{"id":4458,"date":"2013-04-30T00:37:05","date_gmt":"2013-04-30T00:37:05","guid":{"rendered":"http:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/?p=4458"},"modified":"2018-08-12T18:05:05","modified_gmt":"2018-08-12T18:05:05","slug":"comienzan-las-quendas-2013-primeras-imagenes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/2013\/04\/30\/comienzan-las-quendas-2013-primeras-imagenes\/","title":{"rendered":"Fotograf\u00edas Quendas 2013"},"content":{"rendered":"<p><strong>Fotograf\u00edas Quendas 2013<\/strong><\/p>\n<p>Os traemos un recorrido fotogr\u00e1fico de unas Quendas 2013 muy pasadas por agua , aun as\u00ed un gran n\u00famero de gente se reuni\u00f3 en Mondo\u00f1edo para disfrutar de un sinf\u00edn de eventos programados para estos d\u00edas de fiestas.<\/p>\n<p>En la tarde del Martes la orquesta Principal se encarg\u00f3 de poner el primer toque musical junto con la orquesta Israel , ya en la ma\u00f1ana de Mi\u00e9rcoles ( d\u00eda de las Quendas ) tuvo lugar la ya famosa feria de ganado , posteriormente la entrega de premios ,dando paso a dar un recorrido por los puestos de la feria , en el campo de la fiesta la orquesta Players se encarg\u00f3 de hacer bailar al numeroso \u00a0p\u00fablico que se acerc\u00f3 a disfrutar de nuestras fiestas<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/galeria.mindonium.es\/thumbnails.php?album=153\" target=\"_blank\">ver fotos<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/galeria.mindonium.es\/thumbnails.php?album=153\" target=\"_blank\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-4469\" src=\"http:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-content\/uploads\/2013\/04\/0-101.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"201\" \/><\/a><\/p>\n<p>Antes de nada quer\u00edamos dar las gracias a M\u00aa Carmen Rodr\u00edguez Lage por mencionarnos en el preg\u00f3n y agradecer su reconocimiento que esta web desempe\u00f1a en su labor de mostrar Mondo\u00f1edo en la red.<\/p>\n<p>Los Mindonienses ya pudieron disfrutar de los primeros eventos desde las 11 de la ma\u00f1ana con una ruta a caballo recorriendo cerca de 17 kil\u00f3metros por los alrededores de Mondo\u00f1edo, ya a las 20.00h se inauguran las Quendas 2013 con la salida de la casa del Ayuntamiento de la comitiva formada por la Reina y las damas de Honor, la pregonera \u00a0M\u00aa Carmen Rodr\u00edguez Lage (autora del tema &#8220;Sempre Mondo\u00f1edo&#8221;) \u00a0y las autoridades.<\/p>\n<p><strong>Preg\u00f3n &#8211; M\u00aa Carmen Rodr\u00edguez Lage<\/strong><\/p>\n<p>Boas noites a todas e todos os presentes. A verdade \u00e9 que nunca pensei que unha canci\u00f3n dese para tanto&#8230;<\/p>\n<p>Non te\u00f1o que facer moito esforzo para visualizarme no patio do recreo do colexio da Alc\u00e1ntara do ano 1977, mirando de esguello aos nenos que xogaban ao f\u00fatbol, inst\u00e1ndoos coa mirada para poder formar parte dos seus xogos, a\u00ednda que fose de porteira.<\/p>\n<p>E a poucos metros destes evocados recordos, estou aqu\u00ed, nun escenario, ante as miradas dos meus paisanos, que provocan en min, un pudor e unha inseguridade, dificilmente descritible, pois non me vin nestas guisas, nin no m\u00e1is atrevido dos meus sonos. E, certo \u00e9 que, entre as mi\u00f1as limitadas calidades, a de oradora, non \u00e9, nin de lonxe, unha delas.