{"id":5426,"date":"2014-10-19T12:11:03","date_gmt":"2014-10-19T12:11:03","guid":{"rendered":"http:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/?p=5426"},"modified":"2018-08-12T18:04:18","modified_gmt":"2018-08-12T18:04:18","slug":"mondonedo-abarrotado-en-las-san-lucas-2014","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/2014\/10\/19\/mondonedo-abarrotado-en-las-san-lucas-2014\/","title":{"rendered":"Mondo\u00f1edo abarrotado en las &#8221; San Lucas 2014 &#8220;"},"content":{"rendered":"<p>Mondo\u00f1edo abarrotado\u00a0 en las \u201cSan Lucas 2014 \u201c<\/p>\n<p>Antes de nada, dar las gracias a: Marcos Candia \u00a0y a Esperanza por hacernos llegar al correo de la web, las fotos de eventos en los que no hemos podido estar.<\/p>\n<p>Mondo\u00f1edo abarrotado de turistas, que por encima del mal tiempo que estuvo en la ma\u00f1ana del S\u00e1bado, d\u00eda das San Lucas y escuchar comentarios de una familia asturiana que me dec\u00eda \u201c merece la pena mojarse , pero no perder este espect\u00e1culo \u201c o de unos j\u00f3venes de Foz que comentaban \u201c en Foz no queda nadie , todos a las San Lucas \u201c te llena de orgullo y te hace ver que las fiestas m\u00e1s antiguas de Galicia a\u00f1o tras a\u00f1o siguen creciendo y transform\u00e1ndose en un referente para miles de personas .<\/p>\n<p>La pasada de los caballos por la plaza de la catedral ( del cual pondremos un v\u00eddeo ) mostr\u00f3 la belleza de Mondo\u00f1edo en su estado puro , ante la mirada de cientos de personas que elogiaban el buen trabajo de los jinetes que sin ellos este espect\u00e1culo no ser\u00eda posible .<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/galeria.mindonium.es\/thumbnails.php?album=181\" target=\"_blank\">Ver fotos<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/galeria.mindonium.es\/thumbnails.php?album=181\" target=\"_blank\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-5427\" src=\"http:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/0-7-portada.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"181\" \/><\/a><\/p>\n<p><strong>Preg\u00f3n das san Lucas :<\/strong><\/p>\n<p>Ant\u00f3n Xos\u00e9 Meil\u00e1n Garc\u00eda<\/p>\n<p>16.VIII.2014.<\/p>\n<p>Iltmo. Sr. Alcalde da Cidade de Mondo\u00f1edo<\/p>\n<p>Se\u00f1ores Concellais da Corporaci\u00f3n Municipal<\/p>\n<p>Autoridades civ\u00eds e ecresi\u00e1sticas<\/p>\n<p>Amigos, compa\u00f1eiros de xuventude, mindonienses.<\/p>\n<p>Gracias \u00e1 Comisi\u00f3n pola invitaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Din as cr\u00f3nicas reais que un d\u00eda de novembro do ano 1156, polo tanto en plena metade do s\u00e9culo XII, o rei Afonso VII, indo de cami\u00f1o para \u00e1s Asturias, tivo que facer noite en \u201cMendo\u00f1edo\u201d. Cando se ergueu pola ma\u00f1\u00e1, admirado por tanta beleza (un pequeno grupo de casas de madeira, unhas r\u00faas empedradas que dan voltas e reviravoltas ate chegar a unha praza con igrexa e soportais, e todo iso rodeado de prados, r\u00edos, fontes, n\u00e9boas e silencio), decide a golpe de decreto, que ese pobo tan semellante a un para\u00edso non pod\u00eda quedar no esquecemento.<\/p>\n<p>O mundo \u2013segundo Afonso VII- ti\u00f1a que saber que nos conf\u00edns do extremo noroeste da Gali\u00e7ia lucense hab\u00eda un alfoz no que o tempo se detivera naquel s\u00e9timo d\u00eda da creaci\u00f3n, e que os seus \u00fanicos habitantes eran a soidade, os so\u00f1os e as melancol\u00edas dos homes.