{"id":2426,"date":"2011-12-23T13:04:07","date_gmt":"2011-12-23T13:04:07","guid":{"rendered":"http:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/?p=2426"},"modified":"2018-08-12T18:05:22","modified_gmt":"2018-08-12T18:05:22","slug":"carta-a-cunqueiro-no-seu-centesimo-aniversario","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/2011\/12\/23\/carta-a-cunqueiro-no-seu-centesimo-aniversario\/","title":{"rendered":"Carta a Cunqueiro no seu cent\u00e9simo aniversario"},"content":{"rendered":"<p>Mondoforte, 22 de nadal de 2011<\/p>\n<p>Admirado Sr. Cunqueiro:<br \/>\nDesculpe o meu atrevemento ao molestalo con estas verbas nun d\u00eda tan especial para Vostede.<br \/>\nAntes de nada, perm\u00edtame presentarme, pois nunca antes me tivera dirixido a VD.; cando marchou do Mondo\u00f1edo da terra eu tan s\u00f3 ti\u00f1a cinco anos rec\u00e9n cumpridos e, que eu recorde, nunca nos temos cruzado pola Venecia mindoniense que por aquel ent\u00f3n era o meu espazo vital. Mellor que presentarme, se quere saber de min, p\u00f3delle preguntar ao meu pai que est\u00e1 moi preto de VD. a\u00ed no ceo dos mindonienses.<br \/>\nTe\u00f1o entendido que cando estivo aqu\u00ed as cousas, a nivel persoal, non lle foron todo o ben que deber\u00edan en moitos aspectos, pero quero que saiba que hoxe, nesta \u201ccunqui\u00f1a deleitosa\u201d da que falou Leiras t\u00e9nselle gran respecto e admiraci\u00f3n, proba delo \u00e9 que o pasado s\u00e1bado nos xuntamos en Mondo\u00f1edo preto de milleiro e medio de persoas para renderlle merecido homenaxe nun novo atrevemento de p\u00f3r en escena a s\u00faa obra \u201cMerl\u00edn e familia\u201d. Se desde a\u00ed arriba nos estivo mirando, ben seguro que lle provocamos a risa en m\u00e1is dunha ocasi\u00f3n, sobre todo pola ma\u00f1\u00e1 no transcurso da mesa redonda que tiven a honra de moderar na compa\u00f1a de Antonio Reigosa, Armando Requeixo e a dona de Francisco Pi\u00f1eiro. O amigo Paco non puido estar presente, pois ese d\u00eda desped\u00eda ao seu pai que coll\u00eda o cami\u00f1o que VD. botou a andar o vinteoito de febreiro do oitenta e un. Al\u00ed tam\u00e9n estaba Suso do Bah\u00eda e outros moitos amigos e amigas de aqu\u00ed e de acol\u00e1. E (&#8230;) agora que me dou conta VD. tam\u00e9n. Non me decatara<br \/>\ndiso ata este momento no que lle estou escribindo, pero neste intre confirmo a s\u00faa presenza: Con quen falaba Suso sen\u00f3n cando interrompeu o seu discurso?.<br \/>\nE foi o \u00faltimo en marchar: Cando todos abandonamos a sala para ir cara ao Auditorio, mirei \u00e1 pantalla de proxecci\u00f3n que hai no sal\u00f3n de actos da Casa da Xuventude e vin a sombra da s\u00faa figura, pero pasoume desapercibida, de non ser as\u00ed ter\u00edao saudado. Desc\u00falpeme. Dous d\u00edas m\u00e1is tarde, o pasado luns, recib\u00edn unha chamada de Jos\u00e9 Manuel Corral pregunt\u00e1ndome que que fixera co proxector de v\u00eddeo que na pantalla aparec\u00eda unha sombra que non daba desaparecido&#8230; Eu non fixera nada&#8230; agora caio&#8230; era VD. que segu\u00eda al\u00ed<br \/>\nBen, xa non sei que \u00e9 o que lle \u00eda contar, p\u00e1same moito ultimamente, que quero falar dunha cousa e acabo botando un discurso interminable sobre algo que non ten nada que ver, pode influ\u00edr que mentres estou escribindo esta carta a mi\u00f1a filla Paula est\u00e1 ped\u00edndome que lle saque a bata, que lle deixe buscar a Hello Kity no ordenador, que vaiamos a Mondo\u00f1edo, que a colla no colo, que lle cante unha canci\u00f3n&#8230;<br \/>\nPois nada, xa me despido que vou cantar \u201cNo ni\u00f1o novo do vento\u201d.<br \/>\nParab\u00e9ns e que cumpra moitos m\u00e1is.<br \/>\nAtentamente,<br \/>\nFran Bouso.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.mindonium.es\/\">Volver a inicio<\/a><\/p>\n<h5><span style=\"color: #808080;\">Te gusta la web ? Quieres recibir en tu correo nuevas publicaciones ?<\/span> <a href=\"http:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-login.php?action=register\">Reg\u00edstrate<\/a><\/h5>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mondoforte, 22 de nadal de 2011 Admirado Sr. Cunqueiro: Desculpe o meu atrevemento ao molestalo con estas verbas nun d\u00eda<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"colormag_page_container_layout":"default_layout","colormag_page_sidebar_layout":"default_layout","_s2mail":"","footnotes":""},"categories":[47],"tags":[],"class_list":["post-2426","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-opinion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2426","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2426"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2426\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2617,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2426\/revisions\/2617"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2426"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2426"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aviones.mindonium.es\/portal\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2426"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}