<\/p>\n<p>Por iso, vaia por diante do meu &#8220;discurso&#8221;, as mi\u00f1as desculpas m\u00e1is sinceras, por todos os erros que cometerei como pregoeira.<br \/>\nNon obstante, malia todas as dificultades que me sup\u00f3n estar aqu\u00ed, pois non me sento \u00e1 altura do que representa unha pregoeira, a pesar diso, estou aqu\u00ed e estas son as mi\u00f1as raz\u00f3ns:<\/p>\n<p>Por un lado, creo que a vida presenta poucas oportunidades de superaci\u00f3n e isto \u00e9 un reto do que espero aprender.<\/p>\n<p>Ao mesmo tempo, sinto que Mondo\u00f1edo e as s\u00faas festas, d\u00e9ronme moitos agasallos, moitas alegr\u00edas, moitos bos anacos e non quixera eu deixar de corresponder, colaborando en poder po\u00f1er con mai\u00fasculas ao noso MONDO\u00d1EDO.<br \/>\nFinalmente decidinme a aceptar esta proposta, pois sent\u00edn cari\u00f1o no convite que me fixo a comisi\u00f3n de festas \u00e1 que parece que emocionou a mi\u00f1a canci\u00f3n de <em>Sempre Mondo\u00f1edo<\/em>, cando realmente o que si produce emoci\u00f3n \u00e9 poder levar na alma sempre a Mondo\u00f1edo.<\/p>\n<p>Creo recordar que a primeira vez que o\u00edn falar da festa das Quendas, a palabra Quendas pareceume preciosa, singular, moi sonora&#8230; Ademais celebrar\u00edase en maio.<\/p>\n<p>Xenial, pensei, posto que Os Remedios e, especialmente, As San Lucas, que son festas de outono, se viron ensombrecidas en numerosas ocasi\u00f3ns por reveses climatol\u00f3xicos, pois este tempi\u00f1o noso \u00e9 unha cruz que alg\u00fan secuaz do Merl\u00edn de Cunqueiro debeu deixar esquecida baixo as faldras do Padornelo.<\/p>\n<p>Pois ben, dic\u00eda, que me gustou o nome, a data e ademais&#8230; a empanada!!!<\/p>\n<p>Iso si que culminou a mi\u00f1a ilusi\u00f3n polas Quendas.<\/p>\n<p>\u00c9 de todos co\u00f1ecido que en Mondo\u00f1edo, hai varias fronteiras, con distintas denominaci\u00f3ns&#8230; est\u00e1n os de Vali\u00f1o , os de Viloalle, os de Masma, os dos Picos, os dos Mu\u00ed\u00f1os ( coa s\u00faa subdivisi\u00f3n espacial: arriba- abaixo), os de Estelo, os de Lind\u00edn, os de San L\u00e1zaro, os de Zo\u00f1\u00e1n, Troceda, Vilamor, Pedrido,\u2026 e xa acheg\u00e1ndonos m\u00e1is a, se se me permite a expresi\u00f3n, o centro episcopal: est\u00e1n os do pobo. Si, as\u00ed os chamamos os que somos de&#8230; OS REMEDIOS.<\/p>\n<p>E eu son de Mondo\u00f1edo, dos Remedios e, co permiso de Rosal\u00eda e Ubaldo, son da Alameda.<\/p>\n<p>E os da Alameda dos Remedios, temos moito que contar sobre as festas.<\/p>\n<p>Empezando pola empanada. Eu crieime ao p\u00e9 dun forno de pan e empanadas. A veci\u00f1a panader\u00eda de Crespo deu moitas satisfacci\u00f3ns aos praceres da mesa e sempre foi un imprescindible en calquera celebraci\u00f3n na mi\u00f1a casa e penso que en todas as mesas dos mindonienses.<\/p>\n<p>Esas empanadas de verza recheas dos preparados da mi\u00f1a nai, ti\u00f1an premio, pois o que ti\u00f1a a sorte de poder ir buscala \u00e1 panader\u00eda, ti\u00f1a a recompensa de tomar o tap\u00f3n, a\u00ednda que entre os\u00a0 meus irm\u00e1ns sempre intentabamos facer trampas para poder comelo.<\/p>\n<p>Nunha ocasi\u00f3n lin das empanadas que na s\u00faa orixe medieval, os pastores dispo\u00f1\u00edan diferentes alimentos nun oco de pan de bo tama\u00f1o , e que co tempo este pan xa enfornado \u00a0foise transformando, pasando a enfornar a masa co recheo.