<\/p>\n<p>Re\u00fane \u00e1 s\u00faa corte e manda aos secretarios e escrib\u00e1ns redactar un Fuero \u201cseg\u00fan usos y costumbres de la ciudad de Le\u00f3n\u201d, de onde el era Rei, por iso se lle chama <em>Fuero de Le\u00f3n<\/em>.<\/p>\n<p>Sen embargo, a cr\u00f3nica secreta, que se escrebe a par da outra, pero que non est\u00e1 recollida por ning\u00fan cronista real sen\u00f3n polo roxe-roxe da r\u00faa e que se transmite de xeraci\u00f3n en xeraci\u00f3n, di que Afonso VII namorou dunha mindoniense e para recompensar aquelas horas carnais e de x\u00fabilo corporal, quixo que o nome de Mondo\u00f1edo fose lembrado para sempre. Temos raz\u00f3ns \u2013non s\u00f3 da propia vida de Afonso VII, sen\u00f3n de feitos posteriores doutros reis que o sucederon no trono- que nos fan pensar que o <em>Fuero de Le\u00f3n<\/em> outorgouno por esta veleidade amorosa.<\/p>\n<p>A primeira raz\u00f3n \u00e9 que a cincha, que levaba o seu cabalo, ti\u00f1a gravado, ademais do escudo real, unha escrita que dic\u00eda: \u201clevo na espada un reino e nos estribos, unha loita\u201d, ao que lle engadiu despois da visita a Mondo\u00f1edo: \u201ce na alma, o so\u00f1o dunha noite de amor\u201d. Todos sab\u00edan na Corte que \u201cese so\u00f1o de amor\u201d fora nunha noite mindoniense. A segunda raz\u00f3n, \u00e9 cando morre dunhas estra\u00f1as febres e entre delirios e estertores, a \u00faltima palabra que pronunciou foi <em>Mondo\u00f1edo<\/em>. Como din os te\u00f3logos mindonienses, entre eles o tan lembrado D. Gumersindo Cuadrado no seu libro de \u201cEnte et esencia\u201d: \u201cocorpo \u00e9 mais carne que esp\u00edrito\u201d. Nese momento tan \u00edntimo no que entregaba a s\u00faa alma a Deus, non se lembrou nin dos anxos, nin dos arcanxos nin do misterio da Trindade, sen\u00f3n daquela noite tola de amor en Mondo\u00f1edo.\u00a1Deus o te\u00f1a na s\u00faa gloria, con esa noite mindoniense!<\/p>\n<p>Como non \u00e9 de estra\u00f1ar, esta historia foi a comidi\u00f1a de Palacio por moito tempo, e algo hai de \u201cestra\u00f1o e especial\u201d cara Mondo\u00f1edo no comportamento dos Reis que o sucederon. Dame a impresi\u00f3n que quixeron seguir agasallando <strong>tanto<\/strong> ao seu parente Afonso VII por aquela querenza que o Rei lle profesara a Mondo\u00f1edo at\u00e9 o punto de morrer co seu nome na boca <strong>como<\/strong> a propia cidade, que el mesmo fundara. E cito a D. Enrique Cal Pardo:<\/p>\n<p>\u201cEsta gigantesca obra (se refiere a la construcci\u00f3n de la catedral), realizada, por otra parte, en tan poco tiempo, no pudo ser realizada exclusivamente a expensas del obispo D. Mart\u00edn, a cuyo \u00edmpetu y esfuerzo, a no dudarlo, se debe en gran medida. Pero intervinieron las aportaciones de los fieles, ansiosos de poder lucrar las indulgencias concedidas por el papa al respecto. <strong>Pero una intervenci\u00f3n muy importante habr\u00e1 sido, sin duda, la de los monarcas de Le\u00f3n Alfonso IX (1188-1230) y Fernando III el Santo (1230-1252).<\/strong> Casi con certeza se puede afirmar que Alfonso IX visit\u00f3 las incipientes obras de la Catedral el a\u00f1o 1220 cuando viaj\u00f3 a Bacoy (Alfoz), en donde otorg\u00f3 un importante documento\u201d (La Catedral de Mondo\u00f1edo, p\u00e1g. 9).