{"id":6225,"date":"2015-10-14T13:31:30","date_gmt":"2015-10-14T13:31:30","guid":{"rendered":"http:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/?p=6225"},"modified":"2018-08-12T18:04:11","modified_gmt":"2018-08-12T18:04:11","slug":"o-concello-de-mondonedo-adxudica-a-obra-de-rehabilitacion-do-campo-de-futbol-municipal-vinas-da-veiga","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/2015\/10\/14\/o-concello-de-mondonedo-adxudica-a-obra-de-rehabilitacion-do-campo-de-futbol-municipal-vinas-da-veiga\/","title":{"rendered":"O Concello de Mondo\u00f1edo adxudica a obra de rehabilitaci\u00f3n do campo de f\u00fatbol municipal Vi\u00f1as da Veiga"},"content":{"rendered":"<p><strong>Mondo\u00f1edo, 12 de outubro de 2015.-<\/strong> O Goberno local do Concello de Mondo\u00f1edo v\u00e9n de adxudicar a obra de rehabilitaci\u00f3n do campo de f\u00fatbol municipal Vi\u00f1as da Veiga que contar\u00e1 cun orzamento de 34.939 euros e un prazo de execuci\u00f3n de tres meses. A actuaci\u00f3n dar\u00e1 comezo despois das festas locais de San Lucas.<\/p>\n<p>A intervenci\u00f3n foi adxudicada a unha empresa local logo de que a xunta de Goberno municipal do dia 13 de xullo aprobase a memoria e acordase solicitar as autorizaci\u00f3ns oportunas. O Goberno local conta ademais con ditame favorable emitido polo comit\u00e9 asesor do Cami\u00f1o de Santiago con data de 29 de setembro, sendo xa notificado o adxudicatario o pasado 5 de outubro.<\/p>\n<p>As obras levaranse a cabo para solucionar os problemas de filtraci\u00f3ns e de humidades existentes principalmente na cuberta da grada principal, onde os can\u00f3ns se atopan completamente rotos e existen problemas de corrosi\u00f3n na chapa da cuberta e na estrutura que a sustenta.<\/p>\n<p>Actuaci\u00f3n integral<\/p>\n<p>A alcaldesa, Elena Candia, subli\u00f1a que se trata dunha \u201cactuaci\u00f3n integral\u201d que permitir\u00e1 mellorar de xeito notable as instalaci\u00f3ns e, polo tanto, o seu uso por parte de xogadores e afeccionados. En concreto, as obras incl\u00faen a reparaci\u00f3n dos pilares de formig\u00f3n armado que sustentan a cuberta da tribuna, que actualmente presentan problemas de corrosi\u00f3n nas armaduras. Tam\u00e9n se vai reparar a corrosi\u00f3n da chapa ondulada de aceiro que fai de cuberta, as\u00ed como a corrosi\u00f3n da estrutura met\u00e1lica que terma da cuberta de tribuna, ademais de aplicar unha pintura de protecci\u00f3n.<\/p>\n<p>A actuaci\u00f3n recolle tam\u00e9n a substituci\u00f3n do cano que recolle as augas da cuberta met\u00e1lica de tribuna por atoparse completamente roto como resultado da corrosi\u00f3n, de maneira que ser\u00e1 renovado por un de zinc. Pintarase a chapa que fai de cuberta \u00e1 tribuna e tam\u00e9n a estrutura que a sustenta.<\/p>\n<p>Ao mesmo tempo, limparanse todos os par\u00e1metros de peche e faranse as reparaci\u00f3ns puntuais oportunas na gradar\u00eda referentes a gretas ou desconchados. Completa a actuaci\u00f3n o pintado dos muros de peche do campo tanto no interior como na parte exterior. A cor elixida foi o branco. Tam\u00e9n se van pintar a gradar\u00eda e os bancos e limparase con auga a presi\u00f3n todas as soleiras de formig\u00f3n que bordean o recinto.<\/p>\n<p>Obras anteriores<\/p>\n<p>As instalaci\u00f3ns do campo de f\u00fatbol Vi\u00f1as da Veiga foron constru\u00eddas no ano 1968, sufrindo unha importante reforma nos anos 1986 e 1987. Foi nese momento cando se fixo un muro de peche perimentral, a tribuna e a s\u00faa cuberta. Posteriormente f\u00edxose unha nova reforma, no ano 2006, que afectou aos vestiarios e os ba\u00f1os. O campo est\u00e1 enclavado nunha parcela que ocupa 9.372 metros cadrados, dos que 646 est\u00e1n edificados.<\/p>\n<h3 style=\"text-align: center;\"><a href=\"http:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/?cat=31\"><span style=\"color: #008000;\">Publicidad<\/span><\/a><\/h3>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mondo\u00f1edo, 12 de outubro de 2015.- O Goberno local do Concello de Mondo\u00f1edo v\u00e9n de adxudicar a obra de rehabilitaci\u00f3n<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"colormag_page_container_layout":"default_layout","colormag_page_sidebar_layout":"default_layout","_s2mail":"","footnotes":""},"categories":[17],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6225"}],"collection":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6225"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6225\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6228,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6225\/revisions\/6228"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6225"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6225"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6225"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}