<\/p>\n<p>Pois ben, a empanada de Mondo\u00f1edo, na mi\u00f1a casa, non pode estar no apartado de entrantes, pois o grosor da s\u00faa masa, que sabe ao pan destes pastores, \u00e9 realmente o prato principal das festas da mi\u00f1a familia.<\/p>\n<p>Cando eu era unha nena, para os dos Remedios, as festas arrincaban polo menos dous d\u00edas antes das datas oficiais, e rematan dous d\u00edas despois.<\/p>\n<p>Os funcionarios do Concello ti\u00f1an a ben, ter posto o palco para as orquestras, cuns d\u00edas de antelaci\u00f3n e retiralo pasados uns d\u00edas m\u00e1is do fin das festas e isto supo\u00f1\u00eda para os nenos da Alameda un plus de celebraci\u00f3n que non esqueceremos ning\u00fan dos nenos da \u00e9poca.<\/p>\n<p>Ao d\u00eda de hoxe, penso que non existe aplicaci\u00f3n para m\u00f3bil, xogo para a Wii, para a Play, para a \u201ctablet\u201d,\u2026 m\u00e1is divertida que disfrutar do palco de t\u00e1boas de aglomerado que quedaba na Alameda uns d\u00edas a disposici\u00f3n dos rapaces.<\/p>\n<p>Nese palco fix\u00e9ronse concursos de Eurovisi\u00f3n, bailes de improvisadas coreograf\u00edas, confesi\u00f3ns de namorados, xogos simb\u00f3licos,\u2026 que nos fixeron sentir os nenos m\u00e1is afortunados do mundo e estes recordos forman parte dos\u00a0 momentos m\u00e1is felices da mi\u00f1a vida.<\/p>\n<p>\u00c9 que esta Alameda dos Remedios garda entre as s\u00faas \u00e1rbores moitos segredos e moitas pantasmas.Si, si, moitas pantasmas.<\/p>\n<p>Ten, por exemplo, pantasmas equinos, que andan a rinchar cami\u00f1o do Campo da Feira.<\/p>\n<p>Pantasmas musicais, que viven no quiosco e que aprenderon multitude de pezas de tanto escoitar nas orquestras.<\/p>\n<p>Pantasmas devotos, cami\u00f1o do Santuario da Nosa Se\u00f1ora, que levan o nome de Don Jaime, Jos\u00e9 Mar\u00eda Rego, Angelito Amor polo seu paso diario.<\/p>\n<p>Pantasmas deportistas, con bici e sen ela, dando voltas unha e outra vez, ao per\u00edmetro da Alameda.<\/p>\n<p>Pantasmas namoradas, sentadas nos bancos m\u00e1is agochados, escapando das miradas das pantasmas veci\u00f1as, envoltos en abrazos e bicos.<\/p>\n<p>Pantasmas do Hospital de San Pablo e do Asilo, uns cantando con h\u00e1bito relixioso ao son dunha guitarra na igrexa, e outros cantando as s\u00faas propias melod\u00edas cos rostros de Benigno, Blas ou Casiano.<\/p>\n<p>Pantasmas estudantes, paseando no momento do recreo do instituto e lanzando polos aires os seus libros ao rematar en xu\u00f1o as clases do curso.<\/p>\n<p>E algunha outra pantasma sen clasificar, pero os que m\u00e1is me gustan son as pantasmas infantes, que andan a xogar no adro da igrexa esperando \u00e1 sa\u00edda dos bautizos para recoller os caramelos e as pesetas que botan os padri\u00f1os.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n corrican polo muro da Alameda marcando con pedras na lousa o xogo de tres en raia xuntando tres pedras brancas e outras tres escuras.<\/p>\n<p>Outros xogan \u00e1s coci\u00f1as preparando manxares coa terra, area, pedras, fentos e margaridas.