<\/p>\n<p>Non quero ser esaxerado nin mal pensado, pero tanta axuda real e tan seguida indica que os monarcas leoneses ti\u00f1an con Mondo\u00f1edo algo m\u00e1is que lazos institucionais, probablemente porque na Corte escoitaron falar moito da nosa cidade, debido a aquela historia de amor do seu tatarav\u00f3 Afonso VII. Quer\u00edan honrar a s\u00faa figura e non viron mellor maneira que axudar economicamente \u00e1 construci\u00f3n da catedral.<\/p>\n<p>E digo m\u00e1is. O gran rei Afonso X, o Sabio, fillo de Fernando III o Santo, que o sucede no reinado, polo tanto parente de Afonso VII, cando escrebe a <em>Primeira Cr\u00f3nica Xeral de Espa\u00f1a<\/em> cita a \u201cMendonnedo\u201d e faino dunha maneira un tanto rocambolesca. Leo o texto e comento:<\/p>\n<p>E des que los gallegos fueron uencudos alcaron se en un monte que auie nombre Medulio &amp; parece del el rio Minno. E tenemos que dizen las estorias Medulio por el monte que esta acerca de Mendonnedo onde a la cibdat este nombre (pcg 1 fol. 65v)<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Pon a Mondo\u00f1edo cerca do monte Medulio (que puido ser), pero non est\u00e1 cerca do Mi\u00f1o. O despiste xeogr\u00e1fico \u00e9 evidente. Da a impresi\u00f3n que quer\u00eda meter a Mondo\u00f1edo na s\u00faa <em>Cr\u00f3nica Xeral <\/em>como fose, polas raz\u00f3ns que vimos comentando: que en Palacio ti\u00f1a moita sona dende os amor\u00edos de Afonso VII, e non ve mellor ocasi\u00f3n que esta. Fora desta desorientaci\u00f3n xeogr\u00e1fica, par\u00e9cenos unha cita moi interesante porque xa no s\u00e9culo XIII, Mondo\u00f1edo cit\u00e1base coma Cidade.<\/p>\n<p>Fora, porque quedou marabillado pola beleza destes paraxes ou fora, pola loucura dunha noite de amor, o feito hist\u00f3rico \u00e9 que Afonso VII promulga o <em>Fuero de Le\u00f3n<\/em> para Mondo\u00f1edo e nel cont\u00e9\u00f1ense dous privilexios importantes:<\/p>\n<p>por unha banda, fai doaz\u00f3n \u00e1 Igrexa mindoniense dunha serie de coutos vellos e novos (non ven \u00f3 caso citalos) e remata \u201cy quiero tambi\u00e9n que, donde est\u00e1 la Sede (que era en Vilamaior), sea instituida <em>Civitas<\/em> bajo mi protecci\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p>Quedaba pois a igrexa mindoniense dona de t\u00f3dolos coutos, terras, homes e herdades desde Xubia at\u00e9 Britonia con Cidade en Vilamaior. A partir deste s\u00e9culo XII, o nome de \u201cMendonnedo\u201d ou \u201cMindonnedo\u201d pasa aos mapas de Hispania ao mesmo nivel que cidades como Le\u00f3n, Oviedo ou Toledo, de a\u00ed que apareza o noso top\u00f3nimo nos mapas m\u00e1is antigos co\u00f1ecidos. Deb\u00e9moslle pois a Afonso VII a inmortalidade xeogr\u00e1fica desde esta \u00e9poca tan antiga.<\/p>\n<p>Todos estes reis medievais, aparte de grandes guerreiros (nac\u00edan e morr\u00edan loitando), eran grandes estrategos e estadistas. E supo\u00f1o que pensar\u00eda que unha vila non se mant\u00e9n por si so polo mero feito de ser nomeada cidade. Necesitaba un sost\u00e9n econ\u00f3mico. Por iso outorga un 2\u00ba privilexio que di: \u201cHaya mercado com\u00fan en todas las Kalendas del a\u00f1o; ocho d\u00edas de feria, en la fiesta de santa Mar\u00eda de agosto\u201d. Estes \u201coito d\u00edas de feira polas festas de St\u00aa Mar\u00eda de agosto\u201d, sabemos que son as San Lucas, pois estas festas de agosto posteriormente ser\u00edan trasladadas ao mes de outubro, como consecuencia da Consagraci\u00f3n da catedral o d\u00eda 18 de outubro do 1248, festividade deste evanxelista.