Remedios 2017 “mamá quero cantar”

Comienzan nuestras fiestas patronales de Nuestra Señora de los Remedios con un nuevo certamen de “mamá quero cantar” que sin duda año tras año va a más , prueba de ello con un Auditorio Pascual Veiga abarrotado de gente , para escuchar a las jóvenes voces que no dejaron a nadie indiferente en la hora y media  de concierto

Ver galería

Durante las fiestas de Nuestra Señora De los Remedios , emitiremos algún vídeo en directo , como por ejemplo la procesión que se celebrara este Domingo , los puedes ver desde el menú de la derecha o desde el enlace que dejamos puesto más abajo a esta web en facebook.

facebook de mindonium

PROGRAMA

Mondoñedo dá comezo mañá ás festas patronais de Nosa Señora dos Remedios coa celebración da terceira edición da Festa da Xuventude, que terá lugar a partir das once da noite na Praza do Concello da cidade.
O programa Festa da Xuventude, organizada polo Concellería  de Xuventude, reúne sobre o escenario ao artista revelación Borja Rubio e ao grupo de alumnos da Escola de Música de  Mondoñedo composto por Alex Barreira, Sara Pena, Belén Ramos e Pablo Maseda. O cartel complétase cos djs mindonienses Vitor Pumariño e Leivas e máis co pontevedrés AR3S.
Tamén mañá venres, previo á celebración da Festa da Xuventude, ás 19.00 horas será o disparo de potentes bombas anunciando o inicio das festas; e trala celebración, ás 19.30 horas, da misa da penúltima Novena dos Remedios; haberá ás 21:00 horas un concerto da banda de música Sons e Soños na Praza da Catedral, que actuará conxuntamente coa Banda Municipal de Música Pascual Veiga. En caso de mal tempo,  o concerto trasladarase ao auditorio municipal.Durante hoxe xoves e mañá venres terá lugar tamén unha xornada de convivencia das Escolas Municipais de Música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Mondoñedo.
Sábado, día 9 O programas das festas de Nosa Señora dos Remedios, que este ano organiza unha nova comisión de festas formada por catro membros en colaboración co Goberno local, inclúe para o sábado a sesión vermú a cargo da orquestra Lecer, que poñerá a música durante a noite na Alameda dos Remedios xunto a Montreal.
Durante a tarde do sábado, entre as 17:00 e as 21:00 horas,  no auditorio municipal desenvolverase a xornada TEDx Mondoñedo (TEDxMondonedo.com); ademais a partir das 17:30 horas, haberá xogos populares na alameda dos Remedios. Xa ás 19:30 horas, ofrecerase a última novena da Nosa Señora dos Remedios presidida polo Sr. Obispo de Mondoñedo Ferrol, Don Luís Ángel de las Heras.
O programa das Festas Patronais de Nosa Señora dos Remedios inclúe a VII Xuntanza de Cantos de Taberna Cidade de Mondoñedo, que dará comezo o sábado ás 20:00 horas. A saída terá lugar dende a Praza do Concello e percorrerá, baixo a organización de Gaita Escola, os locais de hostalería da localidade.
Domingo día 10 O domingo día 10, ás 11:00 horas, o lanzamento de foguetes anunciará o día grande da patroa. Ás 11:30 horas, sairá a comitiva da Casa do Concello cara o Santuario de Nosa Señora dos Remedios, acompañada pola Banda Municipal  de Música para asistir á misa de Ofrenda á Virxe dos Remedios, que será ás 12:00 horas, e que este ano presentará a alcaldesa de Mondoñedo, durante a misa presidida polo bispo de Mondoñedo-Ferrol e cantada polo Coro Mindoniense. Seguidamente celebrase a procesión, acompañada pola Banda Municipal de Música.
A música virá da man de Salsarena durante a sesión vermú, que amenizará a noite xunto a orquestra Claxxon.
Durante a tarde do domingo tamén terá lugar un partido de fútbol no Campo Municipal Viñas da Veiga entre o Mondoñedo F.C. e o S.D. Candelaria.
Luns día 11 As festas prolongaranse ata o luns día 11, coa celebración ás 12:30 horas da Misa de Cofrades, cantada polo Coro Mindoniense e ás 13:30 horas, dará comezo a orquestra Alma Latina.

Volver a página principal