{"id":6450,"date":"2016-03-10T22:51:16","date_gmt":"2016-03-10T22:51:16","guid":{"rendered":"http:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/?p=6450"},"modified":"2018-08-12T18:04:09","modified_gmt":"2018-08-12T18:04:09","slug":"o-concello-homenaxea-este-sabado-ao-musico-manuel-araujo-polo-25-aniversario-do-seu-pasamento","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/2016\/03\/10\/o-concello-homenaxea-este-sabado-ao-musico-manuel-araujo-polo-25-aniversario-do-seu-pasamento\/","title":{"rendered":"O Concello homenaxea este s\u00e1bado ao m\u00fasico Manuel Ara\u00fajo polo 25 aniversario do seu pasamento"},"content":{"rendered":"<p>O Concello de Mondo\u00f1edo organiza este s\u00e1bado 12 de marzo unha homenaxe ao m\u00fasico Manuel Ara\u00fajo, polo 25 aniversario do seu pasamento. O acto ser\u00e1 \u00e1s 20:00 horas no auditorio municipal Pascual Veiga da localidade e estar\u00e1 presentado por Fran Bouso.<\/p>\n<p>O edil de Educaci\u00f3n, Alberto Garc\u00eda, explica que o programa incl\u00fae unha exposici\u00f3n fotogr\u00e1fica sobre Manuel Ara\u00fajo de quen destaca que \u201cinculcou a m\u00fasica a rapaces e rapazas do seu barrio\u201d. To\u00f1o da Tasca foi o encargado de ceder o material fotogr\u00e1fico sobre o artista e o cronista oficial de Mondo\u00f1edo, Ant\u00f3n Reigosa, far\u00e1 unha breve rese\u00f1a bibliogr\u00e1fica do m\u00fasico mindoniense.<\/p>\n<p>Os asistentes poder\u00e1n desfrutar dun recital de poes\u00edas da man de Bel\u00e9n Ramos e Arcadio Mon, ademais dun concerto musical coa participaci\u00f3n de Silvia Campos, Arcadio Mon, Sito Sedes e Jos\u00e9 Manuel \u2018Malelo\u2019.<\/p>\n<p>Ademais de m\u00fasico, Ara\u00fajo tam\u00e9n foi creador teatral, polo que este s\u00e1bado representarase no auditorio unha das s\u00faas obras, interpretada por Paco Pi\u00f1eiro e Mar\u00eda Paz Rodr\u00edguez.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, o Concello faralle entrega \u00e1 familia de Ara\u00fajo dunha placa conmemorativa.<\/p>\n<p><strong>Manuel Ara\u00fajo<\/strong><\/p>\n<p>Manuel Ara\u00fajo foi unha figura polifac\u00e9tica e moi versatil. Naceu en Portugal pero a vida tr\u00f3uxoo a Mondo\u00f1edo con poucos anos. \u201cCunha infancia complicada foi un home que se fixo as\u00ed mesmo, con inquietudes que sorprend\u00edan a todo aquel que se atopaba polo seu cami\u00f1o\u201d, rese\u00f1a Alberto Garc\u00eda.<\/p>\n<p>Ara\u00fajo non foi s\u00f3 m\u00fasico, sen\u00f3n que tam\u00e9n foi creador teatral e actor en x\u00e9neros tan dispares como o dram\u00e1tico e o c\u00f3mico e formaba parte dun d\u00fao c\u00f3mico. Dentro do seu car\u00e1cter polifac\u00e9tico, o edil tam\u00e9n engade que foi porteiro de f\u00fatbol do daquela \u201cmoi importante equipo\u201d, o Luarca F.C., ao que se suma o seu car\u00e1cter empresarial, xa que nos \u00faltimos anos da s\u00faa vida rexentou un bar, \u201cque podemos comparar co tipo de establecemento que aglutinaba a cultura local, como pod\u00eda ser a Barber\u00eda do Pallarego\u201d, di o concelleiro.<\/p>\n<p>Polo tanto \u00e9, matiza Alberto Garc\u00eda, dende o punto de vista da cultura popular, \u201cunha figura merecente dunha homenaxe como a que vai ter lugar este s\u00e1bado, que todos os mindonienses, especialmente os m\u00e1is novos, debemos de co\u00f1ecer\u201d.<\/p>\n<p><strong>Homenaxes a personaxes mindonienses<\/strong><\/p>\n<p>Por \u00faltimo, o edil indicou que \u00e9 intenci\u00f3n do Goberno local, \u201cfacer homenaxes a persoeiros menos co\u00f1ecidos da nosa cidade, pero que a s\u00faa actividade ten contribu\u00eddo a facer un Mondo\u00f1edo m\u00e1is grande, moitas veces en igual medida que os nosos ilustres con m\u00e1is sona, como poden ser \u00c1lvaro Cunqueiro, Pascual Veiga ou Leiras Pulpeiro\u201d.<\/p>\n<p>Alberto lembra que dende o Concello pux\u00e9ronse xa en marcha outras homenaxes a representantes de distintas artes culturais, como \u00e1 actriz Manuela Rei, coa celebraci\u00f3n durante este 2016 dun ciclo de teatro, os \u00faltimos s\u00e1bados de cada mes; ou \u00e1 de Victoriano L\u00f3pez Garc\u00eda, \u201cmindoniense que dedicou a meirande parte da s\u00faa vida ao mundo do cine\u201d.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.mindonium.es\/\">volver<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello de Mondo\u00f1edo organiza este s\u00e1bado 12 de marzo unha homenaxe ao m\u00fasico Manuel Ara\u00fajo, polo 25 aniversario do<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"colormag_page_container_layout":"default_layout","colormag_page_sidebar_layout":"default_layout","_s2mail":"","footnotes":""},"categories":[17],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6450"}],"collection":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6450"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6450\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6452,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6450\/revisions\/6452"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6450"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6450"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6450"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}