<\/p>\n<p>Polo que pon o <em>Fuero de Le\u00f3n<\/em> parece que Afonso VII puxo moito empe\u00f1o en que se celebrasen estas feiras, pois o propio Fuero d\u00ednos que <strong>non so<\/strong> \u201cconmina con su enemistad al que se permita impedir el mercado o la feria\u201d <strong>sen\u00f3n tam\u00e9n<\/strong> que \u201co condena a pagar quinientos sueldos al Sr. Obispo y a la Iglesia\u201d. Velaqu\u00ed a visi\u00f3n de futuro do monarca. Non se sabe se por medo \u00e1 inmizarse co Rei ou a ter que pagar eses 500 soldos \u00e1 Igrexa, estas feiras chegaron at\u00e9 hoxe e co mesmo esp\u00edrito que ent\u00f3n tiveron. Eran e son feiras que xiran en torno ao gado, os produtos do campo e do consumo familiar. Cando eu era pequeno, a\u00ednda os postos de venta se distribu\u00edan por gremios de tal maneira que se t\u00fa quer\u00edas mercar algunha cousa en concreto, sab\u00edas a onde ti\u00f1as que ir. As\u00ed, diante do seminario po\u00f1\u00edanse os cesteiros, alfareiros e artes\u00e1ns da madeira con zocas e pezas para a coci\u00f1a. Na fonte vella estaba o mercado da herba. Diante a catedral todo tipo de produtos do campo: millo, ma\u00ednzo, patacas, legumes, mel, noces, queixos, casta\u00f1as&#8230; No Cristo dos Remedios e en parte da r\u00faa de Leiras Pulpeiro, po\u00f1\u00edanse os Ferreiros de Riotorto. En torno ao Instituto e cara os Remedios, os zapateiros con zapat\u00f3ns, zocos, zapatos, etc. Produtos do t\u00e9xtil con zamarras, pantal\u00f3ns, jerseis, camisas&#8230;, e os postos das mantas de Palencia e do Val de San Lorenzo. Na Alameda as atracci\u00f3ns de feira para divertimento da xente e nenos (monecos de gui\u00f1ol: o barriga verde e o demo); os cegos. O cego de Vilamor, que sempre empezaba o cantar: \u201cEn la provincia de Lugo, tuvo lugar este hecho que me caus\u00f3 estupor\u201d; os churreiros ca s\u00faa cantilena: \u201cchurros quentes pras mulleres que non te\u00f1en dentes\u201d. Enfronte da igrexa dos Remedios as xaulas cos paxari\u00f1os dentro, que sacaban delas a buenaventura. Mel da Alcarria, pan, pulpeiros. E no Campo dos Paxari\u00f1os a feira do gado cabalar e produtos de coiro relacionados cos cabalos, os alabardeiros. Para n\u00f3s, era o centro das feiras. T\u00f3dolos p\u00edcaros de Mondo\u00f1edo gost\u00e1bamos de ir ver os cabalos e os tratos de merca e venda que fac\u00edan os feirantes.<\/p>\n<p>Eu, que viv\u00edn na r\u00faa de Leiras Pulpeiro, enfronte a fonte de Xan Xo\u00e1n, que ti\u00f1a un pil\u00f3n pola parte de atr\u00e1s onde beb\u00edan os animais, escoitaba toda a noite o trote e o relincho dos cabalos que vi\u00f1an da terra de Miranda polo \u201ccalex\u00f3n do r\u00edo de Sixto\u201d, e pasaban cara o Campo dos Paxari\u00f1os. Moitos deles fac\u00edan unha parada para beber no pil\u00f3n da fonte e no silencio da noite escoit\u00e1base como \u201crezumaban\u201d ao sorber da auga. A\u00ednda ent\u00f3n polos anos cincuenta na mi\u00f1a r\u00faa hab\u00eda d\u00faas casas que alugaban as cuadras para que descansasen os cabalos.