Mindonium.es – el portal de todos los Mindonienses


Fútbol solidario

Publicado el 23 / marzo / 2017 por admin

O vindeiro domingo 26 de marzo ás 18h no Viñas da Veiga, e coincidindo coa xornada 27 de liga de Segunda Autonómica, o Mondoñedo FC (enfrontaráse ao CD Alfoz) celebrará a súa xa tradicional xornada solidaria.Nela, como todos os anos, os afecionados que se acerquen ao campo mindoniense, poderán trocar alimentos non perecedeiros pola entrada para ver o encontro de fútbol. Cabe destacar a grande acollida que sempre ten este acto, pola gran cantidade de público que acode todos os domingos ao Viñas da Veiga e que nesta xornada tan especial responde masivamente á chamada do Mondoñedo FC. Todos os alimentos recollidos son doados a Cáritas Mondoñedo, quén ano tras ano colabora nesta bonita iniciativa.”

volver a inicio

 

Deja tu comentario

Tienes que estar logeado para comentar.




↑ Subir