo Cant\u00f3n someteuse a unha ampla an\u00e1lise por parte da alcaldesa e \u00a0dos asistentes, considerando que dada a importancia da obra e do lugar que ocupa fronte a Catedral, declarada Patrimonio da Humanidade, que era preciso \u00a0encargar unha maqueta virtual da obra prevista, para poder analizar e opinar con mellor informaci\u00f3n como quedar\u00eda o proxecto.<\/p>\n<p>En canto a Casa \u2013Museo \u201cAlvaro Cunqueiro\u201d as obras de remodelaci\u00f3n seguen os prazos previstos e a Corporaci\u00f3n comprometeuse a tratar de impulsar a posta en marcha da Antiga Fundaci\u00f3n, recuperando os Estatutos e tratando de incorporar novas persoas a mesma que poidan axudar desde fora aos proxectos \u00a0de Mondo\u00f1edo vinculados a figura e facetas \u00a0do insigne escritor, que no caso dos propostos: \u00a0Francisco Cal Pardo e Felipe Debasa, \u00a0xa est\u00e1n colaborando noutros proxectos a prol de Mondo\u00f1edo.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se nos informou do proxecto de construci\u00f3n dun Aparcamento nunha finca \u00a0a car\u00f3n da Igrexa Nova , servizo moi demandado ao eliminarse o da Praza da Catedral, que ter\u00eda aceso a trav\u00e9s do Calex\u00f3n de Casas Novas e da R\u00faa do Cami\u00f1o Norte. Deixamos aqu\u00ed \u00a0tam\u00e9n a suxerencia que \u00a0 si isto se leva a cabo, da construci\u00f3n dunha r\u00faa de enlace co aparcamento que unise as r\u00faas Pardo de Cela e Cami\u00f1o Norte aproveitando o calex\u00f3n que discorre a car\u00f3n dos terrenos da Granxa do IES San Rosendo, que dar\u00eda un bo servizo e sanear\u00eda este espazo.<\/p>\n<p>Se nos informou dos planes respecto a Aldea de Vilar de po\u00f1er en marcha o Museo da Prehistoria \u00a0e de apoio a Cova do Rei Cintolo (elemento \u00a0Natural de gran importancia e recurso tur\u00edstico e deportivo singular para a comarca, que ao final do Encontro suscitou un debate sobre o seu aproveitamento entre os asistentes, \u00a0a proposta do representante dunha asociaci\u00f3n). Tam\u00e9n se nos informou que venceu o Convenio da Deputaci\u00f3n (cumpriu 26 anos) sobre o Pazo de Bon Aire reivindic\u00e1ndose o ama\u00f1o do mesmo polo Ente Provincial, tal como se hab\u00eda cedido para un proxecto de rehabilitaci\u00f3n de toxic\u00f3manos e que ardeu fai varios anos. O mesmo se pide para as instalaci\u00f3ns do antigo Mirador de Turismo que pertencen a mesma Instituci\u00f3n e que da unha mala imaxe a entrada de Mondo\u00f1edo na moi transitada N634. Co respecto ao Mosteiro dos Picos que se ama\u00f1ou a cuberta e se conveniou \u00a0para a creaci\u00f3n dunha Escola de Restauraci\u00f3n, o proxecto quedou estancado e haber\u00eda que tratalo co recen nomeado Sr. Bispo da Diocese.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se analizaron as problem\u00e1ticas e soluci\u00f3ns para as casas e fincas abandoadas e mellorar os servizos p\u00fablicos de iluminaci\u00f3n e recollida de lixo no casco e nas parroquias do rural. Co respecto a confecci\u00f3n e colocaci\u00f3n de Placas se quedou en indagar as persoas que te\u00f1en as distinci\u00f3ns de fillos predilectos e adoptivos para non discriminar a naide . En canto as colocaci\u00f3ns unha suxerencia e facer unha placa Conxunta na que figuren \u00a0todos e colocala nun lugar emblem\u00e1tico ( por exemplo no Recebedor do Concello)&#8230; (a similitude como te\u00f1en noutros organismos exemplo o IES San Rosendo ou no Seminario donde figuran t\u00f3dolos directores ou Reitores).<\/p>\n<p>Rematamos voltando a agradecer a boa disposici\u00f3n e o clima de di\u00e1logo dos membros da Corporaci\u00f3n e das asociaci\u00f3ns , que nos da pe a organizar \u00a0o III encontro en novembro do 2017, agardando e confiando que as propostas e proxectos se leven a cabo e te\u00f1an gran \u00e9xito en beneficio das xentes da Comarca de Mondo\u00f1edo. \u00a0Sent\u00edmonos orgullosos desta \u00a0iniciativa pioneira que coidamos enriquece o debate aportando diferentes puntos de vista, facendo que a cidadan\u00eda se sinta \u00a0vinculada ao Concello \u00a0e aos seus proxectos<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.mindonium.es\/\">volver<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En primeiro lugar queremos agradecer a boa disposici\u00f3n e o bo talante de di\u00e1logo expresado pola Sra. Alcaldesa e demais<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"colormag_page_container_layout":"default_layout","colormag_page_sidebar_layout":"default_layout","_s2mail":"","footnotes":""},"categories":[17],"tags":[],"class_list":["post-6683","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-actualidad"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6683","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6683"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6683\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7104,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6683\/revisions\/7104"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6683"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6683"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6683"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}