<\/p>\n<p>Recordo tam\u00e9n de neno que a mi\u00f1a referencia dos cabalos era o cabalo dun veci\u00f1o, que chamaba a atenci\u00f3n. Era un percher\u00f3n franc\u00e9s, de boa presenza e ancas anchas, alto, groso, rubio e sempre desgre\u00f1ado. Ouv\u00edanse as s\u00faas pisadas nas r\u00faas coma as camp\u00e1s da catedral. Eu imaxinaba que o cabalo de Atila, \u201crey de los Unos\u201d, era coma deste veci\u00f1o por aquilo que dic\u00edan os libros de Historia que \u201conde pisaba, non medraba a herba\u201d. O caso \u00e9 que eu de neno sempre que ouv\u00eda falar do amo\u2026 e que sempre, sempre\u2026 escoitaba a mesma frase: \u201c\u00e9 m\u00e1is animal co cabalo\u201d. Ent\u00f3n ti\u00f1a catro ou cinco anos e non entend\u00eda ben o alcance desa expresi\u00f3n, porque este home tam\u00e9n era alto e forte, con anchas costelas e unhas mans que parec\u00edan palas de escavadoras. Eu pensaba que se refer\u00edan a iso. Pero non. Anos m\u00e1is tarde, tivo que ir \u00e1 consulta do m\u00e9dico porque se lle cravara unha estela nun dedo. E o m\u00e9dico d\u00edxolle que o puxera nunha pota con auga a ba\u00f1o mar\u00eda, durante uns minutos. Chegou \u00e1 casa, puxo a pota, meteu o dedo nela e deixou ferver a auga uns minutos, como el cr\u00eda que lle mandara o m\u00e9dico. Cando o sacou da pota, tirou pola estela, que sa\u00edu sen problema, pero viu como ti\u00f1a o dedo branco, mirrado e cocido. O meu veci\u00f1o cocera o dedo.<\/p>\n<p>Voltou xunto ao m\u00e9dico e d\u00edxolle o que lle pasara: met\u00edn o dedo a ba\u00f1o mar\u00eda e pas\u00f3useme o tempo e cocino. E o m\u00e9dico contestoulle: pois agora b\u00f3talle un pouco de sal, aceite e vinagre e c\u00f3meo con ensalada.<\/p>\n<p>Voltou para casa, botoulle unhos grani\u00f1os de sal, un pouco de aceite de oliva virxe e vinagre de maz\u00e1, que lle dera D. Jos\u00e9 Luis Beto\u00f1o como algo esquisito, que fac\u00eda D\u00f1a. Eudosia, a patrona da s\u00faa pensi\u00f3n. Envolveuno nunhas follas de leituga da s\u00faa horta e pra dentro.<\/p>\n<p>Despois chuf\u00e1base cos amigos dicindo que el sempre obedec\u00eda \u00e1s prescrici\u00f3ns m\u00e9dicas; que fixera o que lle mandara o m\u00e9dico, iso si, que como a carne era de primeira, o aceite, o vinagre e a leituga tam\u00e9n eran de marca. Dende ese d\u00eda entend\u00edn a frase que tan ben o retrataba.<\/p>\n<p>O cabalo segue sendo o centro destas feiras e o realmente sorprendente e que pese a este mundo globalizado e os avances tecnol\u00f3xicos, As San Lucas mante\u00f1en aquel esp\u00edrito medieval de reunir produtos do campo e artesanais para o consumo dom\u00e9stico das nosas xentes. Ademais \u2013coma moi ben veu Afonso VII- seguen tirando da econom\u00eda mindoniense e da zona mari\u00f1\u00e1 luguesa. Son estas feiras as m\u00e1is antigas deste Reino, e por iso os mindonienses non esquencemos nunca ao noso protector Afonso VII, a quen lle temos dedicado unha r\u00faa da cidade.<\/p>\n<p>Pero As san Lucas dende fai dous anos que se atopou o testamento de Pardo de Cela est\u00e1n e estar\u00e1n indubidablemente vinculadas a este rebelde se\u00f1or feudal. O testamento forma parte dun proceso xudicial que unha neta do mariscal (Mar\u00eda Mayor de Vaamonde \u2013filla de Beatriz-) emprende contra \u00e1 Igrexa mindoniense porque tras o axustizamento coll\u00e9ranlle unha serie de bens que lles pertenc\u00edan. Como dic\u00eda Lence Santar agora hai \u201cdocumento\u201d e polo tanto Historia. O testamento