V Marathon de Fútbol Sala O Pasatempo

A falta de algo menos de dúas semanas para a celebración da quinta edición do torneo de fútbol sala O Pasatempo, son xa varios os equipos anotados para participar. Quedan seis prazas máis por cubrir e o prazo de inscrición segue aberto. Recordamos que o evento terá lugar no Pavillón Municipal de Mondoñedo os días 7, 8 e 9 de xuño, cando xogadores da comarca da Mariña, o resto da provincia de Lugo e outros lugares como Asturias ou A Coruña poñerán o balón a rodar un ano máis.
A data límite para rexistrarse será o 5 de xuño, con un máximo de 24 equipos participantes. O sorteo de grupos e horarios realizarase esa mesma semana. O prezo de inscrición por equipo é de 100 €, a mesma contía que nos anos anteriores. Tódolos partidos contarán con árbitros federados e para os equipos que o precisen haberá descontos no aloxamento durante a fin de semana. Tamén se habilitará unha zona de acampada para aqueles que o prefiran.
Nesta edición os premios serán os seguintes:
– 1º clasificado 1.500 € + trofeo
– 2º clasificado 600 € + trofeo
– 3º e 4º clasificado 200 € +trofeo
– Mellor equipo local 100 € +trofeo
Haberá ademais trofeos para o mellor xogador, o mellor porteiro e o máximo goleador. Tódolos trofeos son artesanais e orixinais, realizados por artesáns mindonienses e da comarca.
Para máis información e inscricións, os equipos interesados poden dirixirse ós seguintes números de teléfono: 630314749 – 651958770 (tamén por whatsapp).

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

A SD Pol proclámase campión de Liga no Viñas da Veiga

Na tarde deste domingo rematou a Liga para o Mondoñedo FC, e fixoo cun partido diante da SD Pol, ambos equipos xa ascendidos xogáronse o posto de campións. O final, o Pol sacou unha victoria do Viñas da Veiga, e proclamouse, merecidamente, campión de Liga. Deuse tamén a circunstacia de que foi a primeira e única vez na tempada que a aficción do Viñas da Veiga veu unha derrota do seu equipo como local, todo un dato a ter en conta sobre a excepcional campaña dos pupilos de Hermelino.

Comezou o partido con un Mondoñedo moi metido atrás, sen circulación de balón no medio campo e por conseguinte sen chegadas arriba. Con este paromara o Pol, atopábase cómodo sobre o céspede do Viñas da Veiga, sen apuros e sacando varios córnes e faltas perigosas; deste xeito no min 17 chegaría o primeiro e único tanto do encontro, tras un saque de esquina dos polenses, o balón sae rexeitado a frontal da área e un home do Pol remata sen oposición e logra batir a Adrián poñendo o 0-1 no marcador. A resposta do Mondoñedo chegaría no min 23, con unha boa falta executada por Carro, que se marcha fora por moi pouco. No 32 nova ocasión para o Mondoñedo, tras unha gran internada de Alberto por banda que centra para o remate de Portela, que por pouco non consegue o primeiro tanto para o Mondoñedo. Antes de rematar esta primeira parte, o Pol, quedouse con 10 homes; o colexiado, ante a sorpresa de todos os presentes, decide amosar o segundo cartón amarelo ao xogador visitante tras unha falta no medio campo, sendo así expulsado. Deste xeito, co marcador a favor do Pol e cun home menos o equipo visitante, rematou a primeira parte.

Ao comezo do segundo período o Pol despuxo dunha nova ocasión para aumentar a súa renda, no min 50 un xogador polense remata fora cando os aficcionados visitantes na grada xa cantaban o gol. Hermelino comezou a facer trocos vendo que as cousas non tornaban a favor tralo descanso. No mi 65 Carro de novo de falta directa, estivo a punto de conseguir o gol, pero o meta do Pol conseguiu desviar o seu balón fora. A última ocasión para o Mondoñedo, chegaria no min 84, sería para Noly, que de cabeza consegue elevarse por riba da defensa visitante pero atópase coa espectacular resposta do meta do Pol. Antes do final, o Mondoñedo tamén se quedaría con 10, o colexiado sacaba cartón vermello directo a Rosendo, que o final non tería ningunha transcendencia no marcador.

