Concentración de motos Ruta N-634


 

“A Invernal de Galicia 2024: Dous días de emocionante aventura sobre dúas rodas en Mondoñedo , A espera para os afeccionados á moto xa está a piques de comezar en Mondoñedo,A Invernal de Galicia 2024. Este evento, organizado polo Motoclub Ruta Nacional 634, promete dous días cheos de adrenalina, música e diversión para todos os amantes das motos.A acción comeza o sábado 16 de marzo ás 12 horas coa apertura de inscricións, seguida dunha tarde chea de animación.As 13 horas os asistentes poderán gozar da música coa Sesión Vermut, acompañado polo popular DJ local Afredo, (Onda Norte). Ás 16.00 horas, DJ Zalo subirá ao escenario mentres os participantes se divirten con xogos, crebacabezas animados e o desafiante touro mecánico.Pero a verdadeira emoción chega ás 8 da noite, cando todos os motociclistas únense para desfilar polas rúas de Mondoñedo iluminando o camiño con bengalas.A música de Onda Norte continuará despois do desfile, animando aínda máis a noite.Despois dunha xornada chea de actividades, os participantes terán a oportunidade de gozar dunha deliciosa cea, na Finca San Antonio, no Comedor, ás 21:15 h. Pero a festa non remata aí, xa que ás 12 da noite terá lugar a entrega de trofeos seguida da tradicional queimada popular, para despois dar paso a un festival épico co DJ Ermo Disco truck.O domingo 17 de marzo continúa a diversión. con almorzo para os inscritos ás 10 da mañá con Café Magdalena no Rey das Tartas, seguido dunha emocionante ruta turística ás 11 da mañá. A Invernal de Galicia culminará cunha comida de despedida na Finca San Antonio, tamén no Comedor, ás 2 da tarde.Prepárate para vivir dous días inesquecibles na Invernal de Galicia 2024 en Mondoñedo! Non te perdas esta emocionante aventura sobre dúas rodas”.

Fotografías Antroido 2024


 

Pois moi contento, supoño que non están todos porque moito e o que avía ! pero facendo o que se pode non se está obligado a máis .
Moitos disfraces moitas charangas moita xente e moi bón día!!
MOITO MONDOÑEDO

Claudio Rodríguez Fer recibe en Mondoñedo a distinción de Cunqueiriano de Honra

Síguenos por WhatsApp !!

O mércores 28 de febreiro o poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta e investigador, Claudio Rodríguez Fer, recibirá a distinción de Cunqueiriano de Honra de 2024. Será no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo ás 12:00h, onde estará acompañado por autoridades locais e autonómicas. Converterase, así, no oitavo homenaxeado dende que se instituíu este galardón.

O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro promoven a distinción de Cunqueiriano de Honra co fin de recoñecer o labor daqueles persoeiros que se teñen significado na visibilización e proxección da figura do escritor mindoniense.

Neste 2024 unha comisión designada ao efecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, organizadores do evento, decidiu premiar a longa e vizosa traxectoria dun gran coñecedor da figura de Cunqueiro como é Claudio Rodríguez Fer.

A comisión que o elixiu, por maioría, estivo formada por César Cunqueiro (fillo do escritor), Manuel Lourenzo (Cunqueiriano de Honra do ano anterior), Alberto García Fernández (Concelleiro de Cultura, Educación e Novas Tecnoloxías), Antonio Reigosa (Cronista Oficial de Mondoñedo), Abel Vigo García (Técnico de Cultura municipal), Miguel González Somovilla (xornalista e estudoso da obra de Cunqueiro) e Armando Requeixo (Coordinador de Actividades e Publicacións da CMAC).

Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956) é un dos máis destacados poetas da literatura galega do último medio século, amais de narrador, dramaturgo e ensaísta e un dos máis recoñecidos galicianistas e hispanistas do noso tempo. Dirixe a Cátedra Valente de Poesía e Estética e codirixe a revista Moenia da Universidade de Santiago de Compostela, onde é profesor. Exerceu tamén a docencia en universidades de Nova York, París e Bretaña (pola que foi nomeado Doutor Honoris Causa) e coordina os cadernos Unión Libre. É autor de ensaios onde analiza en profundidade a figura de Álvaro Cunqueiro, como Álvaro Cunqueiro en Ortigueira (2011) ou Borges e Cunqueiro (2021). Ao escritor mindoniense tenlle dedicado, amais, amplos estudos nos seus libros Poesía galega (1989) e Acometida atlántica (1996). Así mesmo, dirixiu o Congreso Álvaro Cunqueiro e a Cultura Europea (1991) e conferenciou sobre o mindoniense en infinidade de congresos e xornadas por todo o mundo.

Con esta designación de Claudio Rodríguez Fer como Cunqueiriano de Honra (que inclúe figura conmemorativa e diploma acreditativo) o Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro consolidan a traxectoria destes nomeamentos, que en anos anteriores recoñeceron o labor de persoeiros como Darío Villanueva, Víctor F. Freixanes , Rexina Vega, César Anonio Molina ou Manuel Lourenzo, entre outros.