est\u00e1 datado o 1 de outubro e ten unha \u201caddenda\u201d ou \u201ca\u00f1adido\u201d, que se lle chama \u201ccodicilio\u201d que est\u00e1 datado o 3. E segundo unha testemu\u00f1a \u00e9 degolado despois de facer o codicilo, polo tanto ese mesmo d\u00eda 3. Tanto o testamento coma o codicilio fanse nunha habitaci\u00f3n da casa do coengo-provisor, Fern\u00e1n Balea, onde estuvo preso ate co axusticiaron. O notario que deu fe de ambos documentos foi Diego P\u00e9rez, notario do \u201csennor obispo\u201d; e dos 14 \u201ctestigos\u201d que asinan o testamento, 9 son c\u00f3negos da catedral ou vinculados a ela. Non hai naide da familia. Todo se coceu na habitaci\u00f3n da casa do coengo Fern\u00e1n Balea. Que cada quen faga a reflexi\u00f3n que crea oportuna<\/p>\n<p>Polo testamento sabemos por fin quen era Afonso Y\u00e1\u00f1ez, que c\u00edtase como capel\u00e1n do bispo mindoniense. O dono da casa onde foi apresado o Mariscal en Castrodouro. Todo apunta pois que foi a Igrexa mindoniense a que o apresa, f\u00e1nlle firmar un testamento (moitas das posesi\u00f3ns que levaba o Mariscal eran da Igrexa) e co benepl\u00e1cito dos Reis Cat\u00f3licos lle cortan a cabeza. Desde co collen ate que o degolan, de momento, sabemos que estivo en mans da Igrexa mindoniense. Por certo, o \u201cdegolamento\u201d tivo un efecto \u201cboomerang\u201d: non so se degola a Pardo de Cela e a seu fillo, sen\u00f3n que despois en Galiza naide moveu un dedo. Co sangue de Pardo de Cela rematou a \u201cdoma e castraci\u00f3n\u201d de Galiza. \u00bfA qu\u00e9n lle estra\u00f1a agora que non haxa un so documento destes derradeiros momentos do Mariscal no arquivo da catedral? Se os houbo, fix\u00e9ronos desaparecer.<\/p>\n<p>Penso que a execuci\u00f3n tan r\u00e1pida (3, 4 d\u00edas en mans dos coengos) pode ter algo que ver coas San Lucas. \u00c9 moi probable que aproveitando a aglomeraci\u00f3n das Feiras os propios c\u00f3negos tiveran medo que os seus, trataran de liberalo. E non \u00e9 unha mera sospeita mi\u00f1a; ap\u00fantase na <em>Relaz\u00f3n da carta xecutoria<\/em>: <em>\u201c<\/em><em>Matarono tan presto \u00f3 Mariscal co seo filio, sen justifica\u00e7on <\/em><em>de causa, nen saber porque, temendose como era tan poderouso, <\/em><em>\u00e9 emparentado no Reino, e fora d\u00e9l, <strong>que o viessen quitar por armas<\/strong>, particular [mente] Pero de Bola\u00f1o, Se\u00f1or da Casa de <\/em><em>Tor\u00e9s, \u00e9 Pero de Miranda, Se\u00f1or da Casa, \u00e9 Fortaleza <\/em><em>que <\/em><em>chaman o Renegado, que eran os TRES PEDROS, que eran <\/em><em>seos primos, toudos tres Pedros que decian de Galicia\u201d<\/em>. S\u00e1bese tam\u00e9n por este proceso xudicial que a\u00ednda dispo\u00f1\u00eda de 500 lanzas, e parte delas son as que un mes m\u00e1is tarde da s\u00faa morte, conxuntamente coa s\u00faa filla Constanza e o seu marido Fern\u00e1n Ares de Saavedra toman a Fortaleza de Vilaxo\u00e1n, en Cal da Loba.<\/p>\n<p>E por suposto, mindonienses, est\u00e1 enterrado na catedral de Mondo\u00f1edo. Pono o testamento \u201cet mando que sea sepultado en la yglesia del lugar donde yo fales\u00e7iere\u201d. Por certo, a sepultura custou \u201ctres mill maravedis\u201d, pois pon m\u00e1is abaixo: \u201cEt mando a la yglesia donde <strong>primeramente<\/strong> fuere sepultado tres mill maravedis\u201d. Non deron puntada sen f\u00edo.