<\/p>\n<p>P\u00f3dense atopar tam\u00e9n a estes infantes nunha pantasma de pedra, chamada o Altar dos Ca\u00eddos, que fai de castelo, de escenario, de escondedoiro, e mesmo de estudio cinematogr\u00e1fico,\u2026<\/p>\n<p>Moito ter\u00eda que dicir a nosa Alameda se as s\u00faas pantasmas falaran \u2026<\/p>\n<p>Se o fixeran, falar\u00edan do meu amor pola m\u00fasica e da mi\u00f1a afecci\u00f3n de compo\u00f1er, pois os seus bancos e o seus muros, foron as mi\u00f1as primeiras testemu\u00f1as p\u00fablicas dos meus primeiros acordes, que buscaban rimas e sons, sen vergo\u00f1a, s\u00f3 con ga\u00f1as e ilusi\u00f3n.<\/p>\n<p>Al\u00ed, neses bancos xunteime con amigas que compart\u00edan afecci\u00f3n e ento\u00e1bamos cantos a d\u00faas voces, mentres os bailes das follas das \u00e1rbores marcaban o tempo transport\u00e1ndonos cos sentidos ao mellor local de ensaio.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Te\u00f1o que confesar que cando fixen as maletas para marchar de Mondo\u00f1edo e aprend\u00edn a vivir sen o son diario das camp\u00e1s, foi cando realmente comecei a sentir o valor da mi\u00f1a cidade.<\/p>\n<p>Cada vez que regreso, v\u00f3lvome a atopar coa mi\u00f1a nenez, coa mi\u00f1a adolescencia,\u2026 e entonces as pupilas dos meus ollos, dil\u00e1tanse, os meus o\u00eddos ens\u00e1nchanse e s\u00edntome viva e afortunada.<\/p>\n<p>Fai m\u00e1is de dezaseis anos que son nai, e parodiando a Mondo\u00f1edo con un fillo, dir\u00eda de el que:<\/p>\n<p>Encheume sempre de orgullo,\u2026 por toda a s\u00faa historia e o seu arte e cultura.<\/p>\n<p>Deume moitas satisfacci\u00f3ns \u2026 pola s\u00faa beleza, as s\u00faas cores, os seus olores e o seus sons.<\/p>\n<p>E deume tam\u00e9n, desgustos,\u2026 \u00a0polo desgaste das s\u00faas pedras, polo baleiro das s\u00faas casas, polas feridas das s\u00faas r\u00faas, polos silencios dos seus comercios, polos peches das s\u00faas f\u00e1bricas, pola seca de veci\u00f1os, pola dor dos ausentes,\u2026<\/p>\n<p>Non obstante, Mondo\u00f1edo segue moi vivo, activo e cos tempos, pois est\u00e1 moi presente en internet grazas a mindonienses que deixan na rede un abano de posibilidades para poder sentirnos preto e sempre en contacto coa nosa cidade.<\/p>\n<p>Quero aproveitar para mostrar o meu agradecemento e admiraci\u00f3n a estes \u201cmindonienses dixitais\u201d, polas s\u00faas webs, blogs, grupos en redes sociais, \u00a0sinal que confirma que Mondo\u00f1edo segue parindo celebridades do mundo das artes e das letras:<\/p>\n<p>\u201cMondo\u00f1edo.net\u201d<\/p>\n<p>\u201cMondo\u00f1edo es m\u00e1s\u201d<\/p>\n<p>\u201cMindonium.es\u201d<\/p>\n<p>\u201cAsociaci\u00f3n Cultural O pasatempo\u201d<\/p>\n<p>\u201cAmigos de la Ciudad de Mondo\u00f1edo\u201d, ( e desde aqu\u00ed o meu recordo para o seu primeiro presidente Ricardo Pedreira P\u00e9rez, recentemente falecido).<\/p>\n<p>\u201cComarca de Mondo\u00f1edo Unida\u201d<\/p>\n<p>ACIAM , Asociaci\u00f3n de comerciantes industriais e aut\u00f3nomos de Mondo\u00f1edo.<\/p>\n<p>\u201cCultura e ocio\u201d, blog de Marcos Candia<\/p>\n<p>\u201cCriticalia\u201d, blog de Armando Requeixo<\/p>\n<p>\u201cCaderno de campo\u201d, blog de Ant\u00f3n Reigosa.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n xestiona Ant\u00f3n Reigosa, a web \u201cGalicia Encantada\u201d, reco\u00f1ecida recentemente co premio Irmandade do Libro.<\/p>\n<p>\u201cMiscel\u00e1nea Mindoniense\u201d, blog de Andr\u00e9s Garc\u00eda Doural<\/p>\n<p>O recente blog, \u201cMondo\u00f1edo es ambiental\u201d dos alumnos do ciclo superior de Xesti\u00f3n Forestal do IES San Rosendo.