Así pois, o partido remataria co 0-1 a favor da SD Pol, proclamándose así campións de Liga regular, de xeito completamente merecido. Un equipo que foi de menos a máis na liga, e que dos últimos 33 puntos en xogo fixo pleno. En hora boa ao Pol. E por suposto tamén ao Mondoñedo, que xunto co Pol, son xa equipos da segunda rexional, ademáis, os de Hermelino, conseguen ser o equipo máis goleador da Liga, e o segundo menos goleado, ademáis o Mondoñedo, foi o equipo que menos partidos perdeu na Liga regular, un total de 3, dous deles precisamente contra o Pol e o outro no campo do Barreiros.

Articulo sacado de … Cultura e ocio Fotos de esta web

Para ver las imágenes a tamaño completo haz  clic en cada una de ellas

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

 

 

Fotografías » día da árbore «

Este Sábado la asociación cultural » o pasatempo » celebró el día del árbol en la alameda de los Remedios, actividades para niños , carreras infantiles , globlofexia  fueron algunas de las actividades de esta jornada con la colaboración del técnico de deportes del ayuntamiento Raúl González-Redondo,  hasta llegadas las 13 horas que se planto el árbol en dicha alameda.

Ver fotografías

Volver a inicio
mindonium.es “el portal de todos los Mindonienses”
Te gustaría recibir las publicaciones en tu correo? Regístrate

Resumen del IV Marathón de fútbol-sala O Pasatempo Mondoñedo 2012.

En esta 4ª edición do torneo O Pasatempo puidose ver un gran nivel de
futbol sala así como unha gran igualdad en moitas das eliminatorias
disputadas, durante este fin de semana puideronse ver moitos xogadores
locales e de concellos limitrofes, así como xogadores de terceira,
segunda B, segunda e primeira división de futbol sala. Podese
considerar como unha das edicións con mais asistencia de público
durante as tres xornadas de duración do torneo, na cal a final se
disputou entre Restaurante Nito de Viveiro e Peluqueria Quimera do
Valadouro, con un resultado final de 5-1 para o equipo vivariense. A
continuación mostramoslles as eliminatorias, así como o cadro de honra
do IV Torneo Marathón de Futbol Sala O Pasatempo Mondoñedo 2012.

OCTAVOS DE FINAL
O Cunqueiro – Bar Mini 10-1
Amigos de Susín – Retoka 2-2 (por penaltis Amigos de Susin)
Eventec – A Pravia 6-2
Amencer – Viña de Oro 0-0 (caferia amencer por penaltis)
Pel. Quimera – Carniceria Mariño 7-0
Comercial Auto – Vilou FS 3-1
Casa Paulino – Royal Sport 3-1
Rest. Nito – Vodka Juniors 14-1

CUARTOS DE FINAL
Mesón o Cunqueiro – DiscoMovil Eventec 2-2 (por penaltis Mesón o Cunqueiro)
Amigos de Susín – Cafeteria Amencer 5-2
Peluquería Quimera – Casa Paulino 2-2 (por penaltis Peluqueria Quimera)
Comercial Auto – Restaurante Nito 3-5

SEMIFINALES
Mesón O Cunqueiro – Peluqueria Quimera 2-2 (por penaltis Peluqueria Quimera)
Amigos de Susín – Restaurante Nito 1-5

FINAL
Peluqueria Quimera – Restaurante Nito 1-5

MELLOR XOGADOR: JUVE (Restaurante Nito).
MELLOR PORTEIRO: DANI FERNANDEZ (Mesón o Cunqueiro).
MAXIMO GOLEADOR: JOSE MARTINEZ (Restaurante Nito).
MELLOR EQUIPO LOCAR: Cafeteria Amencer

1º CLASIFICADO: Restaurante Nito (Viveiro
2º CLASIFICADO: Peluqueria Quimera (Valadouro)
3º CLASIFICADO: Mesón o Cunqueiro (Lugo)
4º CLASIFICADO: Amigos de Susín (A Pontenova)

Artículo enviado por » Javi » fotos de «mindonium.es»

En breves publicaré un video resumen con las mejores imágenes de la final en este mismo apartado

Ver vídeo resumen

Volver a inicio

Te gusta la web ? Quieres recibir en tu correo nuevas publicaciones ? Regístrate

Ruta BTT rey Cintolo 2012

Este domingo a las 9.15 tuvo lugar la salida de la “Ruta BTT Rey Cintolo 2012” con unos 100 participantes , partiendo de delante de la Catedral para dirigirse a las Piscina del Coto y allí comenzar la ruta , para finalizar sobre las 14 horas en el pabellón de Mondoñedo.

Amplia las imágenes haciendo clic en ellas

Volver a inicio
Te gusta la web ? Quieres recibir en tu correo nuevas publicaciones ? Regístrate