<\/p>\n<p>\u00bfP\u00f3dese pedir m\u00e1is a estes tres \u00faltimos anos da vida de Pardo de Cela? Un se\u00f1or feudal, que era temible e temido \u201cque de Lugo a Ribadeo toudos me ti\u00f1an temor\u201d. Pero a loita na Frouseira; a traiz\u00f3n; o apresamento en Castro Douro na casa de Afonso Y\u00e1\u00f1ez, capel\u00e1n do bispo; o c\u00e1rcere no casa de Fern\u00e1n Valea, provisor do bispado e o degolamento diante a catedral coa benz\u00f3n eclesi\u00e1stica, convert\u00edrono en mito. Un pobo non converte en mito a calquera; isto est\u00e1 reservado para os eleitos, so para aqueles que est\u00e1n feitos doutra madeira. Por iso, axi\u00f1a pasa \u00e1 tradici\u00f3n popular e \u00e9 cantado en feiras e romar\u00edas; case \u00e9 seguro que ese \u201cCanto ou Lamento pola Frouseira\u201d cantouse nas San Lucas do 1484.<\/p>\n<p>Para este mito, fago mi\u00f1a a petici\u00f3n do doutor D. Francisco May\u00e1n, (que foi cronista da Cidade e pregoeiro destas feiras), que fixo nun documental na televisi\u00f3n, emitido pola TVGa e pola segundo canal da TVE<\/p>\n<p>Pido: A todas as forzas pol\u00edticas sen excepci\u00f3n (con e sen representaci\u00f3n municipal) as\u00ed como a todos os mindonienses<\/p>\n<p>Que se lle faga unha estatua na praza onde foi cruelmente axustizado. Qu\u00e9irase ou non se queira, forma parte da historia m\u00e1is negra de Mondo\u00f1edo e da historia m\u00e1is sanguenta de Galiza.<\/p>\n<p>Quixera terminar felicitando a ra\u00ed\u00f1a e \u00e1s damas de honor destas feiras das San Lucas, as sanluqueiras e sanluqueiros novos, porque vosoutras sodes as flores m\u00e1is recendentes de todo o val.<\/p>\n<p>\u00a1A disfrutar todos das San Lucas, as feiras m\u00e1is antigas de Galiza! Grazas.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.mindonium.es\/\">Volver a inicio<\/a><a href=\"http:\/\/www.mindonium.es\"><br \/>\n<\/a> <span style=\"color: #808080;\">mindonium.es \u201cel portal de todos los Mindonienses\u201d<\/span><a href=\"http:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-login.php?action=register\"><br \/>\n<\/a><span style=\"color: #808080;\">Te gustar\u00eda recibir las publicaciones en tu correo?<\/span> <a href=\"http:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-login.php?action=register\">Reg\u00edstrate<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mondo\u00f1edo abarrotado\u00a0 en las \u201cSan Lucas 2014 \u201c Antes de nada, dar las gracias a: Marcos Candia \u00a0y a Esperanza<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"colormag_page_container_layout":"default_layout","colormag_page_sidebar_layout":"default_layout","_s2mail":"yes","footnotes":""},"categories":[17],"tags":[],"class_list":["post-5426","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-actualidad"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5426","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5426"}],"version-history":[{"count":8,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5426\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7139,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5426\/revisions\/7139"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5426"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5426"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5426"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}