<\/p>\n<p>\u201cOs de Noriega\u201d, blog firmado por O Cantor do Ermo<\/p>\n<p>\u201cBouso\u201d, blog de Fran Bouso<\/p>\n<p>\u201cO meu recuncho\u201d, fermosa web de Moncho Garc\u00eda<\/p>\n<p>\u201cEscolas Deportivas Mondo\u00f1edo\u201d, do meu admirado e incansable Ra\u00fal Gonz\u00e1lez-Redondo<\/p>\n<p>\u201cAsociaci\u00f3n Xuvenil Xoldra\u201d<\/p>\n<p>\u201cO museo das zocas\u201d, de Alberto Geada<\/p>\n<p>\u201cChendo e Cuncas\u201d de Zalo<\/p>\n<p>\u201cA casa de Ma\u00f1as\u201d<\/p>\n<p>\u201cFinca El Remanso\u201d<\/p>\n<p>\u201cTaxi Mondo\u00f1edo\u201d<\/p>\n<p>\u201cO Porri\u00f1o\u201d que considero un exemplo de reciclaxe da arte, exemplo de ga\u00f1as e de entusiasmo.<\/p>\n<p>A nosa embaixadora nas redes sociais,\u00a0 Esther do Pinto, con m\u00e1is de 670 amigos de todo o mundo, aos que Esther \u00a0d\u00e1lles a co\u00f1ecer todo o que se publica sobre Mondo\u00f1edo.<\/p>\n<p>E moitos m\u00e1is aos que pido desculpas por non co\u00f1ecer a\u00ednda ou non poder recordar nestes momentos.<\/p>\n<p>O meu reco\u00f1ecemento para todos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Son unha mestra vocacional dos m\u00e1is cativos, unha musiqueira de moi autodidacta formaci\u00f3n,\u2026 pero cando ve\u00f1o a Mondo\u00f1edo, todo iso esva\u00e9cese e s\u00f3 s\u00edntome unha veci\u00f1a m\u00e1is, unha paisana orgullosa, unha privilexiada, e aspiro bafaradas de aire das monta\u00f1as e sinto o eco das mi\u00f1as pisadas polas empedradas r\u00faas e sa\u00fado a destro e sinistro cada familiar rostro que me encontro a cada paso.<\/p>\n<p>M\u00edroo todo coma se fose a primeira vez, e en cada mirada descubro novos tesouros, novas sensaci\u00f3ns: un balc\u00f3n, un portal, un escudo, un cami\u00f1o, unha beirarr\u00faa, un paseo, unha escaleira, un r\u00edo, unha fonte, un escondedoiro, un misterio&#8230;<\/p>\n<p>Todo ten historia, todo ten poes\u00eda, todo ten m\u00fasica, todo ten lenda, todo \u00e9 m\u00e1xico. Mondo\u00f1edo namora. Por iso digo na mi\u00f1a canci\u00f3n: \u201cBusco as palabras que acerten a expresar, como \u00e9 este lugar que a tantos fai amar\u201d.<\/p>\n<p>Seguro que cada un dos aqu\u00ed presentes poder\u00edamos dicir unha raz\u00f3n distinta para explicar o noso amor por Mondo\u00f1edo e posiblemente un preg\u00f3n non abondar\u00eda para poder abranguelas todas.<\/p>\n<p>E xa remato dando as grazas m\u00e1is sinceras e m\u00e1is emotivas \u00e1 Comisi\u00f3n de Festas, pola s\u00faa invitaci\u00f3n, a todos os presentes pola vosa atenci\u00f3n e a Mondo\u00f1edo por ser \u201cmeu berce, meu man\u00e1\u201d.<\/p>\n<p>Quero despedirme tom\u00e1ndome a licenza de facer mi\u00f1as as palabras que cantaba Serrat \u201c \u00a1Qu\u00e9 le voy a hacer, si yo nac\u00ed en Mondo\u00f1edo!\u201d<\/p>\n<p>Moit\u00edsimas grazas e a disfrutar das Quendas 2013!!