Personajes

ÁLVARO CUNQUEIRO ( 1911-1981 )

Escritor gallego nacido en Mondoñedo (Lugo), que escribió en lengua gallega y en castellano. Fue poeta, novelista, autor teatral, traductor y periodista. Entre sus obras narrativas en gallego destacan: Merlin e familia (1958), Las crónicas del Sochantre (1959), Escola de menciñeiros (1960), Si o vello Simbad volvesa ás illas (Si el viejo Simbad volviese a las islas, 1962) y Xente de aquí e de acolá (Gente de aquí y de allá, 1964). En castellano escribió las novelas: Las mocedades de Ulises (1960), Un hombre que se parecía a Orestes (1969), Premio Nadal, y Vida y fugas de Fanto Fantini (1972). Sin embargo, su obra literaria la inició como poeta con libros en gallego como: Mar ao Norde (Mar al norte, 1932), Poemas do sí e non (Poemas de sí y de no, 1933), Dona do corpo delgado (Muchacha de cuerpo delicado, 1950), Cantiga nova que se chama Ribeira (Cantiga nueva que se llama Ribeira, 1933) y Herba aquí ou acolá (Hierba aquí o allá, 1980). En castellano publicó Elegías y canciones (1940). Tres fueron sus obras teatrales en gallego: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (El dubitativo, 1958), A noite vai coma un río (La noche va como un río, 1960) y Palabras de víspera. Su ingente obra periodística ha sido recogida en varios volúmenes por César Antonio Molina. La obra de Cunqueiro es una de las más ricas, no sólo de la literatura gallega, sino de toda la literatura española de este siglo: fresca, culta, imaginativa, estilísticamente impecable y con un dominio de ambas lenguas inigualable.

Textos:
Al otro lado de las montañas El año del cometa (fragmento) Saltaparedes (fragmento) – en gallego-
Galardones:
Premio de la Crítica (1960,1979), Nadal (1968)

MANUEL LEIRAS PULPEIRO ( 1854 – 1912 )

Manuel Leiras Pulpeiro (1854-1912) nace e morre en Mondoñedo, importante centro eclesiástico e unha das antigas capitais galegas. Fillo de médico cirurxián, inicialmente estuda Latín e Humanidades no Seminario Diocesano, obtendo máis tarde o título de bacharel en Artes no sonado Instituto de Tapia de Casariego, na Asturias de fala galega. O gosto pola pintura e a música acompañaríano para sempre.
No ano 1870 comeza en Compostela a carreira de Medicina (estudos que continuaría en Valladolid e Madrid, onde se licencia en 1877) e, un ano despois de obter o título, instálase de novo en Mondoñedo para exercer como médico até a súa morte.
Galeguista e anticlerical, aínda que cristián, a vida na pechada sociedade mindoniense resultoulle en moitas ocasións incómoda e abafante, enfrentado, segundos as súas propias palabras, ao poder da “cregaxe” opresora. O seu casamento civil en 1888, por exemplo, tería unha enorme repercusión nos xornais locais.
Desde a súa xuventude foi un convencido republicano federalista. Así, mantén correspondencia con Pi i Margall e en 1887 asiste en Lugo á asemblea do Partido Republicano Federal en que se aproba un “Proxecto de Constitución para o Estado Galaico”. O seu galeguismo levouno a cultivar literariamente a nosa lingua, publicando os seus poemas desde 1884 no semanario ourensán O Tío Marcos da Portela e, pouco despois, na revista coruñesa Galicia. Trátase, no xeral, de composicións que o autor redixira seguindo o modelo popular á volta de moi variados temas.
O nome alcanzado como poeta galego leva a que a Real Academia Galega o designe en 1905 membro numerario, honor que o poeta modestamente rexeita. Con todo, legará a esta institución o valioso material etnográfico e léxico (refráns, adaxios, cantares, adiviñas, vocabularios…) recollido durante toda a súa vida.
A pesar de os seus versos apareceren con relativa frecuencia en xornais e revistas, Leiras Pulpeiro só viu publicada en vida unha obra, Cantares Gallegos (1911), en que se inclúen, xunto ás poesías máis coñecidas, de contido social, outras de tema costumista ou intimista, conxunto acrecentado con novas composicións en edicións xa póstumas. En 1930 publícanse as súas Obras Completas, Tomo I (Poesías) na editora Nós da Coruña, a cargo dun anónimo compilador-transcritor, con oitenta e oito novos poemas. O resto da súa producción sería reunido en 1970 polo académico Xosé Luís Franco Grande baixo o título Obra completa.
Alén de poemas costumistas, de grande riqueza léxica, anticlericais e algún intimista, Leiras Pulpeiro cultivou a poesía patriótica (elevando a figura do Mariscal Pardo de Cela á categoría de mito galeguista, abandeirado das liberdades) e, a diferencia do seu paisano Noriega Varela, non dubidou en utilizar a súa pluma en defensa dos oprimidos campesiños que el tanto tratou debido á súa profesión de médico.
Nove anos despois da súa morte, republicanos e nacionalistas da época rendéronlle unha homenaxe con motivo da inauguración do seu mausoleo (no cemiterio civil, onde el propio pediu que o enterrasen), custeado polos mindonienses residentes na Arxentina. Desde entón, pode lerse na súa lápida: “Amou a verdade e practicou o ben”.

obras
Cantares Gallegos
Costumes antigos en Galiza ·