Os socialistas reivindican a súa experiencia na política municipal “para gobernar o concello de Mondoñedo”

eleccións municipais 2023

A candidata do PSdeG á Alcaldía de Mondoñedo, Esperanza González, reivindicou este mércores nun mitin, na Casa da Xuventude, “a experiencia da candidatura socialista de Mondoñedo na política municipal, así como a gran capacidade e coñecemento para gobernar e xestionar o Concello”. No acto participaron ademais o senador socialista, César Mogo e o candidato número 3, Modesto Díaz García.

“Nos o que queremos é construír o futuro deste concello, partindo dun punto básico fundamental, con diálogo e coa colaboración de toda a veciñanza sen excluír a ninguén por afinidades políticas, e por suposto, dende unha visión progresista, feminista, ecoloxista e, cun goberno apegado ás cidadáns, como sempre fixemos os socialistas sen deixar atrás a ningunha familia que teña dificultades”, sinalou Esperanza González.

A candidata socialista dixo que o gasto máis relevante que ten o Goberno do PP en Mondoñedo, “son as campañas de publicidade e propaganda, onde cada ano comprobamos que van en aumento”.

Tamén se referiu ás obras da Praza da Catedral que comezaron esta mesma semana. “Agora que chegan as eleccións viñeron as obras e a limpeza das nosas rúas, e eu alégrome. Porqué o espectáculo de como esta Praza é un autentico esperpento. O Concello de Mondoñedo xa informou no seu día que renunciou a subvención concedida polo Ministerio de Fomento relativas ao 1,5% cultural, e que supoñían unha achega económica de 180.000 euros. Pero agora o PP de Mondoñedo emite un comunicado para criticar ao Ministerio. É dicir o Concello non fai a obra e o Ministerio reclamoulles a subvención, paréceme o máis legal do mundo. Eu non sei como esta acostumado a traballar o PP, pero cando pides unha subvención e non executas a obra terás que devolver os cartos”, por certo hai que lembrar que tivo varias prórrogas para executalas.

“O 28 de maio é importante que acudades a votar, porque só dende a democracia se pode cambiar o futuro dun pobo. Por todo isto, esperamos poder contar con vós para traballar xuntos polo futuro do noso querido Mondoñedo”, dixo a candidata socialista.

BESTEIRO MANTIVO UN ENCONTRO COA VECIÑANZA DE MONDOÑEDO

eleccións municipais 2023

O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, visitou a comarca da Mariña onde mantivo varias xuntanzas coas candidaturas socialistas de Alfoz, O Valadouro e Mondoñedo e aproveitou para manifestar o seu desconcerto ante “ou discurso que está a facer ou PP”, tanto en Galicia e mesmo na Mariña “poñéndose a falar de Bildu e de cousas que a xente non entende a que veñen neste momento”. Besteiro retou aos populares a que acudan á comarca “para falar por exemplo de Alcoa, porque non se lles volveu oír dicir nada sobre iso”.
Tamén cre que “sería interesante que dean algunha explicación” sobre o que pasou con Altri “esa empresa tamén deixou de falar sorprendentemente, debe ser por algo, porque non entendemos por que Na Mariña non fala de Altri. Terían que explicalo”, apuntou Besteiro.
Así mesmo, mostrouse “moi orgulloso” de que en dez dos 16 concellos da comarca as mulleres sexan cabezas de lista das filas socialistas ás alcaldías. Ademais, o responsable socialista apuntou que ten moitas cousas en común con Pedro Sánchez “como a preocupación polas pensións que plantexaba o PSOE que subiu dun xeito moi importante, a oferta de máis FP Dual, a sanidade, a creación de infraestruturas ou os descontos. para autoestradas. Son moitas cousas boas coas que por suposto estamos con Pedro Sánchez”. Besteiro tamén considera que o que está a facer o PP é “confundir á xente con outros temas que o único que amosan é que non teñen ningún proxecto de futuro”.
Un dos encontros que mantivo onte Besteiro foi coa candidatura socialista, encabezada por Esperanza González, quen quixo agradecer “o compromiso de Gómez Besteiro coa comarca e con Mondoñedo”. E no que respecta á súa vila enviou “unha mensaxe desde agarimo, e dicirlle alto e claro que en política non vale todo. Por iso, queremos reiterar o noso cariño e admiración por Besteiro aquí en Mondoñedo, e que contamos con el para construír o futuro de Galicia”. González engadiu que Besteiro é “un referente político e un líder con futuro, e dende logo a historia porá a cada un no seu lugar como está facendo agora. Aquí en Mondoñedo, en Lugo e onde sexa necesario”, remarcou

Fotos do mitin do partido Popular en Mondoñedo

eleccións municipais 2023

MONDOÑEDO: PROXECTOS PARA SEGUIR AVANZANDO
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pechou o recorrido pola Mariña en Mondoñedo, onde participou nun mitin na Casa da Xuventude. O candidato popular a repetir na alcaldía, Manolo Otero, debullou o programa que presenta para estas eleccións, con especial atención ás propostas para a zona rural, os servizos sociais, o urbanismo, a vivenda e o medio ambiente. Con respecto a Vivenda e Urbanismo sinalou que se desenvolverán as obras previstas no Plan Rexurbe, tanto no que se refire ás vivendas como aos espazos público. Anunciou que se rematará a renovación do plan especial do casco histórico; remataranse tamén as obras do acceso norte na zona de Xiros. Na mesma liña comprometeu a mellora do acceso sur, a creación dunha senda segura para peóns entre San Lázaro, Coto da Recadieira e A Fervenza, ademais de mellorar a Rúa da Fonte entre o Seminario e a Avenida de Buenos Aires. O programa inclúe a renovación dos aseos públicos na Alameda e rematar as obras na Praza da Catedral. Por outro lado, comprometese a aumentar os puntos de recarga de vehículos eléctricos, mellora da limpeza do saneamento, minimización de perdas da rede de auga e melloras no servizo de limpeza.

Otero, en canto á zona rural, área prioritaria para os populares, destacou a continuidade do plan de renovación de firmes nas pistas rurais e asegurou que se traballará en colaboración da Xunta para crear franxas de seguridade contra incendios forestais, mellorarase a sinalización de núcleos, acelerarase a instalación de fibra óptica e intervirase para mellorar a seguridade na Ponte do Arco en Masma. En canto a servizos sociais anunciou a posta en marcha de apartamentos tutelados e dunha vivenda de emerxencia, así como a creación do Programa de Maiores en Soidade, entre outras iniciativas.

Pola súa parte, o coordinador xeral do PP da provincia de Lugo, José Manuel Balseiro, destacou que Mondoñedo “tivo unha gran alcaldesa e ten un gran alcalde”. Este concello, debido a xestión dos gobernos populares, “tivo un cambio moi importante, en positivo, moi favorable aos veciños e veciñas e o importante é que siga nesta senda”.