<\/p>\n<p><strong>Nota de prensa:<\/strong><\/p>\n<p><strong>56 XINETES PARTICIPAN NA 2\u00aa RUTA A CABALO EN MONDO\u00d1EDO<\/strong><\/p>\n<p><strong> <\/strong><\/p>\n<p><strong><em>-Os participantes que recorreron perto de 17 quil\u00f3metros remataron a xuntanza cun xantar na Alameda dos Remedios con carne de poltro<\/em><\/strong><\/p>\n<p><strong><em> <\/em><\/strong><\/p>\n<p><strong><em>-O paseo dos xinetes polo centro cidade deixou unha estampa moi fermosa e moi chamativa<\/em><\/strong><strong> <\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Mondo\u00f1edo, 28 de abril de 2013<\/strong>. O mal tempo e o fr\u00edo non desanimou aos 56 xinetes inscritos na 2\u00aa ruta a cabalo en Mondo\u00f1edo, un evento organizado dentro do programa das festas das Quendas. A organizaci\u00f3n salienta ademais que \u201ceste ano superouse os inscritos con respecto \u00e1 edici\u00f3n anterior, o que sup\u00f3n unha gran satisfaci\u00f3n para organizaci\u00f3n\u201d, explica Miguel Souto, presidente da Comisi\u00f3n de Festas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A ruta comezou as 11 da ma\u00f1\u00e1, percorreron perto de 17 quil\u00f3metros polos arredores de Mondo\u00f1edo, sa\u00edndo dende a Alameda dos Remedios, pasando por Cesuras, Pena da Roca, Cabana de Vella, Pelourin, Vali\u00f1o ou os Picos para finalmente entrar por unha das r\u00faas que da acceso a Mondo\u00f1edo polo cemiterio vello. Finalmente subiron pola avenida das San Lucas ata chegar ao punto de sa\u00edda.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O paseo dos xinetes polo centro cidade deixou unha estampa moi fermosa e moi chamativa.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A xornada rematou na Alameda dos Remedios donde todos os participantes reun\u00edronse nun xantar, no que non faltou a carne de poltro.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/galeria.mindonium.es\/thumbnails.php?album=153\" target=\"_blank\">Ver fotos <\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/galeria.mindonium.es\/thumbnails.php?album=153\" target=\"_blank\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-4461\" src=\"http:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-content\/uploads\/2013\/04\/0-5-portada.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"225\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.mindonium.es\">Volver a inicio<\/a><br \/>\n<span style=\"color: #808080;\">mindonium.es \u201cel portal de todos los Mindonienses\u201d<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #808080;\"> Te gustar\u00eda recibir las publicaciones en tu correo?<\/span> <a href=\"http:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-login.php?action=register\">Reg\u00edstrate<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fotograf\u00edas Quendas 2013 Os traemos un recorrido fotogr\u00e1fico de unas Quendas 2013 muy pasadas por agua , aun as\u00ed un<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"colormag_page_container_layout":"default_layout","colormag_page_sidebar_layout":"default_layout","_s2mail":"yes","footnotes":""},"categories":[17],"tags":[],"class_list":["post-4458","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-actualidad"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4458","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4458"}],"version-history":[{"count":9,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4458\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7168,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4458\/revisions\/7168"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4458"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4458"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4458"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}